A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de julio de 2024

O XUÍZ PEINADO E A INQUISICIÓN

Roberto Laxe

Mentres un xuíz conte co aval dos seus superiores para instruír unha causa incumprindo toda a xurisprudencia sobre o tema, estamos a falar de "guerra xudicial", cunha mentalidade da Inquisición, onde unha denuncia dun particular podía levarche ao cadalso.

Que boas faragullas faría este xuíz con Torquemada! Porque unha investigación xudicial "prospectiva" sobre a base de noticias de medios de comunicación non é máis que unha "investigación" inquisitorial. Menos mal que a estes niveis xa non se estila a tortura. Aclaro, a estes niveis, porque a outros a tortura segue moi vixente.

sábado, 20 de julio de 2024

A CRISE DO IMPERIALISMO UNIPOLAR E O AVANCE DE FORZAS DE ULTRADEREITA E FASCISTAS EN EUROPA.

Carlos Dafonte.


Caracterización da situación mundial na primavera- verán 2024

En primeiro lugar temos que facer referencia ao intento da OTAN no seu enfrontamento con Rusia sobre territorio ucraino, de alongar ao máximo o conflito coas repercusións que a todos os niveis ten esta circunstancia. Os otanistas crearon as condicións para o conflito, golpe de estado, guerra civil, posibilidade de que Ucraína entrara na OTAN, para que Rusia iniciara a “operación militar especial” e así crebar os lazos que naceran dos intercambios comerciais entre Rusia e a Unión Europea.

Pois hai un feito de fácil constatación, se as relacións con Rusia cada vez facíanse mellores, máis pacíficas, que razóns podían aducir os USA para manter as tropas de ocupación e as numerosas bases militares que manteñen en Europa?. 

Desaparecido o “enimigo do comunismo”, e coa restauración do capitalismo na Federación Rusa, todo o argumentario político-ideolóxico froito da dinámica de bloques, da “guerra fría”, veuse abaixo, por iso tiveron que reconstruir a idea de “Rusia como enimigo” e Putin como o “grande ditador” e levar á Fedración Rusa a unha situación que considerase que a súa existencia atopábase en perigo, e lográronno coa posibilidade da renuclearización e a inminente entrada de Ucraína na OTAN.