Roberto Laxe
O outro dia, en El Pais, publicaron un artigo que se
titulaba, tras a crise de Ucraína, "O mundo sen lideranza".
Hoxe, nun telefilme dos Simpson, facían unha caracterización da
situación política mundial moi peculiar: un comentarista de TV
estaba transmitindo un partido de Beisbol e o bateador lanza a pelota
fora do campo, e o tipo din. "e fixo desaparecer a bola, como
desaparece o noso papel (dos EE UU) no mundo". É unha
esaxeración, mas é como perciben os ianquis a súa decadencia,
"desaparecen" do mundo.
Esta claro que non
"desaparecen", mas o que é claro é que o papel dos EE UU
no mundo esta indo polo sumidoiro. Os países, cada vez mais van pola
súa conta como demostra a recente votación na UNASUR ou na OEA
contra as mobilizacións reaccionarias en Venezuela, deixando sós
aos EE UU e a Panamá; cousa impensable non fai tanto tempo.
Diante deste retroceso é lóxico que os ianquis reaccionen e queiran retomar a iniciativa a nivel mundial. Ningún imperio deixou o seu papel na historia se non foi tras unha longa decadencia, e tras derrotas militares que o levaron o desastre (non so me refiro a imperios capitalistas). Mas as veces tendemos a confundir "imperialismo" como fase do capitalismo, con "imperialismo" política do capitalismo, dun capitalismo concreto (neste caso os ianquis).
Para Lenin o
imperialismo non é a política dun estado capitalista en concreto,
senón que é unha fase do capitalismo; a que senta as bases para a
transición o socialismo. Se fose a política dun capitalismo en
concreto, a lóxica política dinnos que é posible chegar a un
acordo coas forzas burguesas non imperialistas. Así foi nos tempos
de Marx e Engels, cando apoiaron ao burgués Lincoln contra os
escravistas pro británicos do sul.
Mas desde finais do
século XIX y comezos do XX, a economía mundial xa non é
capitalista do "laissez faire", onde os estados avanzados
servían de exemplo aos atrasados, como pensaban Marx e Engels; senón
é capitalismo imperialista dominado polo capital financeiro, é
dicir, unha fase concreta do capitalismo que atinxe todo o mundo,
desde os mais avanzados ate os mais atrasados, e a revolución
adquire un carácter desigual e combinado; os pobos "avanzados"
xa non son o espello para os "atrasados", senón que estes
poden saltar, queimar, etapas (teoría da revolución permanente).
Todos caen nas poutas do imperialismo capitalista, uns como potencias
dominantes, e outros como pobos oprimidos. O imperialismo non é unha
política, senón que é a estrutura do capitalismo. O capital
financeiro, na concepción leninista a fusión do capital industrial,
o bancario e o comercial nunha forma superior, os truts, as
multinacionais, domina en todas as nacións do mundo, nas dominantes
e as dominadas... a diferencia é que as primeiras explotan ás
segundas.
Por iso, as
contradicións interimperialistas ha que entendelas como unha loita
"permanente" este as potencias para dominar o mercado
mundial, fonte de riqueza directa; neste sentido, o saqueo das
materias primas é secundario para imperialismo capitalista, pois o
ser capitalista a riqueza non a extrae das materias primas -iso era
nos imperios non capitalistas-, senón da explotación da clase
obreira, da plusvalía (é moi normal esta confusión froito dun
descoñecemento, consciente ou non, da estrutura da acumulación de
capital, e da que nin Rosa Luxemburgo escapou). A potencia
imperialista dominante, polo control político e militar do mercado
mundial, acapara unha parte da plusvalía xerada a nivel mundial. O
exemplo hoxe son os EE UU, que polo dominio que aínda manteñen do
mercado mundial polo dólar (e os marines), acaparan sen despeitearse
o 6% do PIB mundial; o que lles permitiu ate o de agora esquivar as
consecuencias mais nefastas das crises do capitalismo, exportándoas.
