A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 23 de diciembre de 2024

A ADMINISTRACIÓN DEMÓCRATA DOS USA TENTA CREARLLE A TRUMP DIFICULTADES.

Carlos Dafonte.

Facendo bo o afirmado por Robert Kennedy fillo de fiscal xeral e sobriño de presidente ambos  asasinados, cando afirmou que abandonaba o Partido Demócrata e pasábase ao bando ou banda de Trump, por converterse o seu partido no "partido da guerra e estar dispostos a levarnos á terceira guerra mundial", a administración encabezada por Biden tenta por todos os medios que as dificultades sexan máximas para a próxima administración, cando tente resolver a complexa situación internacional que vai herdar, sen importarlles as consecuencias que as súas medidas poidan carrexar.

En primeiro lugar, permitindo que os especialistas, ianquis, británicos e franceses dende territorio ucraíno lancen os mísiles de largo alcance sobre territorio da Federación Rusa, nunha escalada na guerra que seguro vai dificultar poñer fin á mesma; en segundo, levando a cabo un novo intento de crearlle problemas á Federación Rusa nunha zona moi sensible para a súa seguridade, nun país como Xeorxia tentando que entre na órbita da OTAN a imitación do acontecido en Ucraína no ano 2013, golpe de estado que hai uns meses afirmou a señora Victoria Nuland, custoulle ao erario público 5.000 millóns de euros. Espero que algún día digan cal foi o custo dos reiterados intentos en Xeorxia, e en terceiro promovendo, non cabe dúbida algunha un golpe de estado en Siria utilizando para o mesmo a forzas terroristas islamistas, agora denominadas “rebeldes” cando son os mesmos, pero con outras facianas que voaron as torres xemelgas, os que levaron a cabo os atentados en Londres e París e destruíron os trens en Madrid. A forza fundamental dentro deste grupo onde hai tayicos, uzbekos, chechenos, turkomanos, etc e algúns sirios, e o grupo Hayat Tahir al Sham (HTS) declarado “terrorista” polos USA, Reino Unido e grande parte da Unión Europea. É máis, e necesario coñecer que no ano 2013 ofreceron unha recompensa de 10 millóns polo seu lider Abu Mohamed al-Golani, que agora combiou de nome e é o home forte de Siria. Tampouco debemos esquecer que tentan por todos os medios “branquear”, espero que se me entenda o que quero dicir, a este terrorista e ao seu grupo precipitadamente, pois ata aos aliados demócratas do terrorista reconvertido en “rebelde”, parécelles pouco recomendable seguir mantenendo a súa caracterización; e digo precipitadamente pois Nelson Mandela declarado polos USA tamén terrorista, tardou 18 anos dende que saiu do cárcere en que lle levantaran esa cualificación.  

domingo, 22 de diciembre de 2024

COMO A LOITA DO POBO SAHARAUI CUASTIONA Á UNIÓN EUROPEA

Roberto Laxe

A finais do setembro pasado o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) puxo en solfa toda a política que desde a Comisión Europea teñen na súa alianza estratéxica co réxime marroquí, e, especialmente, os gobernos francés e español.

A sentenza é resultado dun recurso presentado pola Fronte Polisario contra os acordos sobre pesca e agricultura entre a UE e Marrocos; anúlanse porque para a súa firma non contaron co “consentimento do pobo saharauí” a través do seu representante, a Fronte Polisario, ao que recoñece como portavoz lexítimo dos seus intereses.

A contestación da Comisión Europea é lapidaria, a pesar da sentenza seguirá traballando «estreitamente con Marrocos en todos os ámbitos nos que ambos os socios manteñen relacións de colaboración. Pola súa banda, o ministro de agricultura español, nunha entrevista, foi máis lonxe; os acordos co réxime marroquí, diga o que diga a sentenza, están “moi por encima” da anulación dos acordos, que é o que se di nela.

martes, 3 de diciembre de 2024

É NECESARIA OUTRA CONFERENCIA DE ZIMMERWALD?

Roberto Laxe

Hai 118 anos un pequeno grupo de revolucionarios internacionalistas que, segundo testemuñas presenciais, “cabían en dous taxis”, e en nome dos pequenos grupos dispersos que non habían claudicado tras a bancarrota da II Internacional, reuníronse en Zimmerwald (Suíza) para aprobar un manifesto contra a guerra interimperialista co que cambiaron o curso da historia: todo camiño comeza cun primeiro paso.

