A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 28 de enero de 2012

CARA A UN MUNDO MULTIPOLAR. HÁ TAMBORES DE GUERRA?











Roberto Laxe

Obama, que levantara tantas expectativas nos sectores “progresistas” de todo o mundo, demonstra e demonstrou que non tem outro proxecto que a continuidade nas políticas imperialistas dos USA. Esos sectores confiaron em que a sua figura serviria para que o capitalismo mundial recuperase o liderazgo que precisa para sair da crise, despois do desastre da administracion Bush.

A persistência na crise, que entra no seu 5º “ano triunfal”, a retirada de Iraq, deixando um país em ruínas e sem control, o déficit ianqui disparado e a perda de credibilidade interna de Obama, cumha popularidade baixo mínimos e un ascenso das mobilizacions sociais, certifica o signo dos tempos: o imperialismo non tem “liderazgo”, direccion política que lle permita encabezar a recuperacion da taxa de lucros e a saída da crise. Nin a Union Europea, que esta batendo côas suas limitacions obxectivas para se desenvolver como unidade politica real, nin Xapon, estancado desde os anos 90, son quen de resolver a contradiccion.
A crise esta xerando un baleiro de poder, un “mundo multipolar” segundo os portavoces da burguesía que abre todas as perspectivas posibles para definir as novas relacións de poder entre as potencias imperialistas, os estados “emerxentes” e as semicolonias.
Neste marco hai que ver todas as guerras como a de Irán, ocultas ou non, e rearmamentos que ao longo do planeta están a producirse. Iran, como todo o Proximo Oriente, é desde ha ducias de anos un dos puntos neuralxicos da situacion politica mundial –“nada nun mar de petróleo”, dixo Bush pai antes de atacar a Iraq na I Guerra do Golfo-, ao que véu engadirse as revolucions árabes e no concreto, a revolucion síria, que como Iran, son aliados estratrexicos de Rusia e de China.
Todas estas contradiccions, xá de por si explosivas, estan atravesadas póla sacudida que estan a sufrir todas as relacions de forza intercapitalistas a consecuencia da crise econômica.

O que significa umha crise

Semella que para moitos, mesmo na esquerda, a crise que vivemos que tanto foi comparada com a dos 29, so mudou algumhas das bases nas que a sociedade capitalista desenvolvera-se o longo dos últimos 20 anos, o Estado de Bem estar, basicamente. Para a maioria a crise non removera toda a estructura social capitalista desde abaixo ate as cimas e as superestructuras. De feito, case todos esperan umha saída “pacifica” da crise. E isso é umha Idea que non se corresponde coa realidade.
Comecemos pola estructura econômica, e vexamos o que significa umha crise para as relacions de produccion capitalistas.
A queda da taxa de lucro que esta no fondo da crise que detonou no veran do 2007 rompeu o necesesario equilíbrio estructural entre a produccion e a distribucion na que basease o sistema capitalista. “O intercambio de productos do traballo entre as diferentes ramas segun os seus valores, a igualdade social de diferentes tipos de traballo, corresponde ao estado de equilíbrio social da produccion” (I.I. Rubin, Ensaios sobre a Teoria marxista do Valor)
Isto significa nin mais nin menos, que a tendência natural do sistema capitalista é a esse equilibro social, no que as diferentes ramas da produccion, a través do proceso de distribucion, vêm retribuídas os seus investimentos dunha maneira rendibel.
A queda da taxa de lucro rematou com este equilíbrio entre sectores e ramas da produccion, manifestandose na sobreproduccion, mercancias sem vender que se convirten em capital morto, nun lastre para a economia; favorecendo deste xeito o crescimento da especulacion e, por cima de todo, a politica de resgates do capital financeiro (na sua faciana mais publica, os bancos), principais victimas da perda de benefícios da industria e a produccion.
Mas nesta caracterizacion há un concepto que na situacion actual, por presion dos gobernos e os médios, empeñados em desviar a atencion do sistema e os seus reximes, esquecese sistematicamente: o equilíbrio econômico é nomeadamente un “equilíbrio social”. As relacions de produccion e distribucion capitalistas, son relacions “sociais” entre as persoas agrupadas em clases, baixo estados; e as relacions de poder entre estos son parte e determinan esas relacions sociais. Por isso, umha ruptura do equilíbrio economico como a acontecida nesta crise non podia, por menos, que romper o equilíbrio em as clases sociais, expresada na guerra social desatada contra os traballadores e os pobos, e entre as potencias e os estados, expresada nas guerras comerciais, financeiras e monetarias. Seriamos uns economicistas empedernidos se non o analizaramos así.
O capitalismo coñeceu, despois da II Guerra, moitas crises e graves. A do 72-73, coñecida como a do “petróleo”, acabou coa orde econômica da pos guerra, o Acordo de Bretton Woods e estivo na base do todo o acontecido nos anos 80 e comezos do 90: nomeadamente a restauracion do capitalismo nos estados do “socialismo real”. A do 2001, chamada das .com, foi a que provocou as guerras de Iraque e Afganistan, mas nengunha como a que estamos a viver.
As anteriores sacudiron o equilíbrio social mundial, mas non afectaron centralmente ás grandes potencias imperialistas. Na crise que detonou o 2007 todo o mundo esta dacordo em que o equilíbrio rompeu pola cupula, o eslabon débil da cadea foron precisamente as duas grandes potencias econômicas, os EE UU e a Union Europea.
Casualidade histórica, ou simplesmente profunda decadência de ambos os dous bloques imperialistas?