O dólar é a ferramenta
pola que os EEUU espolian o mundo, facendo todas as manobras que
precisen para mantelo: guerras comerciais, financeiras, monetarias,
bloqueos ou directamente ocupacións militares. Non é o petróleo,
non é o coltan, non é o litio... é o dólar o que controla o
mundo. E o dólar, hoxe, esta posto contra as cordas pola debilidade
do estado que o fabrica, que xa non ofrece garantías de pagamento da
débeda; o susto foi planetario cando por unha liorta interna entre
Obama e o Tea Party, o estado suspendeu pagamentos; isto levou a
todos os tenedores de débeda ianqui, chineses e xaponeses á cabeza,
á buscar substitutos.
E aquí entran os BRICS, e nomeadamente China e Rusia
Os marxistas as veces
somos dun dogmático, e poren antimarxistas que mata. Lenin dixo o
mundo é imperialista, o "mundo xa esta repartido", e con
iso vamos a misa (nunca mellor dito). Pero esquecemos que Lenin
continuaba no mesmo texto, "so collen novas reparticións".
Porque cando escribiu os EE UU eran a China da época, e os EE UU do
momento eran a Gran Bretaña; e que cando se refería a "esta
repartido", falaba especialmente de Gran Bretaña, Francia e
Alemaña, e as potencias europeas. Os USA só entraron na escena
mundial cando estes tres se destruíron a canonazo limpo na I Guerra.
Xapón fíxoo uns anos despois, en 1941, aínda que en 1905 xa
anunciaran a súa candidatura.
Mesmo Alemaña chegou
tarde o reparto do mundo feito entre franceses e británicos (o
ferrocarril africano que para os primeiros ía de este a leste, e
para os segundos de norte a sul, é o máximo exemplo dese reparto).
Tan tarde chegou que tivo que montar dúas guerras para se facer un
oco no mercado mundial.
Aquí entra un concepto
que os marxistas tendemos a esquecer e que explica esta dinámica aos
"novas reparticións" de Lenin: a acumulación orixinaria
de capital.
Tendemos a ver a
acumulación orixinaria de capital como se fose un "big bang",
o "pecado orixinal" do capital; que se deu no século XVI e
XVIII en Gran Bretaña coa piratería, as reformas agrarias e a
revolución industrial, e xa non é posible unha outra acumulación
orixinaria. E iso é estático, pois non explicaría porque Gran
Bretaña e con ela Francia, perderan o dominio do mundo fronte a
ianquis, alemás ou xaponeses.
A acumulación
orixinaria de capital se deu en todos os países do mundo, a
diferentes ritmos, con diferente calado e profundidade, e en
diferentes momentos históricos. Gran Bretaña foi a primeira (ben,
Flandres para ser mais precisos), Francia despois. O longo do século
XIX estes dominaron o mundo e Alemaña era unha das nacións mais
atrasadas de Europa, que tiveron que pasar o seu proceso de
acumulación orixinaria de capital. Vexamos como Engels o describe no
prefacio a 2ª edición sobre o problema da Vivenda;
"Alemaña apareció tarde en el mercado
mundial. Nuestra gran industria surgió en la década del cuarenta y
recibió su primer impulso de la revolución de 1848; no pudo
desarrollarse plenamente más que cuando las revoluciones de 1866 y
1870 hubieron barrido de su camino por lo menos los peores obstáculos
políticos. Pero encontró un mercado mundial en gran parte ocupado.
Los artículos de gran consumo venían de Inglaterra, y los artículos
de lujo de buen gusto, de Francia. Alemania no podía vencer a los
primeros por el precio, ni a los segundos por la calidad. No le
quedaba más remedio, de momento, que seguir el camino trillado de la
producción alemana y colarse en el mercado mundial con artículos
demasiado insignificantes para los ingleses y demasiado malos para
los franceses. La práctica alemana predilecta de la estafa, que
consiste en mandar primero muestras buenas y después mercancías
malas, fue rápida y duramente reprimida en el mercado mundial, y
quedó casi abandonada; por otra parte, la competencia de la
superproducción llevó poco a poco, incluso a los sólidos ingleses,
por el camino resbaladizo del empeoramiento de la calidad y favoreció
así a los alemanes, quienes en este orden no admiten competencia.