Xorde a pregunta máis que obvia; un século e pouco máis despois, nunhas condicións onde as contradicións interimperialista agudízanse até extremos de guerra aberta en zonas do planeta, coas forzas que rexeitan esa deriva dispersa, non chegaría o momento de dar ese paso? A resposta de millóns de persoas ao xenocidio palestino, que é parte desa guerra máis ampla, pon de manifesto que hai millóns de seres humanos que rexeitan a deríva militarista do capitalismo en decadencia.

domingo, 13 de octubre de 2024

ALEMAÑA, RECESIÓN E SUICIDIO.

Roberto Laxe

É unha idea que venden os medios sobre a suposta imbatibilidade da clase burguesa e o seu control sobre todo o que sucede nos diversos estados; idea que se centra, obviamente, nas grandes potencias imperialistas.


Dinnos; os técnicos dos propietarios dos medios de produción, distribución e financeiros, sexan políticos que estean no goberno ou sexan os think tank das universidades, prevén todos os movementos que se van a dar na sociedade, e se non virá un gurú do emprendimiento, o fillo de donos de minas como Elon Musk, a vendernos os seus "soños" (que son os nosos pesadelos) como a panacea do futuro.


No entanto, o que deixan claro é que a clase dominante nunca se suicida; poderá equivocarse ou dubidar entre Trump ou Harris, entre Sánchez e Feijóo, entre Macron ou Lle Pen, ... pero nunca toman medidas a propósito de que son un desastre para eles.


miércoles, 2 de octubre de 2024

CADA VEZ ATÓPASE MÁIS PRÓXIMA A DERROTA DA OTAN EN UCRAÍNA.

Carlos Dafonte.

  Zelenski marchou ufano  co seu “Plano para a Vitoria” aos USA e participar na Asemblea Xeneral da ONU, e atopouse que a súa intervención foi seguida por menos representantes  que o ano pasado. E protestou diante dos seus xefes, xa que albiscou que posiblemente non premeran o suficiente, pero ninguén lle fixo caso. 

A paiasada do seu Plano foi acollida polos medios dos USA, o seu principal valedor, como una lista de intencións pero moi distante do obxectivo da vitoria, o mesmo que aconteceu coa Administración demócrata, cando no momento da presentación desmorónanse a maioría das frontes de combate e as forzas da Federación Rusa avanzan en todos eles.

domingo, 15 de septiembre de 2024

O CAPITALISMO HEXEMONISTA ATÓPASE NUN BO EMBROLLO.


Carlos Dafonte Díez.


En agosto, o día 5, foi un “lus negro”, as bolsas en Xapón caeron un 12 % e este dato repercutiu na economía de todo o planeta; o día 5 de setembro, as “7 magníficas” dos USA, NVDA, que perdeu nun só día 270.000 millóns de $ ao perder o 10 %, Googel, Amazón, Apel, MSFT, Mete e Tesla, fabricantes de semiconductores, pèganse tamén un bo porrazo e os datos coñecidos a principios de setembro, do paro, do consumo, da contracción industrial, do record no impago nas tarxetas de crédito e na queda dos beneficios empresariais, fan especular sobre se os USA entrarán en recesión a finais de ano ou principios do seguinte; dende Bloomberg a outros analistas, consideran vai ser a única saída da crítica situación.

martes, 20 de agosto de 2024

UNA NOVA VOLTA DE PARAFUSA: A OTAN INVADE RUSIA.

Carlos Dafonte.

    Aínda que agora os USA digan por activa e por pasiva, que nada tiveron que ver coa invasión da zona de Kursk por parte de torpas de Ucraína e mercenarios da organización, contaban para realizala con “intelixencia”, novo armamento, drons, foguetería, planificación e todo o que necesítase para levar adiante un tipo de invasión como a que levaron adiante, e tamén co permiso da OTAN que é quen dirixe a guerra, ninguén lles vai facer caso. 

É posible que a Federación Rusa non fora collida por sorpresa por esta nova aventura que pode poñer fin á guerra antes do esperado, unha mobilización de homes e material tan importante non pode pasar desapercibida pola Federación que conta coa capacidade electrónica para detectar os movementos precisos de tropas e armamento para levala adiante; por outra banda, a resposta simultánea do exército ruso no resto das frontes de combate onde avanzan e de onde os ucraínos sacaron numerosas reservas, así o pode estar indicando; a pregunta é, que obxectivos tentaban acadar os invasores con este movemento?.