A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 5 de noviembre de 2015

PODEMOS COMO PROBLEMA E NON COMO SOLUCIÓN



Roberto Laxe
Agora entendo ese agasallo de Xogo de Tronos ao rei Felipe VI, en realidade estaban dandolle un consello: "quitemos a Rajoy" que é o eixo do mal, incapaz de garantir a unidade de España (Errejon dixit), e poñamos a representantes da "nova" política, como nós, como Ciudadanos ("se seguimos así, presentámosnos xuntos", Iglesias dixit no programa de "debate" con Albert Rivera en Salvados, confirmado polas cinco condicións de Podemos para a rexeración democrática, que son asinables por Ciudadanos), ou o "novo" PSOE de Pedro Sánchez (para iso quitaron á imaxe rancia de Rubalcaba). Xogo de Tronos, quítate ti para que entre eu... E o final, a política é igual: garantir a unidade e estabilidade de España, dentro da OTAN ("non tocaremos os pactos das bases militares", representante de Podemos por Sevilla dixit) e a UE (o obxectivo non é romper coa UE, é a súa reforma, Iglesias dixit).

Podemos dalgún xeito hoxe é o PSOE dos 80, garanten ao capital a estabilidade política que precisa para manter a explotación dos traballadores e traballadoras e a opresión dos pobos (internos, "unidade de España" e externos, "a OTAN"), a través de atar ás forzas políticas que podan romper esa estabilidade: ANOVA na Galiza, que entrou polo aro, as bases de Compromís en Valencia rexeitaron o acordo (a ver se ANOVA aprende); fíxoo nas Catalanas co acordo que levou ao IcV e EUiA ao fracaso.
E os que non aceptan esa lóxica, como o BNG -e insisto, estes teñen a súa penitencia propia pola súa inconsecuencia ao se atar a forzas burguesas como CxG ou Terra Galega-, e calquera é outra é o sectario... mentres eles son presentados polos medios como os unitarios.
Podemos como o problema e non a solución
Ao reducir a pelexa política no Estado Español a acabar co PP, estase simplificando o que é o problema central, a crise do réxime. De igual xeito que reducir o proceso catalán a Artur Mas, como se este fose o xermolo do independentismo catalán (e como fan todas as forzas políticas, comezando polos adalides do cambio, Podemos: "Rajoy foi o mellor director de campaña de Mas, e este está favorecendo a permanencia de Rajoy", o "guru" Errejón dixit), é un erro consciente para negar diante da poboaciòn española que o proceso catalán naceu moito antes de Mas, e non morrera con el (alen dun insulto á intelixencia de millóns de catalás e cataláns, que están pola soberanía, estea Mas ou non), pechar o problema do Estado Español ao PP, ou como moito ao PPSOE, é ignorar conscientemente que a crise afecta a mais institucións, a todas as institucións, do réxime, e nomeadamente algunhas das mais importantes (que non é o goberno de quenda), a xefatura do estado e a xudicatura: 15 mil xuíces e fiscais europeos (si 15 000) piden o indulto a Garzón, e isto non vai contra o goberno, que nun momento electoralista podería concedelo, senón contra quen perseguiu a Garzón, o Poder Xudicial e o Tribunal Supremo. Poderán mirar para outro lado, máis o feito é ese, a xustiza europea esta cuestionando á xustiza española.
Reducir todo o puzzle español de cuestións de clase (aumento da riqueza dos mais ricos, e a baixa dos salarios de tal maneira que no PIB hoxe as rendas salariais están por baixo das rendas de capital, sendo elas as que pagan ó fisco) e cuestión nacional (desafío catalán, e despois o basco, e os problemas na Galiza) a un: "todos contra o PPSOE" só procura evitar ir á raíz dos problemas, un estado herdado do franquismo, adepto á OTAN e á UE, deixando todo nunha das partes, o goberno.

Como esta mensaxe ven dos que, suponse, son as "extrema esquerda", aparecen como marxinais todos os discursos que van mais alo da contradición "vella política"/Bipartidismo, "nova política"/cuatripartidismo; os discursos que poñen no centro o réxime do 78, e non só unha das súas partes, e non a mais importante, o goberno.
Podemos, hoxe, é o problema central para a reconstrución dunha esquerda de clase, verdadeiramente transformadora; o seu papel esta claro: ser un freo para ese proceso, absorvendo as forzas que se poden liberar dos partidos que fracasaron na loita contra o réxime, ou ben porque facían parte del como IU, no seu flanco de esquerdas, ou ben porque se foron integrando nel, o BNG. Podemos recolle ós restos destas organizacións que rompen con elas pola dereita, coa conciencia do "fracaso" das súas opcións de cambio.
Máis, todas aquelas persoas que valoramos xusto o contrario, que se esas forzas fracasaron foi por que cometeron os erros que hoxe lévalles a Podemos, ó electoralismo e aceptación do réxime, a renuncia á mobilización social e, sobre todo, ó cidadanismo, é dicir, a renuncia á poñer a loita de clases, a loita do traballo contra o capital, no centro, temos que poñernos á tarefa de construír esa alternativa desde a clase traballadora, para enfrontar a forma actual no que o capital a explota, o réxime do 78.
Non caiamos na trampa de cinguir o puzzle español á unha persoa ou unhas siglas, e non perdamos de vista que a "emerxencia social e nacional" da que falan algúns que pactaron con Podemos está xerada por un sistema, o capitalista, do que esas persoas e siglas son só unha parte.
A loita contra a parte (o árbore do goberno) que non nos impida ver o bosque do réxime e o capitalismo. Non caiamos en trampas que limitan a nosa loita.

En Galiza no mes de novembro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario