A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 26 de febrero de 2011

REVOLUCIÓN NO MUNDO ÁRABE


Roberto Laxe
Cando non ha mais dun mes o pobo de Tunisia derrumbaba a dictadura de Ben Ali e exixia a disolución do seu partido, todos os gobernos europeos comezaran a falar do dictador, ocultando que non facia moito tempo sentabase na mesma internacional que “demócratas” como Zapatero e o PSOE. O mesmo acontecía con Mubarack e o seu partido.
Do dia á noite pasaron de serem os nosos “amigos”, como definiu a Mubarack hai poucos meses Obama nun discurso no Cairo, a ser odiados “dictadores”.  
Mas o rexime Libio ten as suas especifidades. Bem Ali ou Mubarack foron postos nos gobernos dos seus países para derrotar o camiño comezado pola independência. Em Tunisia para desmontar as conquistas da era Burguiba e vender o país ao FMI e a Union Europea, o outro para pechar as alianzas com Israel e desmontar o pouco que quedaba em pé da era Nasser.
Nos dous casos nunca tiveron problemas co imperialismo, eran os seus axentes directos, e poren os seus “amigos”.
O caso Gadaffi é distinto. O rexime Libio foi durante anos a “bestia negra” do imperialismo, e especialmente o ianqui que chegou a bombardear Tripoli, asesenando a familiares de Gadaffi.  O longo dos anos a presion imperialista, especialmente anglosaxona, foi brutal, com bloqueos navais e econômicos, e ameazas constantes de intervencion.
Gadaffi, pola sua banda, presentabase como un adalid do antiimperialismo, do “socialismo” o estilo árabe, e por elo era acusado de financiar o terrorismo.
Isto rompeu trás a caída do Muro de Berlin, e sobre todo no proceso polo atentado Lockerbie, do que acusaron ao rexime líbio de estar trás ele. O atentado foi unha bomba que destruiu un avion comercial em Escocia. O xuizo em Gran Bretaña contra un cidadan líbio foi un xuizo a todo o rexime. E Gadaffi, no cadro da perda dos apoios na URSS que lle enviaba armas e apoio loxistico (a sua aviacion hoxe esta composta por vellos MIG rusos), cedeu ás presions.
O rexime Libio e Gadaffi admitiram e confesou todo o que querían a troques do levantamento dos bloqueos e da presion occidental, e sobre todo abriu as portas do seu petróleo ás multinacionais europeas e norteamericanas. As petroleiras europeas entraron a saco no pais norteafricano, e Gadaffi pasou de ser “a bestia negra” a ser un bo aliado... ate o punto de que fixose moi bo amigo do presidente mais vergoñento de Europea, Berlusconi e accionista de empresas italianas emblemáticas como a FIAT.
Isto permitiu a poboacion líbia umha mellora sensible da sua renda per capita, 14 mil euros o ano, fronte aos 5000 em Exipto, por exemplo. Libia é un dos países com menos poboacion do Norte de Africa, mas com mais petróleo da zona, o que lle permite certas concesions á poboacion.
O que acontece em Libia demonstra que a relacion entre revolucion e pobreza non é mecânica nin lineal. O país côa renda per capita mais alta do Norte de Africa é onde a revolucion esta a adquirir un contido máis profundo e menos controlado.
As razons moi variadas, mas a primeira é o caracter ultrapersonalista do rexime, xurdido dun proceso “revolucionário”, dun golpe contra umha monarquia semi feudal, que lle deu un marcado caracter non burguês. Non era umha burguesia quen dominaba o estado, senon umha familia ligada ao “dirixente”.
No caso de Tunesia ou de Exipto si há umha burguesia que no seu momento apoiaron as dictaduras, enriqueceronse, e cando viron que as masas non soportaban máis, moveronse, illaron aos dictadores, e convertironse em “democratas”, co apoio dos imperialistas.
A lexitimidade do exercito líbio, ao invés que o Tunesiano ou o exipcio, viña da súa ligazon ao derrubamento da monarquia semi feudal, do seu caracter progresista. Por isso, o exercito líbio desmoronouse desde os primeiros dias, entregando as armas á pobacion, mentras que em Exipto a disciplina, a cadea de mando, non rompeu em ningum intre. Era e é o exercito da burguesia exipcia, e el mismo é parte desa burguesia a través do complexo militar industrial, com estreitas relacions co imperialismo ianqui.
Desde o primeiro dia apareceron oficiais e soldados líbios que negaron disparar contra a poboacion, houbo desercions na aviacion, na Armada ou no exercito de terra, e a poboacion contou com armamento, mesmo pesado (tanques e artillería) desde os primeiros dias da revolta, especialmente em Bengasi, Tobruck, etc. De feito, Gadaffi mesmo non fiaba no exercito e contratou, segun informacions, 5000 mercenarios para defender o seu poder e atacar á pobacion.
E xá sabemos que acontece cando nun estado o Exercito rompe a cadea de mando, cando as ordes do Xeneral em Xefe –Gadaffi- non son atendidas pólos oficiais e a tropa; é o principio do fin do estado, pois o exercito é a súa columna vertebral. Pode faltar a policia, pode non existir concellos, mesmo o parlamento,... Mas non se concibe un estado sem exercito. Como definían todos as testemuñas, “era o caos”. Mas como dixo Mao, “é o caos, mellora a situación”.
No caos comezan a darse procesos de autoorganizacion da poboacion para garantir as necesidades sociais básicas. Nas cidades que van sendo liberadas da dictadura comezan a aparecer comitês e milícias populares que as organizan - como aconteceu em Tunisia cando a policia pasou a facer pogroms nos Barrios, que a xente comezou a organizarse para defenderse-. Son os embrions dun duplo poder dentro do pais; por umha banda un rexime cada vez mais illado, por outra, umha poboacion que tem que seguir comendo, indo o medico, traballando, etc. etc. e para garantilo, dado que o estado/rexime desaparece, organizase em comisions, asembleas, comitês, ou como se chamen.
Alguns exemplos históricos na Rusia revolucionaria foron os Consellos de Obreiros, Soldados e Campesinos, na Alemaña da revolucion do 19 foron os Consellos de Obreiros e na Armada de Mariñeiros, na España revolucionaria foron as Xuntas revolucionarias, as Milicias antifeixistas, em Franza é tradicional a Comuna, a mais coñecida a de París de 1871, que tomou o poder na cidade baixo o mando co Comité Central da Garda Nacional trás a derrota do exercito francés da Guerra Franco Prusiana. Em Portugal em 1974 foron as Comisions Operárias e as Comisions de Moradores, xunto com sectores do MFA (Movimento das Forzas Armadas) e o SUV (Soldados Unidos Vencerán).
Em todos os casos, son xeitos nos que a poboacion, diante da desaparicion do estado na revolta popular, organizase para garantir as necesidades básicas, a distribucion de alimentos,  os servizos esenciais, etc., e por isso constituen un embrion de poder obreiro e popular, porque supoen un xeito de organizacion democrática baseada na participacion e o control directo das masas na resolucion das suas necesidades. A tarefa é desenvolvê-los, enche-los de contido, darlles mais tarefas na organizacion da sociedade.
Isto son os primeiros pasos, confusos e caóticos, dunha revolucion. Porque a pouco que os sectores da burguesia e o imperialismo teñan tempo de reorganizarse, de pensar, comezaran a reconstruir o estado baixo uns critérios opostos polo vértice á democracia directa que supoen as comisions e as milícias populares, e mais cedo que tarde tentaran disolver as organizacions de democracia directa construídos pólas masas, para sustituilos pola democracia representativa, parlamentaria, que caracteriza un rexime burguês.
O choque é inevitable, mas a resolucion deste choque depende dun feito que hoxe non aparece por ningures, umha direccion politica que faga consciente o que as masas líbias estan a facer inconscientemente, empurrados pola necesidade, a autoorganizacion.
A burguesia, local e a imperialista, si saben o que queren, ainda que polo momento non podan facelo pola presion e a mobilizacion social, aplicar a máxima “lampedusiana” de “mudarlo todo para que nada mude”, e reconvertir o proceso na construccion dun novo estado que garanta os negócios, o saqueo das riquezas. Isto significa derrotar ás masas, desarmalas (ningun poder burguês pode admitir que a poboacion teña armas no seu poder) e impor un novo rexime que manteña a opresion e a explotacion.
Que o fagan pola via dun golpe de estado dentro dun tempo ou pola via da reaccion democrática, é dicer, dando “liberdades” formais, direito a votar o seu explotador cada catro anos, para manter a dictadura do capital. No podemos esquecer que em Tunisia, Exipto ou Marrocos existia, e existe, umha apariencia de democracia, com partidos e parlamentos. De feito, como se din o comezo, o partido de Bem Ali e o de Mubarack sentabanse em cadeiras co PSOE e partidos “socialistas”.
A poboacion traballadora Libia, como a Tunesiana ou exipcia, xunto co resto do mundo árabe teñen un reto por diante que van precisar do apoio da clase traballadora de todo o mundo: derrubar ate o final as suas dictaduras, que non lles rouben como fixeron no Estado Español, o que tanta sangue e sudor costou lograr, e avanzar na sua segunda independência, a verdadeira independência do capitalismo imperialista, e isso só pode facerse desde a ruptura cós capitalistas locais e extranxeiros, da sua expropiacion para pór as riquezas ao servizo da resolucion das necesidades sociais.
Mal que lle pese á post modernidade isto é camiñar na senda da transformacion socialista da sociedade, que a realidade demonstra que tem que ser tendendo á unificacion nuns procesos que estan unidos, o que comenzou em Tunisia desenvolveuse em Exipto, Iemen e Bahrein, levase por diante a Gadaffi e o rexime Libio, e esta ás portas em Marrocos, Iraq, Alxeria. A unidade na loita da clase traballadora e os pobos árabes têm un nome e un obxectivo: Federacion de Republicas Arabes Socialistas.
Galiza, 26 de febreiro do 2011



No hay comentarios:

Publicar un comentario