A retirada dos imperialistas de sempre e a irrupcion de China

Se o mundo non estivera na crise que esta, se os USA ou a Union Europea non tiveran os problemas que teñen de queda de lucros, de déficits e debedas desbocadas pola especulacion e un aparello productivo sumamente improductivo, se as clases obreiras ianquis e europeas non tiveran o nivel salarial que teñen (cada vez menos), se a actualidade non fose asi a irrupcion de China seria anecdotica, seria umha nova Arxentina dos anos 30, desenvolvida a base do capital britânico, ou umha España dos 60, onde investiron desde as grandes multinacionais do automobil ate os grandes productores de Hollywood.
Mas non é esa a realidade. Todos eses condicionais son os que definen a crise actual, e podem sintetizarse numha palabra: decadência, ou o que é o mesmo, retroceso dos imperialismos ianquis e europeo. O segundo leva em “segundo” plano desde o final da II guerra mundial, e o primiero esta nun plano inclinado de decadencia desde a crise do 72-73, cando foi derrotado pólo Vietnam e desapareceu o acordo de Bretton Woods e a paridade “dólar-ouro”.
Na politica, como na economia, o vacio non existe. O que un deixa de ocupar, outro, mais débil ou mais forte, ocupao. Os exemplos son inúmeros: os vacios do império español na sua crise foron ocupados por Holanda, Francia e o final por Gran Bretaña, e nos comezos imperialistas dos EE UU (Cuba e Filipinas), que lle deron a puntada final.
Gran Bretaña viu como Alemaña entraba nos ocos que deixaban a sua falência como potencia hexemonica a comezos do século XX, ocos onde entraba tamen a sua vella colônia, os EE UU, e que levaron ao enfrentamento directo entre Alemaña e os USA pola herdanza do império britânico. O final é parte da historia e do presente.
“Todo o que nasce tem que morrer”, esta é umha das máximas do marxismo e a dialectica. Non é un exercício intelectual coñecer cando e como vaise producir, é preciso facer as hipotesis que permitan á clase traballadora enfrentar a ineluctable decadencia do capitalismo, e superar as suas crises com a única orientacion alternativa, a transformacion socialista da sociedade.
A crise dos EE UU e da Union Europea pon as clases traballadoras destas potencias diante da sua gran tarefa histórica, a revolucion nos estados que desde há mais de 200 anos dominan o mundo. A clase obreira tem a súa alternativa histórica, o socialismo; mas a crise como din os economistas burgueses tamen “é o momento das grandes oportunidades” para facer negocio.
A queda da taxa de lucro, a crise que lle segue á desvalorizacion dos capitais, no concreto das empresas mesmo dos países imperialistas, agobiadas pólas debedas e a baixa taxa de lucro, ofrecen a capitais virxenes, recien acumulados e com mercados internos limitados, “grandes oportunidades”. A crise vem a ser como a época das rebaixas trás o frenesi consumista das festas, e aí todos entran á loita.
O mundo atual encontra un país que esta a ocupar moitos dos ocos deixados pola decadência das vellas potencias, e que há 20 anos era a 30 economia do mundo. A China actual é froito dumha combinacion moi precisa de superexplotacion da clase obreira, de man de obra barata e masiva (mil millons de seres humanos), dumhas ânsias das grandes multinacionais desta man de obra que lle permita recuperar a taxa de lucro, mais un estado “simbiótico” entre a planificacion burocrática da economia em mans do Partido Comunista - a politica econômica chinesa segue rexida pólos Plans Quinquenais-, e un mercado capitalista interno salvaxe - sobre todo no que fai ás relacions laborais-.
Se a elo sumasmo-lle a reincorporacion á economia Chinesa dun dos centros financeiros mundiais, Hong Kong, que aportou ao seu aparello productivo o aceite que precisaba, o diñeiro, temos o resultado. Todas estas condicions  supoen a irrupcion de China no concierto mundial, que foi como un tratamiento de choque para as grandes potencias. E faino dun xeito tranqüilo, mas sumamente agresivo.

O cerco ao mar de China
Para o 2014 esta anunciada o envio de 2500 marines á base de Darwin no norte de Australia, com todos os pertrechos que acompañan umha forza expedicionária em barcos, avions de combate e armamento.
Esto anuncio foi paralelo ao despregamento do sistema antimisis ianqui em Rota, segun o goberno Zapatero, para previr ataques de Corea do Norte e Iran (como se os ianquis non tiveran aliados perto destos dous países), mas Putin (aliado do China) viu-o como o que é umha ameaza contra Rusia, e despregou sistemas de radares nas fronteiras com Polonia.
Por outra banda, os EE UU teñen chegado a acordos co seu antigo vencedor, Vietnam (historicamente a rivalidade chino-vietnamita tem provocado guerras entre eles, mesmo cando os dous eran estados “socialistas”), co obxectivo máis que evidente que tecer umha rede ao redor de China. A frase de Hillary Clinton trás a visita a vários estados do Sudeste Asiatico, entre eles, Myanmar com fronteira com China, foi triunfal: “EE UU volveu” ó Sudeste Asiatico. A ultima vez que o fixo, a guerra durou 30 anos.
China, pola sua banda, ameazou á multinacional ianqui Exxon para que abandoara as prospecions petrolíferas no Mar de China com unas palabras pouco tranqüilizadoras de que “quizas debesse ser preparado mentalmente para o som dos cañons”.
A viaxe de Obama a Australia foi o pistoletazo de saída para este xiro na politica do imperialismo ianqui, que esta a abandoar a vella teima do petróleo árabe, para centrarse nas propeccions no Mar de China e garantir a sua posicion no Extremo Oriente, diante da expansion chinesa.
"Pensamos que o tema da seguridade marítima pode ser discutido no cume do EAS, e neste contexto o Mar de China será un motivo de evidente preocupación", dixo á prensa o conselleiro adxunto de seguridade nacional de Obama Ben Rhodes a bordo do Air Force One, mentras o seu xefe, Obama, afirmaba na mesma viaxe que, China, "co seu crecemento crecen as responsabilidades. É importante para eles xogar coas regras no camiño".
Se a elo engadimoslles que os aliados firmes dos USA como o seu vello inimigo Vietnam, alen das semicolonias históricas Filipinas e Taiwan que manteñen unha disputa con China sobre a soberanía das illas do mar da Chinesa meridional, ricas en hidrocarburos, as condicions para un choque entre China e os EE UU no Mar de China estan dados.
Que se dean ou non, vai depender da correlacion de forzas internas dentro dos países, é dicer, a resistência das clases traballadoras a ir á guerra, mas, sobre todo, da forza que adquira a crise, mesmo dentro de China.

A economia chinesa, a desencadeante

Mais alo de quen de o primeiro paso, é evidente que a masa critica para desencadear a forza militar esta a crescer.
A acumulacion de capital da burguesia chinesa podese cuantificar: perto de tres billons de dólares nas súas reservas.
A decadência e crise dos EE UU, a desvalorizacion do dólar, co retroceso no papel central que ate o de agora tivo, alen da crise de crecimento que vai sufrir, inevitablemente, a economia chinesa, da que xá esta dando os primeiros sintomas, van agudizar as tensions entre ambas potencias.
A politica dominante atual do goberno chinês é “ortodoxamente” keynesiana; frente ás primeiras tendências de freo o seu crecimento o goberno aprobou desde o 2008 un ambicioso plan de obras publicas que tem xerado 20 millons de postos de traballo, absorvendo o desemprego provocado pola queda das exportacions.
Por outra banda, o control que o goberno manten sobre a banca, estatalizada, permitelle manter uns tipos de interesse baixos para fomentar o consumo dumha clase media cuantificada en 300 millons de persoas, que veñen a sustituir as perdas da baixada das exportacions.
Mas a indústria chinesa, a pesada que mantiveron em mans do estado ao servizo da acumulacion primitiva do capital, e a lixeira, para o consumo privado, co nível alcanzado ate o de agora precisa dum aporte de matérias primas, e principalmente combustibles, do que carecen,... salvo no Mar de China.
A apertura o exterior da economia chinesa esta tocando o seu fin, a crise vaille por na obriga de fortalecer as tendências autárquicas da economia, de proteccionismo como xá estan a facer retirando as subvencions á industria do automobil extranxeira, para potenciar a sua industria local. Coa excepcion da importacion de tecnoloxias “verdes”.
Mas, um estado que tem nas suas reservas os billones de dólares que tem, non vai quedar quieto, sem investir esse diñeiro para buscarlle rendabilidade. E isso é o que esta a facer.
Hoxe China é primeiro inversor em America Latina e, sobre todo, em Africa, onde é o primeiro comprador de terras para a explotacion agrícola (tem que alimentar umha poboacion de 1.300 millons de persoas) e sobre todo na procura de matérias primas. Mas tamen inviste em estados imperialistas en crise, comprando debeda publica europea, de Grecia, Portugal o España, comprando empresas publicas gregas ou portuguesas (EDP, a xestion do porto do Pireo, Atenas).
A expansion chinesa basease non tanto em que hoxe sexa unha nova potencia imperialista, senon na retirada dos “vellos” imperialistas, em crise aberta. É ista combinacion a que pode dar como resultado na aparicion dunha nova potencia imperialista que dispute, como esta facer xá, os mercados mais perto dele, e despois o mercado mundial ás que hoxe dominan.
A resolucion desta contradiccion so pode ter umha perspectiva, a guerra. O poder esta na “punta do fusil”; e se isto é valido para a loita de clases, que non será para os capitalistas, que levan facendo guerras polo domínio do mundo desde que son capitalistas.
De feito, tanto é a asi, que o domínio dos EE UU hoxe tem duas patas chaves, umha, o dólar, é dicer a moeda refuxio e na que se fan todos os intercâmbios comerciais internacionais, o que lle permite absorver, sem traballar, umha meirande parte da mais valia xerada no mundo; e duas a sua superioridade militar incontestable. A decadência dos EE UU é freada “pola punta do fusil” dos marines.
A punta do fusil ate 1939 estivo nas mans da Gran Bretaña; entre 1939 e 1941 em Alemaña, e a partir do 45 nos EE UU. So un non marxista pode pesar que o domínio militar dos USA non tem final, cando desde a guerra de Vietnam non teñen gañado nengunha guerra?
Alem mais, cando este domínio militar é o que esta socavando as bases da sua potencia econômica. Foi Trotski que dixo que as guerras non as gañaban os exércitos, senon e econômia. E hoxe os EE UU non teñen umha economia, é dicer umha industria axeitada para enfrentar umha guerra de alto nível como a que sería contra China.
De feito, ate os datos da volta da indústria ianqui deslocalizada, que esta a voltar o seu país é outro sintoma da sua decadência. Mentras China abrese o mundo, os USA retroceden e voltan á sua terra. Hai que ser um metafísico empedernido para soster que esta volta é umha demostracion da forza do imperialismo ianqui frente a expansion chinesa.
A vindeira guerra com un caracter internaciona mais alo de quen detone, non vai ser provocada pólos ianquis, senon por China, pois a burguesia chinesa vai precisar de novos mercados para dar o salto definitivo da acumulacion primitiva de capital á reproduccion ampliada, dun capitalismo nacional em fase expansiva cara umha potencia imperialista. Hitler traduciu esta necesidade na frase, Alemaña precisa “espacio vital”, e chocou com Polonia, Austria, Francia, Checoeslvaquia, e, o final, com Gran Bretaña e os EEUU.
China esta a chocar cós seus veciños, Vietnam, Taiwan (a Alsacia e Lorena chinesa?), etc., ate cando o choque so vai ser comercial, e cando teremos que pensar “no son dos cañons”.
Para elo esta a rearmarse - como todos os seus veciños-, incrementando un 20% os orzamentos militares, esta a mellorar tecnoloxicamente o seu exercito e a sua Armada (base fundamental para o control dos mares, que desde que o Estado Español descubrira America, é a esencia do poderio dun estado imperialista), para elo conta co Acordo de Shangai com Rusia, Brasil, India e agora Sudafrica.
Non se pode saber cando chocara, mas si o porquê: cando a sua economia, a súa burguesia, precise impor pola forza das armas o que agora esta a conseguir pólas suas reservas de divisas, que lle permite chegar a acordos com potencias imperialistas e semicolonias, e choque frontalmente cós que ate o de agora dominan o mundo, os EE UU, Xapon e a Union Europea.
O alcance da guerra non pode ser determinado a priori, mas é indubidadel que as condicions de crise do sistema capitalista, retroceso das vellas potencias, especialmente a hexemonica e a aparición de potencias emerxentes fortemente armadas - lembremos que umha das herdanzas dos estados “socialistas” é o armamento nuclear de China e Rusia-, abren as portas de par em par á enfrentamentos que só conducirían á barbárie.
A clase traballadora mundial ten que comezar a prepararse para umha saída non pacifica da crise, denunciando o imperialismo, o seu caracter agresivo e, sobre todo, que o capitalismo basea todas as suas relacions sociais na forza militar. Non perdendo de vista as contradiccions, e non defendendo teorias acartuchadas, que podem levar á claudicacion a un dos sectores implicados na guerra. Un enfrentamento entre os USA e China non é un enfrentamento entre umha potencia imperialista e umha semicolonia, senon que é un enfrentamento entre o “rei” actual e o seu “sucesor”, entre o que é dominante agora, e quen quere ser o hexemonico (ainda que hoxe por hoxe non o pretenda). Ubicarse no campo dos “democratas” ianquis frente a dictadura chinesa é tan reaccionario como ubicarse coa “semicolonia” chinesa contra os imperialistas ianquis.
A Alemaña derrotada da I Guerra Mundial tivo que pagar, trás o Tratado de Versalles, umhas compensacions de guerra que os nazis aproveitaron para a demagoxia nacionalista e “antiimperialista”. Mas non eran umha reinvidicacions “antiimperialistas”, senon as exixencias dumha burguesia derrotada, que fixo suas a pequena burguesia arruinada, que queria a sua parte na torta do mercado mundial. China non berra contra o imperialismo, como poderia facelo mesmo a dictadura arxentina pólas Malvinas (asi fose un berro hipócrita), senon que é expresion do seu expansionismo, porque precisa a sua cota de mercado onde investir os 3 billons de dolares que tem acumulados, e que hoxe por hoxe, e no seu banco central non rinden lucros. Quere a sua parte na torta do mercado mundial.
A clase traballadora tem que levantar a sua politica independente, cara a única alternativa que pode impedir a guerra, a loita polo socialismo, enfrentando tanto as manobras agresivas e militaristas do imperialismo ianqui, como o expansionismo chinês, a compra e expropiacion de campesinos e tribus africanas, a superexplotacion das riquezas naturais deste continente, etc.
Neste cadro, o desastre climático da terra podese ver adiantada pola destruccion masiva dunha guerra á que ningun burguês nunca vai renunciar: “o poder esta na punta do fusil”. Este é o nivel no que a loita de clases esta, e nunca tan real foi a disiuntiva de “socialismo ou barbárie”.

Galiza, 22 de xaneiro do 201

No hay comentarios:

Publicar un comentario