A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 13 de febrero de 2011

PARAFRASEANDO A CLINTON CONTRA BUSH, "É A ECONOMÍA, ESTÚPIDO". É A LOITA DE CLASES, ESTÚPIDO



Roberto Laxe

Agora viran coas teorias da “conspiracion” sobre a caída de Mubarack, que se  o exercito, que se os Ianquis, que se Israel, .... coma sempre os interesados procuraran roubarlle ao pobo excipcio o que é obra súa, da sua loita, a derrota do dictador. A cuestion é demonstrar o mundo, e no concreto á poboacion española, durmida e derrotada desde os anos da Transicion, que a loita non serve para nada, que só podese confiar nas “conspiracions” dos poderosos, no voto aos que mandan. De feito, tentaron un acordo côa oposicion, o home dos ianquis El Baradei, os Irmans Musulmans, etc., un “pacto da Moncloa” que permitira impor as espectativas do imperialismo, unha “transicion pacifica e ordeada”.
Mas isto foi rexeitado, non tanto pólos opositores oficiais, que segun algun periodista viron como o seu prestixio caia côa negociacion, senon polo rexeitamento claro da poboacion, que seguiu exixindo o “Mubarack vete”.
Tan é asi que de “conspiracions” nada de nada, mesmo Obama, hoxe, dixo que os acontecementos non foron como lle dixeran que ían ser; esa “maquina de acertos” que chamada CIA, informou onte que Mubarack ia anunciar a súa renuncia pola noite, e este no discurso so dixo que “traspasaba alguns (some, em inglês) poderes ao vice”, non que deixaba o poder.
O Exercito, xogando ao despiste –como leva facendo desde há 17 dias-, anunciara o apoio ás “lexitimas” aspiracions do pobo, para, despois do discurso do dictador, declarar o seu apoio á “transicion” deseñada por Mubarack e Suleiman, nunha demostracion clara do que non sabia moi bem por donde viñan os tiros.
O tercer actor alleo o pobo exipcio, o rexime sionista, levaba uns dias calado, despois de declarar o seu apoio á Mubarack. ¡Pola conta que lle trae!, a fronteira sul do gran campo de concentracion que é Gaza depende da boa vontade do rexime do Cairo. Mas, polo ódio que xera a sua politica xenocida, alguen debeu aconsellar o silencio, pois poderia radicalizar ainda máis o proceso.
Desde a distancia, o que chama a atencion destos 18 dias de loita son dous momentos críticos: un, cando o goberno lanzou os seus “matons” parapoliciais esta semana, co obxectivo mais que evidente de aterrorizar á pobacion, e especialmente os acampados na Praza da Liberacion, e dous, há três dias, cando os traballadores do canal de Suez comezaron unha folga, ameazando unha das fontes principais de riqueza do país, unindose as milleiros de traballadores e traballadoras do têxtil em folga.
Estos dous elementos, a resistência dos acampados e o desenvolvimento dunha onda de folgas terminaron de “convencer” ao “rais” (o dictador) de que tiña que facer unha transicion. O discurso de onte pola noite marcou os trazos fundamentais desa “transicion”, tutelada e vixiada por el. Mas, a negativa do pobo exipcio a aceptar esta “via”, e o mantemento das mobilizacions de hoxe, deron o seu resultado. O dictador anuncia a sua renuncia e pasa o poder ao Exercito.
Indubidablemente agora veñen os conflictos mais agudos. O Exercito non deixa de ser o que é, un aparello do estado, herdeiro da dictadura, que non vai dar un paso adiante; pola contra, a tendência vai ser o do enfrentamento frontal côa poboacion mobilizada, conscente da sua forza, á que querran desmobilizar.
Outro dos riscos, e non menos graves, vai ser as manobras do imperialismo, como as que xá levan dias facendo, agindo o medo ao “islamismo”, a que “exipto convirtase noutra Iran”, etc, ensinando como rezan, “estudando” cal vai ser o papel dos Irmans Musulmans e demais. Cando pólas fotografias é evidente que o que esta a acontecer em Exipto, como hai un mês em Tunez, é fin dunha dictadura pola mobilizacion das masas traballadoras, é unha revolucion democrática.
Agora teñen que profundizar o camiño comenzado, rematando côas herdanzas da dictadura, dos seus aparellos represivos (a hiperinflacion de servizos policiais), do exercito, do poder econômico. A súa depuracion é indispensable para garantir que o cambio é un cambio de verdade, avanzar na loita polo socialismo.
Mas isto, como demonstran todos os procesos agudos de loita de clases dos últimos decênios, so podese facer se se vai contra a raiz do poder, a propiedade privada dos médios de produccion e distribucion, que no caso de Exipto implican a ruptura aberta co imperialismo. O exercito exipcio recibiu no ultimo ano 1800 millons de dólares dos  USA, é unha potencia econômica em si. A ruptura co imperialismo, a Segunda Independencia, só é posible avanzando no camiño da expropiacion da burguesia.
Por que o que esta a acontecer em Exipto, como foi em Tunez e ameaza todo o mundo árabe, desde Marrocos ate Siria e Xordania (estan convocadas manifestacions nos vindeiros dias em case todos os países árabes), é a expresion da crise do sistema capitalista, que rompe a cadea polo eslabon máis débil.
Todos estos países son CAPITALISTAS, ao servizo do FMI e do Imperialismo, nas suas diferentes versions, Marrocos com Francia, Exipto cós USA, Libia com Italia. Todos eles, que agora din apoiar ao pobo exipcio, financiaron, axudaron e ate foron de vacacions pagas a Exipto côa dictadura: é a expresion da crise do capitalismo, non só dunha dictadura.
Por isso, imponse estudar as leccions do que ali esta a acontecer, porque hoxe a vangarda da loita contra ás políticas de Axuste e Austeridade decididas por essa outra “maquina de acertos” que é o FMI (ó tempo que ZP negaba a crise, Rato/PP afirmaba que o sistema financeiro internacional era forte e non ia cair) esta no mundo árabe, que levan sufrindo desde há décadas. Que viron como as conquistas das loitas de liberacion dos anos 50, do Nasserismo, foron levantadas umha trás outra pólos Sadats/Mubarack.
Existe umha diferenza entre o que esta a acontecer nas duas ribeiras do Mar Mediterraneo: dos países do Norte fan parte dun bloque imperialista que oprime o conxunto do mundo e no concreto, do mundo árabe. Ainda así, ambos os dous estan unidos polo igual inimigo; os que deciden as políticas de Austeridade e Axuste, de empobrecemento da sociedade, de ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras residen no mesmo lugar, em Bruxelas, em Paris, em Madrid, em Roma, em Berlin...
A clase traballadora europea tem que recordar o antigo chamamento do Manifesto Comunista: “proletários de todos os países, unide-vos”, e aqui tratase de apoiar ás loitas do mundo árabe pois, mais alo do derrocamento dun dictador, apuntan contra as raices do problema, o sistema imperialista. A sua loita axudanos na nosa loita contra os nosos gobernos.