Así fue cómo, por fin, llegamos a poseer una gran industria y a
representar un papel en el mercado mundial. Pero nuestra gran
industria trabaja casi exclusivamente para el mercado interior (a
excepción de la industria del hierro, cuya producción excede en
mucho las necesidades del país). El grueso de nuestra exportación
se compone de una cantidad infinita de pequeños artículos,
producidos en su mayoría por la industria a domicilio rural y para
los cuales la gran industria suministra, todo lo más, los productos
semimanufacturados”
Noutro momento din que a
industrialización alemá ven da man da masiva inversión francesa,
que "regaron Alemaña de francos"´.
Hoxe falaríamos de
Alemaña como unha semicolonia francesa... (tamén Rusia estaba
regada de francos franceses). Xapón recén espertaba do soño do
feudalismo e a base dos canonazos ianquis (a opera Madama Butterfly
como metáfora do que acontecía con Xapón), abrían as suas portas
á economía occidental e liquidaba dun plumazo ese pasado matando a
40 mil samurais, e os USA, tras a guerra de secesión, daban os seus
primeiros pasos contra países en aberta decadencia (España e a
guerra de Cuba e Filipinas), mas sen se atrever con as duas grandes
potencias, Gran Bretaña e Francia. Todos eles estaban facendo a
comezos do século XX o que esas dúas fixeran un seculo antes, a
acumulación orixinaria de capital. Mas só foi cando estas dúas
demostraron a súa debilidade e decadencia, desatouse a guerra, dúas
nun curto período de tempo..
Hoxe China (Rusia doutra
maneira) esta percorrendo o mesmo camiño. A decadencia do
capitalismo euro norteamericano e o estancamento do xaponés, abre as
portas a unha expansión sen precedentes de novas potencias na pelexa
por "novas reparticións" do mercado mundial.
China fixo a súa
acumulación orixinaria de capital sobre varias patas tras a derrota
do movemento de masas en Tiananmenn: un, os capitais multinacionais
na procura de man de obra barata para produtos "semimanufaturados",
dous, unha inmensa poboación rural empobrecida, carne de
industrialización, tres, a achega de capital fresco coa
incorporación de Hong Kong a China, catro, a planificación
burocrática e ditatorial da economía por parte do PCCh, e cinco, a
existencia dun sector da industria pesada estatal que permitiu o
desenvolvemento e a acumulación do capital nos sectores mais
competitivos a nivel do mercado mundial, onde as grandes potencias
renunciaran a traballar. Isto redundou nunha acumulación de capital
billonaria (as reservas son de 4 billóns de euros, catro veces o PIB
español) que hoxe busca sectores onde a inversión sexa rendible.
Se elo ven acompañado
dun retroceso dos imperialismos euro ianquis, a lóxica é imparable.
Rusia pola súa banda
tamén viviu, e vive, un proceso de acumulación orixinaria de
capital propio. A mafia rusa tras a implosión da URSS cumpriu o
mesmo cometido que os corsarios ingleses do século XVI y XVII,
rapinar todas as riquezas que precisaran, a partir dunha mano de obra
moi cualificada e moi barata. O capital alemá entrou a saco na
economía rusa, mas os burgueses ex burócratas de Rusia mantiveron o
control das grandes empresas de materias primas, petróleo, gas, e
sobre todo, da industria do armamento herdada da URSS (é o segundo
vendedor de armas tras os USA). Sobre esta base, produciuse
unha acumulación orixinaria de capital que hoxe, como no caso
chines, esta á procura de sectores onde ser rendible.
Estes procesos serían
impensables nos anos 50, 60 e 70, porque o dominio do mercado mundial
polos USA e os seus aliados era esmagador. Mas desde os anos 80 o
retroceso destes é palpable, e salvo o intervalo dos 90 tras a queda
do muro de Berlín, é inevitable. A tendencia decrecente da taxa de
lucro actúa principalmente sobre as potencias que chegaron a un
nivel de produtividade alto, porque como sabemos, a taxa de lucro é
inversamente proporcional á taxa de produtividade/explotación, por
iso tende a súa caida.
