Carlos Dafonte.
Na America Latina a batalla máis dura librada polos pobos contra os USA.
Se hai algún territorio onde para unha persoa de esquerdas, considerando este apelativo como indicativo de estar disposto a loitar por poñer fin ao dominio do capital e que a solución aos problemas que os traballadores teñen, pasa porque inicien baixo a súa hexemonía unha nova etapa, que segundo as características históricas, económicas, sociais e políticas de cada país pode ter configuracións diferentes, onde tamén inflúe o grao de organización da clase, o modelo que o capital presente, a existencia ou non de capital monopolista, o papel que xogue ese país na cadea imperialista, se é un elo feble, unha colonia ou semicolonia; todas as xentes das esquerdas, repito, debemos recoñecer que as batallas máis importantes que se libraron contra o inperialismo, deixando ao marxe a revolución proletaria en Rusia, China e Vietnam, déronse case sempre en A.L.