É a nosa obriga apóiar a loita do pobo exipcio, do pobo tunesiano, do pobo árabe em xeral, A SÚA LOITA É A NOSA LOITA.

Cando as barbas de o teu veciño vexas cortar...

Os traballadores e traballadoras españois sabemos bem o que significa a frustracion das aspiracions de cambio por pactos que reconduzan todo á “reaccion democrática”, é dicer, a unha democracia tutelada polo exercito herdeiro da dictadura que manteña o poder dos capitalistas, como se explica no artigo que segue, porque é mentira, e minten os que afirman que a Memoria Historica e a loita contra o franquismo é cousa do pasado.
Mais cedo que tarde, no estado español vai pasar algo semellante a que esta a pasar em Exipto, eles comezan a Transicion e esperemos que non a frustren, nos estamos rematandoa. Porque as diferenzas entre o Exipto e nós sem bem poucas. Que nos vivemos mellor, si, somos parte dun bloque imperialista, nada mais, mas o futuro non é precisamente para botar as campas o ar.
Eles tiñan un rexime que agora todos chaman dictadura, mas mantiña unhas “parodias” de eleccions que sostiveron un Xefe do Estado o longo de 30 anos; nós temos un Xefe do Estado desde fai mais de 30 que ningun escolleu, nin em “parodias” de eleccions. Eles tiñan organizacions ilegais, nos temos ilegalizado todo um sector da pobacion basca e umha Lei de partidos que é umha espada de Damocles contra todos os democratas; eles tiñan detidos e desaparecidos. Nós temos detencions todos os dias, em Vigo e na Coruña, sem ir mais lonxe, detiveron a 10 persoas póla folga do 27, 800 xulgados em Andalucia do SAT, e desaparecidos, estarían bem coñecer cantos causou o GAL, mais ainda temos 120 mil cadáveres nas cunetas sem que ninguen faga nada (o único que é xulgado por isso é un xuiz que quere investigar). Eles teñen un Xefe do Estado enriquecido polo roubo do patrimônio do estado, nos temos un que chegou cumha man e outra detrás, e hoxe é a segunda casa real mais rica de Europa.
O exemplo de Exipto non só é para o mundo árabe, é umha chamada de atencion para todo o mundo a seguir o seu camiño de loita contra a opresion e a explotacion.

Em Galiza no mês de febreiro de 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario