A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 20 de mayo de 2012

BANKIA: INTERVENCIÓN, NACIONALIZACIÓN E CONTROL OBREIRO



Roberto Laxe
O goberno nacionalizou Bankia, tras as auditorias que demonstraron o verdadeiro fiasco financiero que foi a fusión entre Caja Madrid e a CAM, á que querían engadir a Caixa Galicia, numha operación a tres que o final foron dúas das caixas mais expostas á burbulla imobiliaria e a morosidade.
Bankia é filla do proxecto “recentralizador” do Estado Español, e foi presentado como o 3 ou o 4ª banco español, bem asentado no corazón do capital que algúns chaman “castizo”, é dicer, o que tem sede em Madrid. Non há mais que escoitar aos dirixentes madrileños, e os seus voceiros mediáticos, a TDT Party, sobre a “bandeira que nos une”, ou o exceso que son as Comunidades Autonomas; algun de feito chega a pedir a sua disolución.
Non se pode entender o falseo das contas, a sobrevaloración dos activos de Bankia se non se parte deste proxecto recentralizador do capital español: desde a Capital do Estado tiñan que presentar un proxecto finaceiro que poidera competir co catalán ou o basco.
Do mesmo xeito que as reformas laborais ou a austeridade nas contas públicas que redundan em privatizacións, procuran o aumento dos benefícios empresariais, sexan da nazón que sexan - isto é o que lles une-; a centralización e concentración do capital fai parte deste mesmo obxectivo. Mas isso é o que lles divide, pois todos queren arrimar á sardiña a sua ascua, e o capital “castizo” conta, nesta pelexa, co apoio do aparello do estado centralista español.
Neste sentido, a liquidación de todas as caixas de aforro como entidades públicas nun proceso privatizador no que tanto o PP e o PSOE acordaron, desde a época de Felipe Gonzalez, pasando por Aznar, e terminando pola lei de Caixas pactado entre ZP e Rajoy, esta o servizo deste proceso de recuperación dos benefícios da gran banca.
É entregarlle á banca, ao BSCH o BBVA, etc., o 50% do aforro español a precio de custe, como umha outra maneira de ir o seu resgate.
Bankia, como o Novagalicia Banco, a CaixaBank, son froito deste obxectivo, o que diferencia a uns e outros é a exposición o tixolo, á burbulla inmobiliaria. Mas tamén é decisivo a división do traballo, o papel que cada pobo cumple no desenvolvimento do capitalismo. De igual xeito que CaixaBank é parte dumha burguesia, a catalana, com intereses próprios e ás veces contradictorios co capital “castizo”, Novagalicia Banco é parte dumha burguesia cipaia, entregada em pés e mans a esse capital.
O final do camiño é que a burguesia, o capital, sexa do pais que sexa, procura a saída da crise desmontando todas as conquistas, Reformas Laborais, Privatizacions e entrega do aforro popular á banca, e se o proxecto “recentralizador” triunfa, o aforro galego –como o dos demais zonas do estado- ficaria nas mans do capital español.
Intervención ou nacionalización
A prensa anunciou a “nacionalización” de Bankia, como fixo o goberno arxentino cando anunciara a “nacionalización” de YPF, numha perversión da linguaxe que só pretende desmotivar a resposta popular: como xa esta nacionalizada non cumpre exixir a sua expropiación. E isso é mentira, a expropiación, é dicer a nacionalización segue a ser o obxectivo da loita popular porque intervención e nacionalización non son sinómimos.
Así, tanto no caso de Bankia como do YPF, os gobernos non “nacionalizaron”, senón que interviron as empresas, fixéronse com accións da empresa, convertíndose diste xeito em sócios. No caso arxentino, o estado é sócio maioritario dumha empresa privada na que o 25% esta em mans da burguesia arxentina.
No caso Bankia, o Estado transfomou a sua participación monetária a traves do FROB em accions, convertíndose no sócio cuasi total do Banco. Isto non é nacionalización, é intervención co obxectivo de sanear as contas para logo vender o resultado ao mellor postor. Nacionalización é que o estado constituira umha banca estatal, non por accións, senón que a sua titularidade pasara ao estado dun xeito directo.
Manter as accións é manter a estructura capitalista da propriedade, a lóxica de traballar para o beneficio, só que o patrón é o estado. No caso dumha nacionalización a lóxica é a de constituir umha institución que sexa propiedade integramente do estado, a traves dos organismos que sexan precisos, Banca Pública, etc.
Nacionalización e control obreiro
Non podemos esquecer que tanto a intervención como a nacionalización feita por um goberno burguês, teña a cor que teña, non tem como obxectivo poñer os activos, o parque imobiliário, o diñeiro do banco ao servizo da clase traballadora e o pobo, senón que é para sanear as suas contas e nun prazo de tempo, poñelo á venda.
É o que significa sanear as contas; em primeiro lugar despedir a traballadores. Este é primeiro paso que todos os gobernos burgueses dan para “sanear” umha empresa, o recorte dos chamados costes laborais, e o aumento da taxa de explotación do cadro de persoal. Ou o que é o mesmo, facer rendible umha empresa desde critérios do lucro, da optimización do beneficio que dicia Samuelson.
Isto, obviamente, vai significar que os traballadores e as traballadoras de Bankia van ter que sair a rúa, para defender com firmeza todos os postos de traballo. Mas coñecendo ás burocracias sindicais do Estado Español, de como ubican sempre estos conflictos (levan mais de dous anos negociando prexubilacións e baixas incentivadas em todas as caixas de aforro que como Bankia teñen pasado a mans privadas), é mais que probable que o seu obxectivo sexa o de negociar as prexubilacións, esquecendo que isto só significa un debilitamento dos traballadores e traballadoras, nun retroceso nas condicións laborais - agravado pola existência da actual Reforma laboral-, e non defender TODOS os postos de traballo.