Agora achamos unha
realidade con moitos elementos que deron orixe á I guerra mundial:
as potencias dominantes están en retroceso -isto non quere dicir que
abandonen o teatro mundial pacificamente, van pelexar ate o final-, e
ha actores novos na escena que procuran un novo reparto da torta do
mercado mundial. As guerras financeiras, monetarias, e acontecementos
como o de Ucraína inscríbese nese cadro: as masas populares
levántanse contra as políticas burguesas, neo ou social liberais
todas elas (sexan aplicadas por Maduro o Capriles, por Gadaffi ou
Mubarack, por Ben Ali ou al Assad, por Yanukovihc ou Timoshenco, por
Putin ou Merkel), e as potencias interveñen, non para favorecer ás
masas, senón para debilitar o inimigo ou competidor. Por iso é mais
necesario que nunca a construción dunha organización independente
de calquera alternativa burguesa, se adorne esta coa bandeira que se
adorne.
Neste sentido resulta
surrealista ver a vellos "comunistas" saír á rúa a
apoiar a política do burgués Putin, ou escoitar ou ler a xente da
esquerda no Estado Español confundir á Rusia actual coa URSS. Estes
comunistas -que de comunistas teñen pouco, só a bandeira, como os
chineses- non entenden que baixo as armas rusas non vai o socialismo,
que baixo Putin vai un saqueo de igual nivel que o que podan levar os
marines e a VI Frota. De feito, China ten incrementado o seu
orzamento militar un 12% (o crecemento do PIB que teñen previsto é
do 7.5%) e Rusia esta chegando a acordos para instalar bases
militares en Cuba, Venezuela, Nicaragua... e algún pais africano. A
guerra é a política por outros medios, dixo von Clausewitz, e esta
expansión militar é parte do expansionismo político e económico
desas dúas potencias "emerxentes".
Creo lembrar un
magnifico film de Pontecorvo, con Marlon Brando saíndose, no que
conta unha historia moi actual: Marlon Brando fai de axente británico
que arma e apoia aos escravos en loita contra a opresión ... para
tentar que esa loita non chegue o eu final (o discurso de Brando
diante dos aristócratas explicándolles que a loita que comezara
contra a opresión colonial pode transformarse nunha loita contra
eles, e que por iso ten que actuar, é todo un documento do que é
unha revolución), e para que Gran Bretaña substitúa a España (a
censura franquista fixo que a potencia colonial fose Portugal) no
dominio.
Daquela a ninguén se
lle ocorreu dicir: non apoio a loita anticolonial porque ha un axente
imperialista... Nos anos 70 a ninguén se lle ocorrería recorrer ás
teorías da conspiración que Hollywood puxo de moda nos 90; senón
que se recorría á loita de clases como método de análise, e a
criba dos acontecementos era: favorecen ou non á revolución, non si
ha conspiradores dentro dos movementos; desde sempre houbo
provocadores e conspiradores, desde os invasores españois apoiando a
tribos mexicanas contra a opresión azteca ate Ho Chi Ming pactando
cos USA fronte a Xapón!... Os USA armando á URSS fronte á Alemaña
nazi, ou aos partisanos franceses e italianos. Vaia novidade esa de
que os imperialistas interveñen nos conflitos sociais,
Pois ben, froito dunha
teoría da conspiración nefasta, que convirte as loitas dos pobos en
manobras do imperialismo, onde queda o comezo do Manifesto Comunista
no que a loita de clases "é o motor da historia"?
Ha unha outra esquerda
que non cae na teoría da conspiración, mas non supera o
esquematismo nos análise: os USA son hexemónicos, todos os demais
son axentes deles, e Rusia e China son semicolonias dependentes. O
final, este esquema lévalle a perder de vista, desde o punto de
vista contrario, a necesidade de resaltar a independencia de clase
pois calquera enfrontamento intercapitalista non existe, e os pobos
actúan sempre movidos por motivos "xustos"; non ha
manipulación porque, quen se vai enfrontar aos USA? Ó non ver as
contradicións interimperialistas, fican cegos diante das manobras
interimperialistas.
Galiza, no mes de marzo de
2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario