A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 12 de marzo de 2021

A DEREITA CONSERVADORA SEGUE A BRANQUEA-LO NEOFRANQUISMO.

Carlos Dafonte.

O Psoe se lanza a unha operación de pactos con Ciudadanos, que se traducen en determinadas mocións de censura, Murcia, Madrid e Castela León; proceso que pode ter varios significados; en primeiro lugar advertir ó seu aliado no Goberno de que o mellor é non seguir amosando as diferencias, lóxicas nun goberno de coalición sobre temas de calado, e se está a iniciar un proceso de reacomodo de Ciudadanos que o vai rescatar da foto da praza de Colón, para situalo no centro dereita e ese proceso pode ter resultado en votos para o Psoe, que levará a C's a súa desaparición, ou a unha nova capacidade para pactar no medio prazo prescindindo de Unidas Podemos; en segundo lugar mingua-la forza do PP a nivel autonómico, creándolle problemas cos seus socios, que pode ter como resultado a quebra da súa alianza con Ciudadanos o que pode levar a votantes de C's a votar Pp; en terceiro, deixa-lo Pp orfo de apoios como non sexa o de Vox para futuros gobernos autonómicos e municipais, que despois do discurso de Casado na moción de censura que Vox presentou contra o goberno, quebrando as pontes que tiña cos neofranquistas e reivindicando ó seu partido como o centro dereita, as relacións entre ambos partidos non se atopan no seu mellor momento, aínda que os políticos na dereita, como o que lles une é o capital, as súas diferencias son fáciles de amañar; basta con que quen os financie lles de un “toque de atención”.

Toda esta operación, da que descoñezo a participación de UP, vai centra-la súa atención e se considerará que mereceu a pena ou non, de levarse a cabo eleccións na Comunidade de Madrid o 4 de maio, se os tribunais non lles da a razón a quen presentaron as mocións de censura nesa comunidade e consideran que non hai lugar para a disolución da Asemblea de Madrid.

Aínda trunfen as mocións en Murcia e Castela e León, o resultado de toda esta operación de reestruturación na dereita conservadora se vai medir si despois dun proceso electoral en Madrid, o PP con Ayuso á cabeza é desprazada da presidencia ou non. Si continúa despois do 4 de maio, sexa por maioría absoluta ou ca axuda de Vox, pódese dicir que a operación foi, dende o meu punto de vista un absoluto fracaso; no primeiro caso pola razón de que o PP sae favorecido a nivel de estado e no segundo polo que significa a entrada do neofranquismo no goberno da comunidade onde se atopan as institucións do centro do sistema político do estado, Xefatura do mesmo, Cortes e Goberno.

En calquera caso, Casado vai ser derrotado; si Díaz Ayuso consigue a maioría absoluta, feito improbable pero que dado o grao de despolitización dos votantes é posible, se situaría como alguén disposta a competir polo seu cargo ou porque na súa inconsecuencia esta copiando o discurso do neofranquismo o que invalida o feito por Casado no mes de outubro nas Cortes e o obriga a unha pirueta política, a de dicir que eles son o centro dereita e apoian a unha candidata cun discurso imposto nalgúns temas, polo propio lider de Vox, Abascal. 

Por outra banda empeza a quedar claro cal é a táctica do Pp madrileño, supoño que ningún dos baróns conservadores se opoña á mesma, endurecemento do discurso, como xa sinalei ata aproximarse perigosamente a quen se lle debía encerrar nunha burbulla, branqueándolles a súa actitude, dando un paso máis neste proceso que se inicia ca dependencia de Vox na configuración de determinados gobernos autonómicos. Un segundo aspecto que leva formulando Ayuso é copiarlle o discurso a sectores do catalanismo, hai anos empregado por Pujol, e agora do independentismo; eu me lembro de aquelo da “catalanofobia” que Ayuso traduce en “madrileñofobia” sen decatarse que os catalás podían ter certa razón pois se enfrontaban ó resto do estado, dominado ben polo Psoe ou polo Pp, partidos moi centralistas; pero na realidade virtual de Ayuso creada polos seus asesores, hai algo máis fondo, ademais de enfrontarse a algúns dos seus propios militantes do partido que presiden comunidades autónomas, que entran dentro do que ela considera o “todos” que forman parte da conxura contra Madrid, hoxe o grupo que asesora a Ayuso é o que mellor representa ó capitalismo concentrado e centralizado que se aposenta en Madrid. 

Non hai que esquecer  que no estudo feito no País Valenciano, “Madrid: Capitalidad, economía del conocimiento y competencia fiscal”, cando se refire á descentralización existente no estado español aclara que “onde os gobernos rexionais asumen competencias fiscais relevantes, e o da Comunidade de Madrid optou por competir fiscalmente co resto das Comunidades Autónomas pola localización das bases tributarias e a domiciliación dos seus titulares, pese a se-la capital”. Polo tanto Madrid se beneficia por unha banda por ser a capitalidade o que xera toda unha serie de efectos, do estado español, e por outra por unha política insolidaria, do que sempre acusaron a Cataluña, de rebaixa de impostos, non ós habitantes, @s traballador@s, senón ás empresas e as grandes fortunas, que permite que moit@s trasladen a súa sede social á capital. Non hai polo tanto “milagre económico” grazas a unha política eficaz, o que se produce é unha actitude dos liberais que gobernan Madrid,  de medrar a conta de que o resto teña problemas para facelo. Cantas empresas galegas marcharon a Madrid para pagar menos?. Non lle preocupa iso a Feijóo e a Xunta.

Tamén a de Vox, comezando polo acto ilegal que levou a cabo en Murcia, e tentando, nunha actitude moi parecida a de Trump, veremos si conta con efectivos para levalo a cabo, paralizar pola forza o acto de discusión da moción de censura, que segundo as últimas noticias non ten xeito de trunfar pois o Pp se fixo con tres deputad@s de C's, que se ten presentada na Comunidade de Murcia, onde o neofranquismo apoia ó goberno presidido polo Pp.

Nesta situación, de celebrarse finalmente eleccións na Comunidade Madrid, serán capaces @s traballador@s, os que venden a súa forza de traballo nesa comunidade, sufrindo a explotación laboral, sen organización política propia forte, encadrados moit@s en sindicatos burocratizados, serán capaces repito, de decatarse da difícil situación na que nos vamos a atopar en caso de vencer o Pp, e aínda que non haxa unha alternativa clara, de derrotalo?.

O perigo de que Vox entre no goberno de Madrid non é unha ficción e de converterse nunha realidade, en pouco tempo, nas próximas xerais, autonómicas ou municipais, xa non apoiarían a determinados gobernos, formarían parte dos mesmos.


En Galicia no mes de marzo de 2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario