A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 8 de diciembre de 2006

OS ORZAMENTOS DO "CAMBIO"


Os orzamentos do goberno bipartito para o ano que ven, son presentados como os primeiros onde se recollen as “prioridades do cambio” politico acontecido dende as eleccions do pasado ano, que remataron co “reinado” do PP e Fraga.



E non se pode dicer que non sexa certo. Recollen as “prioridades” do suposto cambio; as partidas orzamentarias que máis suben son: Vicepresidencia da Igoaldade e Benestar, especialmente no seu apartado de axuda a “dependencia”, Política Territorial, Obras Publicas e Transportes, especialmente no que fai as infraestructuras viarias (o transporte parece que non é parte desta Consellería), Traballo a de Innovación e Industria, con máis subvencions as empresas en políticas de igoaldade e innovación tecnoloxica, e Medio Rural, que ainda ten sen concretar o novo plano forestal, pero xa ten comprometidos milleiros de euros contra os incendios.



Pola contra, o gasto contense en dúas Consellerías “marxinais” cara a sociedade, Sanidade e Educación. Incredibel!, en dúas consellerias onde os problemas afectan directamente o conxunto dos traballadores e os seus fillos, o gasto contense.



Pero ben, vexamos o fundo da cuestion, se son do cambio ou non son máis que continuidade das do PP, con una novidade: o incremento en Innovación Tecnoloxica.


A herdanza do PP


É evidente cos 17 anos do PP e de Fraga foron 17 anos perdidos para o desenvolvimento da Galiza, e non só polo Prestige.


A pesares dos 2 billons das antigas pesetas recibidos dende a UE, Galiza non deixou de perder poboacion, de ver como o seu PIB mantiña ou reducia a súa proporcion no estado; de ver como os servizos publicos ou eran privatizados sistemáticamente (a sanidade e as famosas “fundacions”, ou o favoritismo co ensino concertado), ou simplesmente non contaban (o transporte publico, comezando polo ferroviario). Foron 17 anos e 2 billons de pesetas tirados pola borda, do que ninguen, ainda, respostou políticamente; é máis, os seus responsabeis teñen xubilacions douradas ou estan na vida política activa.


17 anos que deixaron a economía galega como un campo minado, con herdanzas que hipotecan o futuro, como a Cidade da Cultura –a que, nun alarde de continuidade, agora se lle destinan 50 millons de euros o ano- ou a política de autoestradas, que lembra a vella política franquista de encoros, que non fai nada para integración territorial e social da Galiza, pois basease no automóvil privado e nas peaxes, e dicer, nun transporte elitista que non axuda as necesidades do pobo traballador, senon as dos turistas ou os executivos das empresas.


Cunha política laboral baseada na precariedade e os baixos salarios, onde o prioritario era subvencionar as empresas para que supostamente fixesen políticas de emprego. Así, grandes empresas como Calvo, Fadesa, etc., logo de reciber unhas boas cantidades de diñeiro e facilidades para facer e desfacer, venden, destruen postos de traballo, ameazan coa desaparición, etc.


A política da Xunta do PP foi a da política de terra “queimada” o servizo do mantemento da Galiza como un territorio que segue a aportar man de obra barata e materias primas ao conxunto da economía española.


Onde esta o “cambio”


Contra tudo isto o pobo traballador galego rebelouse e puxo na Xunta o goberno bipartito da PSOE-BNG. Queria un troco de verdade


E a verdade, é que os alicerces centrais da política orzamentaria do PP non se modifica. A estrela dos orzamentos son a Dependencia, que crece un 11%, casi tres puntos máis da media; e non facendo un plano de construccion de garderías publicas para nenos, de residencias publicas para a terceira idade, senon sobre a base da subvención as solucions privadas (residencias privadas a esgallo), e do potenciamento da “familia” como eixo vertebrador da sociedade (nula política de construccion de garderías que atendan os problemas das mulleres traballadoras).


Tamen crece un 9.5% os orzamentos para a vivenda, subvencionando como sempre aos propietarios das vivendas de aluguer cos diñeiros publicos, cando é publico e notorio que na Galiza ha 200 mil vivendas valeiras.


Pero a Consellería Politica Territorial, Obras Publicas e Transportes merece un capitulo aparte, pola importancia que ten para a integracion social nun territorio onde a poboacion esta moi dispersa, e a vez, moi concentrada. O eixo central da politica nos orzamentos é máis infraestructuras, o que é o mesmo, máis estradas e autoestradas. En diñeiro, vanse gastar en máis estradas para o automobil privado 1 494 millons de euros (11.4% máis).


Do transporte publico, supostamente parte desta Concellería, nin unha palabra seria, que non sexa exixir un AVE que ten a mesma loxica do automovil privado, elitista.


