A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 25 de febrero de 2014

SIRIA E O EFECTO BOLBORETA



Roberto Laxe

O ano pasado o “trio lalalá", Obama, Hollande e Cameron anunciaron a bombo prato que tras o masacre perpetrada polo réxime de Al Assad atacarían Siria, si ou si.... cun dobre obxectivo, desmontar a revolución e retomar o control dun aliado firme do expansionismo chinés-ruso. Ao final, a base militar rusa en Siria, os 12 barcos de guerra que Putin enviou a Siria e os sistemas antimísis que forneceu a Al Assad cumpriron o seu papel: dixéronlle a USA/ Franza/ GB que o paso seguinte era a guerra.

A burguesía inglesa foi a máis rápida e o Parlamento desautorizou a Cameron; Hollande mantiña-se no seu trece, e Obama estivo a buscar a maneira de retroceder sen que o parecese. Foi Putin quen llo puxo en bandexa -humillando-o publicamente, que para iso é un ex KGB- cando dixo que conformábase con que se destruíse o armamento químico ao que Kerry e Obama agarráronse. As declaracións belicistas do “trio lalalá” quedou en nada, e ficou patente ante o mundo o que xa todos sabemos -menos os castro chavistas-, a decadencia do imperialismo euro norteamericano e as ansias expansionistas do ruso-chineses.
Tras esa derrota parcial, os euro norteamericanos teñen que retomar a ofensiva, e a partir dos desastres dos gobernos de Maduro, Yanuchovich, Cristina Kirsner, desataron unha verdadeira guerra comercial e monetaria, que como o Tratado de Versalles hai 80 anos, empobrece máis ás poboacións -a todas, incluídas as propias-. Siria foi o punto de inflexiòn na que se agudizan todas as tensións sociais, non só a loita de clases, senón que ao seu cabalo móntanse as tensións intercapitalistas por ver quen sae dominante da crise que estalou fai xa máis de 6 anos.
Esta é a única maneira de entender, para ter unha política independente, o que está a suceder en Venezuela, Ucraína ou Colombia (silenciada polos medios de comunicación occidentais, por certo), e coa guerra de divisas desatada polo goberno norteamericano ao reducir os estímulos internos, que se traduciu nun empobrecemento de aliados de Rusia e China, como Arxentina ou Sudáfrica.
?O característico do imperialismo é precisamente a tendencia á anexión non só das rexións agrarias, senón mesmo das máis industriais (apetitos alemáns respecto de Bélxica, dos franceses en canto a Lorena), pois, en primeiro lugar, a división xa terminada do globo obriga, ao proceder a unha nova repartición, a estender a man cara a toda clase de territorios; en segundo lugar, para o imperialismo é substancial a rivalidade de varias grandes potencias nas súas aspiracións á hexemonía, isto é, a apoderarse de territorios non tanto directamente para si, como para debilitar ao adversario e quebrantar a súa hexemonía (para Alemaña, Bélxica ten unha especial importancia como punto de apoio contra Inglaterra; para Inglaterra tena Bagdad como punto de apoio contra Alemaña, etc.)? Lenin, Imperialismo Fase Superior do Capitalismo. O subliñado é meu.
A historia non resolve os problemas, pero axuda un monton a establecer os criterios cos que enfrontar a realidade: Ucraína empeza a lembrar á Alsacia e a Lorena de entreguerras, e o ascenso do fascismo a cabalo da denuncia do salvaxe Tratado de Versalles, que coa ocupacion militar francesa da conca do Rhur que levou a unha folga na zona provocou en Alemaña unha hiperinflación histórica (unha barra de pan chegou a custar 400 millóns de marcos....!). Foi a clase traballadora alemá a que pagou o pato destes conflitos interimperialistas... e sobre a denuncia "nacionalista" do Tratado de Versalles, e as súas nefastas consecuencias de ruína e miseria para os alemáns, levantouse un traxicamente coñecido noso: o partido nazi e Hitler (en Baviera, tras a experiencia soviética da república de Baviera, montou un enfrontamento directo co exercito alemán).
Mentres o PC e o PS discutindo se eran galgos ou podencos, os primeiros no seu terceiro período sectario acusando ao PS de "primo irmán do fascismo", e a clase obreira alemá no medio, sen entender nada de nada. Ao final, en 1933 produciuse a vitoria de Hitler sen loita, que é a peor maneira de perder unha guerra.
En Ucraína hoxe hai fascistas que utilizan, como os nazis nos anos 20 e 30, a lexítima indignación das masas.... para defender os intereses do capitalismo, dun sector do capitalismo. Habería que ver que sector da burguesías ucraína esta utilizando aos fascistas -porque sabemos que o capital só utiliza o fascismo cando ve perigar o seu poder de clase, e eu non vexo á burguesía ucraína en perigo de perdelo (non así Grecia, por iso Amencer Dourado si é unha organización fascistas "clasica")-. Máis parece que é un conflito interbugués, onde os prorusos no poder utilizan as bandas armadas "oficiais", o exercito e a policía; e os prol europeos, que utilizan bandas armadas "paraoficiales".
No medio a clase obreira, vendo como todos fan demagoxia cos seus sufrimentos, austeridades e demais, e sen a menor capacidade de respostas independente... e aquí a responsabilidade do castro chavistas europeos, instalados na inercia de confundir Rusia coa Vella URSS, que confunden un goberno burgués con ansias expansionistas cun antiimperialista. Fraco favor faille á causa do socialismo. En Ucraína, como en Venezuela, como en Exipto: nin gobernos burgueses nin "oposicións" semi fascistas, islamitas ou prol imperialistas: pola independencia de clase e a vía do socialismo. As reivindicacións da clase obreira son da clase obreira, e só organizacións obreiras pódenas defender... todo o demais é aplicar a máxima reaccionaria de que "o inimigo do meu inimigo, é o meu amigo".

 En Galiza no mes de febreiro de 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario