A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 12 de noviembre de 2018

ELECCIÓNS NO BRASIL; QUEIXUMES DO DERROTADO.



Roberto Laxe 
Resultaría cómico, senón fóra porque o resultado é dramático, ver á inmensa maioría da esquerda europea e latinoamericana, lamentarse de que o imperialismo ianqui, as burguesías nacionais e os exércitos fagan o que fan; coma se puidesen actuar doutra forma.

E como no seu mundo político non caben outra cousa que eleccións nun réxime democrático burgués, xa dan por perdida a guerra contra a extrema dereita, cando non fixo máis que comezar. Unha anotación, estráñame que o capital dilapide a súa principal ferramenta, o fascismo, cando o seu sistema de propiedade non estaba en perigo. Ou alguén cre que a PT ía facer a revolución?. Pero bo, non son deuses, e poden se equivocar.
Esta esquerda electoralista ha esquecido o conto da ra e o escorpión... Está na natureza do escorpión picar á ra; está na natureza do capital, imperialista e nacional, actuar como actúa; o raro sería o contrario.
O que demostra esta actitude da esquerda electoralista é a súa submisión á burguesía; ao criticarlle que non é democrática?. Pero, sinceramente, esperaban outra cousa dos medios, do exercito e de Trump? Tan gañados están polo neoliberalismo que son incapaces de ver outra perspectiva que non sexa a democrática burguesa. Esta suposta belixerancia “antifascista” oculta unha claudicación en toda regra ás canles da democracia capitalista.
Doutra banda, trasladan á poboación unha responsabilidade que só é súa, das súas políticas, da súa incapacidade para resolver os problemas de fondo da sociedade capitalista, á que como moito puxeron panxoliñas. Lula gobernou para a burguesía e o imperialismo, ao que lle pago a débeda relixiosamente, con tiritas sociais... Pero os problemas de fondo da sociedade brasileira quedaron intactos; e ao primeiro síntoma de crise social seria, o capital prescinde intermediarios como só sabe facer, defenestrándoos para na súa cabeza derrotar á clase obreira, e saca aos seus verdadeiros representantes.
No Estado Español estamos fartos desta dinámica: crise social e política (1982, 2004, 2018), a rúa se polariza en mobilizacións sociais de masas, o capital asústase, e recorre a apaga lumes (PSOE e os seus aliados de quenda, PCE, nacionalistas vascos, cataláns e galegos, agora Podemos, EU, ...), a mobilización desmóntase, frústranse a maioría das esperanzas reais de cambio; vén a decepción. A extrema dereita española, o neofranquismo do PP (antes AP) e agora a hidra de tres cabezas (PP, Cs, VOX), radicalízase, sobre actúa, lémbrannos a derrota do 36, que temos o maior numero de desaparecidos do mundo, tras Cambodia...
Unimos medo con decepción, e que temos?
A mensaxe da esquerda electoralista é canalla, dá por morta a loita contra as políticas do capital, se auto derrotan, pero responsabilizan da derrota á poboación. Eles, que gobernaron todos estes anos, non son responsables; é a poboación, que é estúpida e non sabe o que vota.
Citando a un que non é trotskista (porque xa me vexo a toda a esquerda electoralista gritando contra os trotskistas), Garcia Linera, vicepresidente do goberno de Bolivia:
“Claramente, as forzas de dereita e as potencias imperiais han feito, fan e continuarán facendo todo o posible, a través de todos os medios legais e ilegais, por deter calquera proceso emancipativo dos pobos (...)
“En política e, en xeral, en todas a loita das clases sociais, as accións do adversario non son as únicas que explican os resultados finais, a saber, algunha vitoria, senón que son nosas propias accións ou inaccións, as accións das clases e os sectores laboriosos, as que converten as agresivas accións do adversario en condición eficiente, producindo un tipo de resultado favorable a uns e contrario a outros”
No canto de insultar á poboación, a esquerda electoralista debería analizar cales foron esas “accións e omisións” que converteron as accións do inimigo en “condición eficiente” para o triunfo de Bolsonaro. Que responsabilidade teñen nese triunfo?.
Esa é a cuestión, e o demais, queixumes de que “Roma non paga a traidores”
En Galiza no mes de novembro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario