A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 4 de noviembre de 2017

NO CAMIÑO DO RETROCESO...OU NON?

Roberto Laxe
Cando foi do 15M falabase moito de que tras esta crise, a que comezou no 2007 e aínda estamos, as xeracións que nasceran tras a Constitución que agora podan ter 50 anos ou menos, vivirían pior do que as anteriores.
Desde un punto de vista económico e laboral eso xa unha realidade: salarios de 500 euros, seren mileurista é un soño ou unha utopía, precariedade ate o extremo de contratos por horas e case por minutos, xornadas laborais brutais, inexistencia absoluta de direitos sindicais; nas empresas é o patron quen manda e decide como un señor feudal sobre a vida, pois modifica á sua vontade as xornadas, os salarios e as condicións de traballo,....
Pensións inexistentes. Todo o que os traballadores e traballadoras están cotizando xa para as pensións, volo estan roubando, porque a "hucha das pensións" onde tería que estar, está valeira... O PP está pagando os seus excesos cos aforros da clase traballadora desde o minuto ún, desde a primeira nómina ou pago que se fai (no caso dos autonomos). As pensións non é un problema que sexan baixas (que é), mas polo menos cobrase unha parte do qeu se aforrou; as outras xeracións rouban-lles os seus aforros, e non van cobrar nunca.

Seguridade social publica en desmantalemento. Todo o que agora se cotice nas nóminas non vai á mellorar a publica, senon o seu desmantelamento e a subvencionar á privada. A educación universitaria xa é un luxo para a burguesia.
Mas, se pensabamos que só ia ser un ataque laboral, estábamos trabucados. No social tres cuartos do mesmo; ou alguen pensa, por exemplo, que teñen renunciado á contrarreforma da lei do aborto de Gallardón. Que Gallardón tivera que retirar o seu proxecto, foi consecuencia da loita das mulleres; mas eles teñenna aí, no caixon, á espera de mellores condicións para poñela a andar de novo.
Xa acontece coa Dependencia, a Memoria Histórica, ... sen diñeiro para seren aplicadas.
A detención e prisión ou exilio do Govern, que sumase á de Bodalo, Alfon, e os máis de 300 sindacalistas condenados por participar en piquetes e folgas, da un salto de cualidade no terreo das liberdades politicas, nos direitos de expresión, opinión, manifestación ou reunión.
Os rapaces de Altsasua levan casi un ano na carcere na espera de xuizo, os titiriteros foron encarcelados sen causa, deteñen dous rapaces de Lleida por denunciar a represión do 1 O... e agora, mandan a prisión a membros dun goberno DEMOCRÁTICAMENTE ELEXIDO; a representantes dun amplo sector do pobo catalán...
O rexime do 78 XA NON DA MAIS DE SI, e todo o que se avanza, rompendo con él e abrindo un verdadeiro proceso constituínte, ou retrocede; e están retrocedendo ao franquismo das ultimas épocas, non o franquismo da represión masiva, mas tamen do que provocou mais de 500 mortos nos anos 70, miles de feridos e detidos. A ese franquismo, que poderíamos chamar neofranquismo.
Enton, cando diciamos que viviriades pior que as nosas xeracións non era só no económico, ni tan siquer o social... mas teríades liberdades politicas. Falso, e parcial, porque non se poden separar os direitos sociais dos políticos: nin tan siquer ides ter liberdades democráticas; teredes o que eles queiran que teñades, se non saímos a loitar, recuperando un dos principios básicos que permtiron a loita contra o franquismo: todo aquél se enfrente o rexime (do 78, hoxe, do franquismo, antes) é compañeiro, por moitas diferenzas que poidamos ter.
E isto vai aqueles que ubicánse na equidistancia. O contrario é facerse complice do goberno do PP e o rexime, como fixeron o "comunista" Frutos (o que vai a Zamora) e o "socialista" Borrell o outro dia, da man dos nazis, fascistas e falanxistas.
En Galiza no mes de novembro de 2017


No hay comentarios:

Publicar un comentario