Mas un banco non é umha empresa normal, senón que o seu papel na economía é central. E onde se gardan os aforros e o diñeiro da poboación traballadora, e é quen tem nas suas mans o de dar créditos, o de mover ou pechar ás empresas, o consumo etc.
O plan de saneamiento nas mans dun goberno burguês só pode redundar no despido, no peche do credito e no que os arxentinos puxeron de moda, que dun xeito sutil veñen facendo desde a banca española desde que comezou a crise, o “corralito”. Por isso, a única garantia de que o aforro popular e os postos de traballo sexan garantidos pasa porque a nacionalización, é dicer, a expropiación de Bankia sexa baixo control dos traballadores e as traballadoras, das organizacións de usuários, etc.
Ir neste camiño supón umha outra politica ás levantadas pólas organizacións políticas e sindicais tradicionais, que como moito fican na exixencia da nacionalización. Nacionalización sem control obreiro é pouco mais do que tem feito o goberno, a intervención para vender o mellor postor.
A experiência grega: o control obreiro en hospitais e medios
A clase traballadora e o pobo grego son a vangarda da loita contra os planes de privatizacións, contra a austeridade e os axustes.
Hoxe, como se puxo de manifesto nas eleccións, em Grecia avanza cara um desgoberno, que na base da sociedade comeza a ter as suas manifestacións. O alto grão de mobilizción social tem as súas expresións na ocupación por parte dos traballadores e as traballadoras de hospitais e médios de comunicación, postos baixo o seu control, a través de asembleas de centro de traballo. A extensión deste proceso de autoorganización é a base sobre a que é posible construir o doble poder que enfrente no seu momento o estado burguês.
No estado español, e froito do atraso na conciencia da clase traballadora, imbuída de prexuizos burgueses desde os aperellos sindicais e políticos, a sucesión de quebras e peches de empresa, de desemprego masivo non foi contestado com accións que historicamente foron os eixos da loita, a ocupación de fábricas e centros de traballo; e com reivindicacións da clase traballadora como o reparto do traballo, sem reducción de salário, xubilacións com contrato de relevo onde non se perden postos de traballo, senón que un traballador novo sustitúe outro máis vello.
A caracter democrático burguês da ideoloxia das direccións políticas e sindicais exclúen por definición propostas deste tipo, situándoas nas reivindicacións á defensiva como a das prexubilacións sem contrato de relevo, etc., e que sempre, o final, resultan en derrotas para a clase obreira.
Umha outra politica é posible: Control obreiro para umha saída socialista da crise
Desde que comezou o proceso de desmantelamento e privatizacion das Caixas de Aforro baixo o goberno de ZP, o FROB, organismo encargado de garantir este proceso desde o estado, levan gastados miles de millons de euros. No camiño, e mentras destruiron miles de postos de traballo, os executivos das vellas Caixas xubiláronse com indemnizacions millonarias.
Todo este camiño ao servizo da mellora da situacion da banca española, fortemente acuciada pólas consecuencias da burbulla inmobiliaria.
Tanto o goberno de ZP e agora mais duramente co goberno de Rajoy, a única via marcada é a da destrucción das conquistas sociais e laborais. Xa va sendo hora de comezar umha outra politica frente ás saídas burguesas que se propoñen.
A banca española, como a banca europea, leva gañado billóns de euros gracias aos sucesivos plans de resgate impulsados desde a Union Europea, xerando umha débeda pública que queren pagar coa privatización de todos os servizos públicos, desde a educación ate a sanidade. Xunto côas Reformas Laborais, estas constitúen os eidos da saída capitalista a crise.
A loita contra as Reformas Laborais, polo non pagamento da debeda e contra as privatizacións pon á clase traballadora na obriga de levantar umha proposta súa, independente de calquer programa interclasista que basee a saída da crise em medidas burguesas, como son as propostas que agora veñen de Francia, de activar o crecimento a través do consumo, favorecendo de novo o crédito; ou o que é o mesmo, a súa contrapartida a débeda privada.
Para a clase traballadora e o pobo, non colle outra saída que sacar o diñeiro de onde esta, para poñerllo o servizo de plans de desenvolvimento que resolva as necesidades sociais, de hospitais e educación, de servizos sociais, asi como a planificación democrática da economía a partir destas necesidades, que rompa coa lóxica da montaña rusa na que esta instalada a economia capitalista.
A expropiación da Banca baixo control obreiro é a pedra angular dunha saída obreira e popular á crise, pois é a garantia de que as medidas favorabéis á poboación traballadora van ter a financiación que a fagan posible, sen cair de novo na espiral do crédito/débeda.

Mas para avanzar neste camiño é preciso construir umha organización política que a partir da mobilización social sostida no tempo, rompa coa lóxica burguesa dos que, como IU, limitanse á exixencia de nacionalización de Bankia. Bankia é a punta dun iceberg contra o que temos que loitar, e a súa intervención ou mesmo nacionalización non resolve nengún dos problemas xerados pola crise do sistema capitalista.
Romper esta lóxica é construir un programa de transformación socialista da sociedade que tem como eido central a loita por umha saída obreira e popular á crise.
19 de maio de 2012


No hay comentarios:

Publicar un comentario