Pero a poboacion traballadora galega non precisa máis estradas, hailas dabondo, ou AVEs que case nunca vai utilizar; o que necesita é un transporte publico nas áreas metropolitanas e intercomarcal que permeta a un traballador ferrolan, coruñes, ourensan, ou de donde sexa, ir e vir a traballar sen ter que deixarse a metade de salario no seu coche, peaxes e gastos. Mentras isto non se faga, a un traballador de calquera das cidades ou vilas da Galiza lle parecerá unha saída a emigracion, cando, na comarca que ten máis perto, poderia atopar o mesmo traballo que na emigracion.


O verdadeiro troco tiñan que notalo os traballadores con actuacions deste tipo. Se non se pagan máis as grandes constructoras, e non se lles subvencionan máis obras, ise diñeiro podería ir a recuperar o camiño de ferro como un dos medios centrais de transporte, a expropiar as compañias privadas de transporte que non manteñan as liñas que, para elas, non sexan rentabeis pero si necesarias para a poboación.


Pero, atopamosnos nun ano electoral, e as contas tamen teñen que facer campaña; por iso, os gastos de reparacion de estradas e reposicións de infraestructuras incrementanse nun 63%. O bipartito segue a mesma loxica caciquil, repartir diñeiro entre os concellos para melloras “aparentes”, deixando o fondo sen resolver.


No unico onde se nota o cambio é no aumento das inversions para Innovacion Tecnoloxico- un 17% máis co ano pasado-; pola vía da... privatizacion da Universidade, facilitando a súa relacion coa empresa privada, subvencionando –máis subvencions- as empresas que melloren o seu parque tecnoloxico, etc. O que é o mesmo, favorecer os empresarios (agora chamados “emprendedores”), faciltarlles o acceso a internet –mentras as familias teñen que pagar unhas contas desmesuradas as empresas do sector-, abaratar a súas inversions, etc.


E donde aforran


O cambio, loxicamente, sería aforrar onde o PP despilfarrou, e dicer, en infraestructuras, en subvecions aos concellos para obras, en especulación para o aluguer privado de vivendas, no gasto da sanidade coas farmaceuticas, na subvencion ó ensino concertado. Pois non, iso non o tocan.


O aforro ven pola via da recorte na sanidade e o ensino. A Xunta do PP aumentaba os orzamentos nestos dous apartados, para darlle diñeiro as farmaceuticas, e o ensino para subvencionar a privada, pola vía da concertada.


A Xunta bipartita din que vai rebaixar os gastos en sanidade, o 7.4% fronte o 11.8 do ano pasado, e no ensino –o 8% fronte o 8.3-, cando a sanidade publica é un desastre notorio, e o ensino publico vai moi por detrás da privada. Podería parecer que rebaixaran os aportes para o gasto farmaceutico e a concertada; pero, nada máis lonxe da realidade. O gasto farmaceutico mantense e a concertada segue a ser considerada parte do ensino publico, e polo tanto subvencionable.


O gasto sanitario non tería que manterse, senon que tiña que elevarse, mesmo se se rebaixa o gasto farmaceutico. As listas de espera non se combaten coas chamadas peonadas –é dicer, horas extras para os médicos, e vello metodo do PP-, ou desviando enfermos a sanidade privada –que logo, como facia o PP, ha que pagar-; senon incrementando en termos de cantidade e qualidade os cadros de persoal sanitario e as instalacions.


O mesmo vale para a educacion. Manter as subvencions a concertada é manter a subvencion aos grupos privados, e, no concreto, a Igrexa. Non é de recibo rebaixar os orzamentos o ensino publico, cando iste é deficitario. A primeira medida para recuparalo é a de deixar de subvencionar a Igrexa, incrementar os orzamentos e cadros de persaol, e mellorar o conxunto das instalacions.


A Xunta explica istos recortes pola necesidade de “capitalizar” a economía galega, sen tocar o sistema fiscal, mantendo os antidemocráticos impostos indirectos, como o IVA, no que pagan o mesmo un empresario –que logo o pode descontar- que un asalariado. Alén máis, para qué capitalizar, se logo os diñeiros de todos se lles da (máis de 600 millons dos orzamentos vai a súas máns) en subvencions as constructoras ou a contratacion precaria, aos propietarios de pisos, aos colexios privados concertados ou a sanidade privada, etc..


Son istos os Orzamentos do cambio? Evidentemente, non.


Outra politica orzamentaria é posibel?


Si, rachando coa loxica neoliberal de qué é a empresa, ou os chamados “emprendedores”, os que tiran da economia. Non é moi dificil, logo de 15 anos de dominio absoluto do neoliberalismo, mesmo na súa variante social liberal do PSOE de Gonzalez e Zapatero como na súa variante salvaxe de Bush. Blair ou Aznar, demostrar ca empresa privada só ten un obxectivo na súa vida: acumular capital, gañar subvencions, destruir emprego fixo e sustituilo por precario, converter o que debe ser un dereito, os servizos publicos, nun negocio.


Na Galiza o neoliberalismo salvaxe foi aplicado polo PP, e os resultados estan a vista. Dende o ano pasado temos na Xunta a variante “social liberal”, que ten a mesma loxica: a empresa privada, os “emprendedores”, son a solucion aos problemas. Pero a realidade esta a demostrar que istos “emprendedores” só teñen un obxectivo, o mesmo cos vellos “empresarios”, acumular riqueza.


