Roberto
Laxe
Ana Ponton, no discurso final da
XVII Asemblea do BNG na Coruña, fixo un chamado a loitar por "un
governo nacionalista", num mar de críticas à
"nova" política, defendendo o caráter
rupturista do programa do BNG. Partindo dum
acordo com essas críticas à "nova"
política -por certo, falta umha referencia non ao militar de
Podemos, senón ás declaracións mais
perto de nós, de Villares e a relixión-, está claro que xurdem
questiones que fan dubidar do verdadeiro caráter desse "governo
nacionalista".
Em primeiro lugar, cal é o balance do BNG do seu passo póla Xunta de Galicia, porque o BNG xa estivo no governo, e semella que nunca o fizera. En segundo lugar, "o governo nacionalista" a que suxeito social refire-se. Na Galiza atual ha ao redor de 1 millón de traballadores e traballadoras, que vivem da venda da su forza de traballo por un salário para pagar as facturas (constitúen o 70% da poboación ativa).En terceiro lugar, un "governo nacionalista" teria como primeira tarefa ir a un proceso de autodeterminación; é dicir, o seu eixo de traballo e de governo sería acadar a soberania nacional. En cuarto lugar, cal sería o papel desse governo nacionalista no desmantelamento do réxime do 78, que é a orixe da maioría dos problemas do pobo traballador galego.
Que o BNG ten un espazo social e
político, eso só o negan os que negan que Galiza sexa umha nazón.
Como nazón que é, esto expresase en
organizacións proprias, e se o BNG non existira, habería outra
organización. Mas, é
o BNG a organización dese 70% da poboacion activa
que vive do seu salario (clase asalariada, clase obreira ou calquera
outro sinonimo que se queira poñer)? Aquí comezan
as diferenzas.
A experiencia, mesmo os planes
mais progresistas desenvolvidos polo BNG / UPG no Bipartido (e o poño
a consciencia por que os conselleiros que os levaron adiante foron da
UPG, como Suarez Canal), non ía mais alo
dos marcos da "modernización burguesa" da Galiza. Foi o
plan eólico, foi a exixencia de planes de investimento no rural para
dar subvencións, foi o banco de terras, foi a selección galega de
futebol ou a paralización frustrada do Gaiás.
Todas elas eran medidas de saúde
democrática mínimas, mas dentro dos marcos da explotación
capitalista. O plano eólico, estrela de todos eles, non era mais que
racionalizar o que o PP fai dun xeito caciquil... Non significaba
expropiar e poñer baixo control obreiro e popular a nosa enerxia,
senon que era distribuirllo "racionalmente" entre sectores
do capital, entre eles algún multinacional como Jove.
O "governo nacionalista"
tería esta lóxica? "Racionalizar" a economía galega,
dentro dos marcos do sistema capitalista?
Pois amigos do BNG, o voso pesar,
neste eido teórico na procura de aliados burgueses, tedes un bo
aliado na "nova" política de Iglesias: a sua denúncia da
"trama" ten exactamente a mesma lóxica, separar os
capitalistas corruptos ligados ao PPSOE, dos capitalistas "honestos",
"produtivos", teñan o tamaño que teñan, desde un pequeno
empresario, propietario de gando ou dun pequeno barco, e poucos ou
case nengun asalariado / a, até Amancio
Ortega ou os grandes capitais que non viven das subvencións do
estado, senón da explotación dos traballadores / as, galegos e non
galegas.
Cal é
a diferencia, e nisto o BNG ten a ventaxe, mentras
Iglesias diríxese aos capitalistas
"honestos" españois, baixo o "patriotismo"
español, o "governo nacionalista" do BNG sería cos
capitalistas "honestos" galegos, baixo o patriotismo
galego; o seu problema é que esos capitalistas "honestos"
galegos non existen. Mas desde un punto de vista democrático, non ha
ningunha duvida; frente o "patriotismo" opresor, a defensa
dos direitos da nazón oprimida.
O BNG é
coherente, e por iso ten mais percorrido que as
Mares e as "novas" formas políticas, sabe a quen se
dirixir; ao pobo galego en xeral, teña a relación de propriedade
que teña, propoñendolle un "governo nacionalista". E umha
vez superado o desconcerto inicial das derrotas eleitorais, xunto coa
incapacidade da "nova" política para superar o seu
discurso, ten "cancha" social.
