A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 24 de noviembre de 2017

PALABRAS VACIAS NO PACTO DE ESTADO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


Xulia Mirón
As estadisticas da violencia machista non deixan de crecer (malos tratos, violacións,...), aínda que lles gustaría que fose un problema individual, cinguido ao ámbito familiar; desde hai uns anos converteuse nun problema político de primeira orde. A derrota que supuxo para o PP a retirada da contrarreforma da lei do aborto (a única vitoria en todos estes anos de recortes e retrocesos), xunto coa dimisión de Gallardón, viuse ratificada coa potencia do movemento de mulleres que se manifestou no pasado 8 de marzo.
Era evidente que o réxime en crise non se podía quedar quieto e desde o goberno puxeron en marcha, como noutros sectores, un “pacto de estado” contra a violencia de xénero, onde integren politicamente o que xa teñen pola vía das subvencións, aos colectivos feministas.

O pacto foi presentado por todas as forzas parlamentarias como “un feito histórico sen precedentes”, esquecendo que xa cualificaran así a Lei Integral de ZP.
Seis meses de Subcomisión do Congreso só serviron para dicirnos o que xa sabiamos, que había que avanzar en máis medidas contra a violencia machista. No Senado votar outro pacto, e desde a Delegación do Goberno par a Violencia de Xénero, organismo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, creouse unha mesa de traballo onde se integraron a 40 organizacións da sociedade civil, representantes das CCAA (Comunidades Autónomas) e institucións sobre a base dun documento que recolle 600 medidas sen contexto nin categorizar.
Servirá tanto diñeiro e tempo investido para erradicar esta secuela social que é a violencia machista? Ou pola contra, isto non é máis que unha cortina de fume do goberno, que coa conivencia dos partidos parlamentarios, utilizaron para tapar a súa crise e a do réxime. Como Unidos Podemos pode sentar tan sequera negociar cun partido que desde antes de chegar ao poder xa pactase co PSOE o articulo 135 da Constitución, e desde o seu paso ao goberno recortou gastos sociais, impuxo reformas laborais, quixo meter a Lei Gallardón, impón a LOMCE, e agora dá o golpe do 155 contra o pobo catalán?
Que hai de novo
É dificil pormenorizar as 200 propostas e recomendacións que presenta o pacto, facendo boa a máxima, de que “cando non séi que escribir, escribo un libro, cando se o sei, chega un folio”. Non saben o que escribir porque foxen como da peste de ir ás causas estruturais, sociais da violencia machista, que en época de crise global como a actual ponse de manifesto de maneira virulenta. Non é alleo o ascenso da extrema dereita en toda Europa co incremento da violencia machista.
As 200 propostas e recomendacións que presentan céntranse nos aspectos formais da violencia como campañas publicitarias, principalmente nas novas tecnoloxías, dirixidas aos máis novos. Desenvolverano dentro do Pacto Educativo, actividades de promoción da igualdade, eduación sexual ou incluír nos libros de texto a historia do movemento feminista. Estan de broma, ou tomannos o pelo; os mesmos que fixeron a materia de Relixión (católica) avaliable, son os que din que van introducir concepcións contra a violencia machista. Se feminismo e Relixión oponse polo vértice; se son elas (todas as relixións) os sostenes ideolóxicos da opresión da muller.
Sigamos, máis palabras vacias. Ampliarase o concepto de vítimas aos orfos/as para acceder a recursos e atención, así como para as mulleres cuxos fillos e fillas sexan asasinados. Inclúense outros tipos de violencia, e elaborásense protocolos para mulleres vulnerables, maiores (si, as que cobran as pensións máis baixas), diversidade funcional, inmigrantes en situación irregular; se, esas mulleres que grazas ao decreto do 2012 están fóra da atención da Sanidade Publica. Son hipócritas ata a naúsea.
Non nos confundamos, todo son palabras vacias... salvo cando tocan os intereses particulares. A gran novidade deste Pacto é que as farmacias (empresas privadas) axudarán a detectar e previr a violencia de xénero. En definitiva, din que é máis esperanza para as mulleres victimas, pero iso tradúcese en máis diñeiro para empresas que fan negocio co 016, Vodafone, .. e agora ata as farmacias.
Para que todas estas medidas non queden no tinteiro, crearán unha Comisión que se reunirá unha vez ao ano, ou cando o considere necesario, para avaliar os acordos alcanzados, cuxo desenvolvemento e aplicación será revisado, en todo caso, cada cinco anos. E por último, o compromiso de 1000 millóns de euros en cinco anos para implantalo. O mesmo goberno que destruíu a lei de Dependencia, baleirándoa de recursos, que desmantela a sanidade e a educación publica, que lle regalou 40 mil millóns, oficialmente, á Banca,... Acorda que en cinco anos vai gastarse 1000 nun pacto contra a violencia de xero. Por favor!
Ademais, este pacto está cheo de fume; ningunha destas medidas ten data de execución e os millóns destinados aos CC AA e Concellos están en serio perigo polas politicas de recortes da Unión Europea, o control do “deficit” de Montoro. Doutra banda, no primeiro ano xa incumprirían posto que os orzamentos xerais do 2018 esta paralizados pola crise catalá. Por iso, son falsas as palabras do Secretario de Estado de que “o Goberno podería comezar a pór en marcha medidas do pacto de Estado a partir do 1 de decembro”; non podería, porque non ten orzamentos.
Como loitar contra a violencia de xero
En fin, tras a lei “cualitativa” que dixeron, foi a de ZP, vén un “pacto histórico” contra a violencia de machista; mentres, as estatísticas non deixan de crecer. Haberá que empezar a pensar que as leis “cualitativas” ou os “pactos históricos” non serven de nada, son papel mollado, propostas baleiras que chocan coas políticas de “estabilidade orzamentaria” da UE e os gobernos, é dicir, cos recortes en gastos sociais.
A loita contra a violencia de xénero non pasa por “grandes pactos de estado” cos partidos do réxime que aplican esas politicas de recortes, e só envólvense en bandeiras sociais “progresistas” para aparentar o que non son, senón pola esixencia de medidas reais, de emerxencia social, que poñan o foco na raíz do problema, a violencia xerada polo sistema capitalista e a súa gran ferramenta de opresión do 50% da poboación, o patriarcado.
Dicía Marx que en “un conflito entre dous dereitos, quen decide é a forza”. Na loita entre o “dereito” dos homes e o sistema a imporse sobre os dereitos das mulleres, só a forza da mobilización e a autoorganización das mulleres, en concreto das máis oprimidas, as mulleres traballadoras (inmigrantes e nativas), son necesarias para derrotar aos gobernos e os seus plans, adopten a forma de “pactos históricos” ou non. 
Tras 13 anos, a Lei ZP fracasou?
Para ver se é necesario modificar algo, é preciso saber que paso ata agora; senón, de novo atopariámonos/atopariámosnos como fume en forma de Pacto de Estado.
Cando din que este pacto é “histórico”, están a dicir que a Lei ZP ficou atrasada, que non serviu para acabar coa violencia contra as mulleres; cando todos dixeran no seu momento que era unha das máis avanzadas de Europa. E este balance non só ha de facerse tendo en conta a opinión de avogadas, fiscais (fiscais do Estado Español, que se caracterizan pola súa independencia do poder político), axentes sociais,... que interviron na Subcomisión; senón chamando ás propias mulleres que sofren ou sufriron a violencia, non só no ámbito familiar, senón noutros como o laboral, prostitutas, inmigrantes, novas, maiores...
Máxime, se é certo o que estas “expertas” afirman, que a violencia ten un carácter de clase, que “hai un vinculo claro entre os indices da violencia sobre a muller e a maior brecha salarial entre homes e mulleres, a desigualdade socio-económica e a taxa de paro de longa duración dos homes”.
Tentaremos facer un analisis os máis axustado e sintético posible, para ver se realmente estamos ante un “pacto histórico”, que supera a unha lei tamén considerada “histórica”; ou pola contra, o que se demostra é que as palabras nunha lei burguesa convértense en fume cando se trata de protexer ás mulleres, e, en concreto, ás mulleres traballadoras.
A lei fracasou, si, como fracasará este Pacto, por moi históricos que se presenten ambos, porque os feitos son teimudos. A violencia machista non cesou nin ten trazas de facelo, pois ten un vínculo, un cordón umbilical coa violencia sistémica que é a do propio sistema capitalista, que as fai inseparables.
Pero non só fracasou por ser epidérmica respecto da violencia machista, senón porque quedou a metade de camiño na via xudicial e institucional. Hai moitas provincias que non contan con ningún xulgado especializado, e só hai 106 xulgados exclusivos, fronte a 355 mixtos. Só existen 24 xulgados do Penal especializados en todo o estado. Doutra banda, aínda que existan mecanismos de instrución e seccións nas Audiencias provinciais para os casos máis graves, na vía intermedia, onde se instrúen a maioría dos delitos non existen xulgados especializados, que centralicen o traballo da administración de xustiza; unha administración especialmente golpeada polos recortes do goberno.
En poucos CC AA creáronse as Unidades de Valoración Integral de Violencia de Xénero que axuden con informes de Medicamento Legal aos especialistas que proporcionan as probas nos delitos de violencia de xénero. O único co que contan estes Xulgados é coa valoración que fan as Forzas de Seguridade do Estado na denuncia, indicando o “estado emocional da muller”; unhas FSE que reproducen os estereotipos machistas.
En conclusión, podémonos facer unha idea de que tras 13 anos, non houbo unha clara vontade política para a implementación da lei de ZP. Nin tan sequera nas medidas que a eles lles gustan, as xudiciais, son capaces de ir ata o final, que non vai suceder con outras como o educativo, o sanitario ou o publicitario (si, é o que utiliza ata a saciedade os mecanismos ideolóxicos do machismo para vender produtos). Vexamos, senón, que sucedeu co Plan Nacional de Sensibilización e Prevención da Violencia de Xénero, que, como o seu nome indica, buscaba previr e sensibilizar á poboación en base ao respecto aos dereitos e liberdades, asi como a igualdade de homes e mulleres. Plan do que só coñecemos un balance e unha Comisión de seguimento que se crearía no prazo dun mes, no 2006, nunca funcionou.
Esta é a realidade do fracaso, non hai vontade politica de acabar cunha violencia que poría patas para arriba o mesmo sistema.

Galiza, no mes de novembro do 2017


No hay comentarios:

Publicar un comentario