Por iso, só é posible outra politica orzamentaria se ten outros alicerces que non sexan os de darlle máis diñeiro aos que xa o teñen; senon de quitarllo de onde o hai, facendo un sistema fiscal progresivo, onde “pague o que máis ten” e facendo desaparecer a imposicion indirecta.


Para elo ha que partir de cales son as necesidades dos traballadores e as traballadoras, de estabilidade no emprego, dunha sanidade publica de qualidade, dun ensino publico laico, democrático e non sexista, dun transporte publico real, etc., facendo crecer as partidas que respondan a elas.


E isto é xusto o contrario do que ofrecen os actuais orzamentos, baseados na capitalizacion da economica para darlle diñeiros as empresas, que logo, como Fadesa ou Calvo, pecharan as súas portas e deixaran a xente na rúa.



Unha oportunidade perdida


A Xunta perdeu unha oportunidade de ouro de facer outra politica. Desta volta, a Xunta bipartita situase como herdeira dos desastres dos 17 anos de Fraga e non aporta nada novo baixo o sol.


Porque para facer outra politica orzamentaria hai que ter o valor politico de meter as mans onde se atopa o diñeiro para facer verdadeiros plans de obras publicas, construindo hospitais ali onde son necesarios –ou expropiando as privadas que viven dos desvios de enfermos da publica-, facendo institutos, colexios e garderías co diñeiro que da o deixar de pagar subvecions o ensino concertado, rexeitando acordos como o de Bolonia e a súa expresion legal, a LOU, que só tentan de poñer a Universidade o servizo dos lucros empresariais.


Non pagando subvencions a RENFE por servizos que na practica non existen (a liña Ferrol Coruña, subvencionada pola Xunta vaian os viaxeiros que vaian), e establecendo un plano de transportes integrado e integral no conxunto da Galiza, destinadolle o diñeiro que hoxe vai para máis estradas.


Exixindo baixo ameaza de expropiacion, abrir todos os pisos valeiros que hoxe ha na Galiza, abaratando o aluguer, e facendo verdadeiro planos de construccion de vivenda sociais, non como os da Fabrica de Tabacos de A Coruña, que só agachan unha manobra especulativa grandiosa.


Prohibindo na administracion isa privatizacion encoberta dos servizos publicos de limpeza, xardineria, etc., que son as subcontratas de obras e servizos e facendo fixos a todos traballadores das contratas que, dende fai anos e nos feitos, traballan para a administracion. Rebaixando os salarios millonarios dos politicos “profesionais” -máis parecen executivos de empresas que “servidores” publicos-, ata deixalo no que cobra un traballador medio.


Estas son algunhas das medidas que sen lugar a dubidas, abaratarían a administracion da Xunta, pois deixaría de paga-lo duplo polo servizos, pois unha empresa, por definición, o que busca é o beneficio privado e, ademáis, exixe un pagamento polo servizo. E, alen máis, estabelecería un criterio na sociedade orientado a resolver as necesidades do pobo traballador.


Mais, ista Xunta incapacitase para facer unha politica orzamentaria de verdadeiro cambio, pois iso suporia rachar coa tutela dos que saquearon Galiza o longo destos 17 anos, cando a súa politica é a inversa, é a de aceitar as boutades, as saídas de ton, e sobre todo os limites que dende aqueles lles impon, xa sexa nos orzamentos, xa no debate estatutario, etc.


É unha Xunta presa da loxica do empresariado, do capitalismo e o neoliberalismo; que esta presa da lealtade a un rexime centralista, a monarquía da restauracion do 78, que ten como unha das súas razons de existencia a opresion nacional, que na Galiza expresase nunhas limitacions máis que evidentes en termos orzamentarios (quen parte e reparte, levase a mellor parte, e o diñeiro o reparte o goberno central, ainda que saia do conxunto dos traballadores do Estado), como é que Tráfico, sen ir máis lonxe, recaude/roube na Galiza 120 millons de euros, e só devolva en investimentos 20.


É unha Xunta máis preocupada polos movementos nas multinacionais galegas (Calvo, Pescanova, Inditex, Fadesa, etc.), no seu reforzamento pola vía das axudas e subvencions, que por defender os postos de traballo ameazados polos procesos de centralizacion e concentracion de capital, é dicer, polas deslocalizacions e os despedimentos.


Por isto, só rachando co ista loxica e ista lealtade constitucional, a Xunta podería facer outra politica orzamentaria. Mais, para evitar calquer tolemia, xa estan os que administran o rexime herdado do franquismo, o PP, o poder xudicial, o exercito e a monarquía.


Ista e non outra son as razons ca levan a facer o que fai: non é continuismo é politica de rexime, que só pode combatirse ca loita e a mobilizacion social.



Galiza a 4 de decembro de 2006








www.corrienteroja.net; correntevermella@corrienteroja.net




No hay comentarios:

Publicar un comentario