A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 18 de marzo de 2026

OS USA NON ACEPTA DEIXAR DE SER O HEXEMÓN E ACTÚAN PARA IMPEDILO (e V)

Non albisco como pode acabar todo o complexo conflito desatado polo ataque dos USA e Israel, contra o pobo de Irán.

Pero teño, segundo avanza o proceso algunha certeza: a primeira, que os USA non teñen unha estratexia clara sobre a propia guerra que provocaron e da que non teñen idea de como saír. Está moi claro nas narrativas que chegan dende o outro lado do Atlántico, cambio de réxime, despois de descabezalo dos seus dirixentes e da sublevación do pobo; poñer fin ao programa nuclear que segundo Trump xa estaba completamente destruído polos bombardeos de xuño pasado; defender ás mulleres e o pobo iraní da ditadura á que estaba sometido; provocar a guerra pois Israel atacaba e eles serían atacados, etc. Non existe na propia administración republicana unha narrativa unitaria.

Sen unha estratexia clara aprobada dende antes da intervención, vai ser moi difícil ter unha saída, hai que destacar que non segue o aprobado no documento sobre Estratexia Nacional a finais de 2025; os USA non son fiables. Todo está centrado en provocar o caos na rexión que é o planeado por Israel, o que certifica que é o sionismo quen dirixe e “leva do narigón” á administración republicana.


A segunda, que dentro da perspectiva sionista de crear o caos na rexión, aparecen os “ataques de falsa bandeira” levados a cabo contra Turquía, Iraq, Azerbaixán e Chipre que teñen como obxectivo incitar a intervención doutros países da UE, a OTAN e do entorno.


A terceira, que calquera destes obxectivos só utilizando a forza aérea, por moito que diga Trump que xa gañaron a guerra, non a pode gañar, e desembarcar marines en territorio iraniano costaría innumerables baixas, que cunha “elección de medio mandato” para finais deste ano, paréceme unha decisión moi difícil tomar. Pero, poden esperar á celebración das eleccións para facelo? Os persas teñen mísiles suficientes como para aguantar meses, poderán os agresores manter o nivel actual de intervención?. Todo apunta que non cando por exemplo os USA teñen retirar armamento de Korea do Sul con desgusto das autoridades.


En cuarto lugar, o peche do estreito de Ormúz e a incapacidade para abrilo; a influenza que esta medida vai ter sobre a economía planetaria, levou á administración estadounidense a levantar as sancións sobre o petróleo ruso, o que vai favorecer a quen é inimigo na guerra entre a OTAN e Rusia en territorio ucraíno. Hai que sinalar que este levantamento de sancións foi aprobado sen consultar aos europeos que unha vez máis son tratados como o que son, vasalos.

Este peche vai afectar a vasalos estratéxicos dos USA como son Xapón, Korea do Sul e Taiwán, nunha área onde se pode producir, nun futuro próximo, un forte enfrontamento con China, polo que Xapón e Korea, seguro teñen que estar pensando en modificar as súas alianzas e situarse na neutralidade fronte a China.

Como sinalei, polo estreito de Ormuz pasa o 20 % do petróleo consumido, 25 % de gas, 35 % de compoñentes para fertilizantes e de non chegar a tempo ao hemisferio norte do planeta minguará a súa capacidade para producir alimentos. Debemos ter en conta tamén que os países do Golfo non producen os alimentos para a toda a poboación que viven polo que, descoñezo a reserva de alimentos, sospeito en pouco tempo terán crise alimentaria.


A quinta, que moitos países do Golfo Pérsico, despois do ataque e destrución das base dos USA nos seus territorios e a incapacidade manifesta para defendelos, pensarán de novo se o mellor e expulsar ao antigo hexemón na zona ou permitirlle que reconstrúa e volva asentarse, co perigo de atoparse dentro de certo tempo de novo involucrados nun conflito alleo. Os seus intereses son, aínda que pareza moi simple, manterse no poder, vender petróleo e facer todo tipo de negocios, e para iso entendo, non necesitan aos USA. Seguir no poder o conseguen cunha policía e un exército como o que hoxe teñen.

Por outra banda a petición de axuda por parte de Trump aos seus socios da OTAN non recibiu unha resposta positiva o que amosa o grao de deterioro da organización.

En calquera caso esta guerra vai a debilitar a capacidade de disuasión dos USA fronte a China.


A sexta, destacar que o xenocidio é a práctica habitual tanto dos USA e da entidade sionista. Masacrar á poboación para que xorda un levantamento contra os seus dirixentes, no caso que nos ocupa bombardeando zonas civís sen ningún carácter militar so co obxectivo de matar e exterminar,. como castigo polo que fan os seus dirixentes ou destruír as desalinizadoras. Cuestións que van en contra dos acordos de Xenebra sobre a guerra e converte aos dirixentes que executen eses planos en criminais de guerra.

Falando destas prácticas cito a John Mearsheimer, importante comentarista xeopolítico norteamericano, que comentaba hai uns días un estudo, non o lein, publicado pola revista norteamericana “Lancet” no senso de que entre 1971 e 2021, as medidas de bloqueo comercial e de todo tipo, levadas a cabo contra numerosos países por diferentes administracións dos USA, provocaran a cifra que produce calafríos, de 38 millóns de mortos.


A sétima, a substitución actual da diplomacia polo matonismo non vai  solucionar o conflito, haberá que negociar e Irán vai esixir unhas condicións moi duras, como a saída dos USA do Golfo e a paralización da construción do “grande Israel” apropiándose por parte dos sionistas de territorios dos países veciños e o control das súas armas nucleares. En calquera caso, se pensan os agresores xenocidas que dando pasos adiante na súa agresión, o poden solucionar, con seguridade vai significar unha enorme destrución de toda a zona cuxa recuperación penso imposible.


A oitava, non debemos descartar que unha enorme presión sobre a entidade sionista, saír derrotados do conflito e ter que recoñecer a súa derrota, pode levalos a considerar a “operación Sansón”, a utilización de armas nucleares tácticas sobre Irán, o que abriría a porta a sucesos que non estou en disposición de valorar.


A novena, si a clase traballadora vai ser a que máis sufra cos resultados da guerra iniciada pola oligarquía norteamericana e os lobbys sionistas, a causa da inflación, da crise económica e ata da recesión que a nivel planetario se pode producir, non entendo a actitude dos partidos e organizacións políticas e movementos que din defensores e vangarda da clase obreira, así como dos sindicatos de clase, incapaces de ter unha postura belixerante diante da situación actual.


Galicia marzo 2026



No hay comentarios:

Publicar un comentario