Mas esta proposta non abonda para a
clase traballadora, que a pesar do afianzamento do BNG, segue sen
contar cumha forza política que exprese dun xeito independente as
suas necesidades.
A "nova" política,
ainda recollendo un aspecto importante para a construcción desa
forza, a perspectiva non "nacionalista" dela (un partido
non ten porque reproducir a sociedade que quere construir, son cousas
distintas), renuncia a facelo, porque diríxese á
mais españolista das clases medias. Se o BNG ten
as súas raízes nesas clases medias, a "nova" política
tamén, só que desde perspectivas opostas.
A "nova" política
renúncia expresamente a organizar á
clase traballadora, e maniféstase como un aparello
electoral na que a viaxe é de
umha soa dirección: a loita esta en función da política
parlamentar e non ao invés. Mas o BNG, tampouco rompe con esta
dinámica unidirecciónal; a loita social esta en función das
eleccións... son os períodos electorais e non os da loita de clases
os que marcan a súa vida, e os seus obxectivos.
E por último,
o BNG din que é rupturista,
mais rupturista que a "nova" política... Obxectivamente
é certo: un goberno
coherentemetne nacionalista que teña como obxectivo fundemental a
loita pola soberanía nacional da Galiza (esto é
o que significa "nacionalista", loita
pola soberanía nacional), ten que ter claro que só pode
conseguilo rompendo abertamente co Rexime do 78, quen no admite a
menor reforma da estructura centralista do estado. E o BNG non
anuncia este camiño, só reafirmase no seu
caracter "nacionalista" sen poñer no centro que iso leva
á ruptura co réxime,
"si ou si".
A "nova" política non
vai por aí. O seu rupturismo é
subxectivo, din selo mas nos feitos son todo o
contrário, como se pode comprobar a cotío.
Cal é,
enton, a perspectiva. Forzas como o BNG, expresando os interese
interclasistas da pequena burguesía galega (por cima da confrontación
"esquerdas vs direitas" está a nazón galega), ou as Mareas
(antes o PSOE e IU), expresando os interese das clases medias
asalariadas galegas (funcionarias, sectores da clase obreira, etc.),
teñen lóxica... mas deixan orfos os interese e as necesidades da
clase obreira galega, dese millón de traballadores e traballadoras
que todos os días van a fábrica, á oficina, ó comercio, ó barco de
pesca, á gandeiría, ó monte,... a traballar por un salario.
(Non por ingreso non salarial,
porque o BNG, para xustificar o seu interclasismo nacionalista, tende
a pervertir os concetos; un salario é
un ingreso pola venda da forza de traballo, o que
teñen os gandeiros/pequenos armadores/empresarios é
pola venda do froito dese traballo, faga un
persoalmente, sexa feito por asalariados / as (que os teñen).
Pois ben, cal é
a perspectiva... Que todas as forzas políticas
que sitúan-se na politica "interclasista" van sufrir
crisis (o PCE e o PSOE son o exemplo máis clamoroso), no momento no
que a loita de clases se agudice, e a clase traballadora poña as
súas reivindicacións no centro. Por exemplo, a CIG ten levado os
seus delegados / as concentracións dos gandeiros; estarían estos
dispostos a apoiar aos traballadores / as na súa loita contra as
reformas laborais, cando moitos gandeiros son beneficiarios desas
reformas laborais, que lles permite contratar a baixo prezo
traballadores / as.
O BNG pode prometer un "governo
nacionalista", mas ten que ter claro, un, que se é
coherente na esixencia da soberanía nacional vai
chocar de fronte co Réxime do 78, e iso non se pode deixar nun
segundo plano, pois estaría enganando á
poboación; dous, que ese "governo
nacionalista", no momento que tomara decisións como a
derrogación das reformas laborais, na defensa das condicións da
clase traballadora, chocará de fronte con
alguns dos que queren o seu apoio, os burgueses (propietarios de
buques, terras, comercios ou negocios en xeral) que lle podan soster,
pois como propietarios beneficianse dos baixos salarios e a
precariedade.
A perspectiva ten que ser que a clase
obreira, ou ben constrúe a sua propria organización, independente
do estado e independente de calquer sector social propietario de
medios de producción e distribución (teñan o tamaño que teña),
ou vai á loita de clases atado ao carro do inimigo.
En Galiza no mes de abril de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario