A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

miércoles, 30 de mayo de 2018

A LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN NECESITA DA MOBILIZACIÓN SOCIAL

Carlos Dafonte.

Si as enquisas do CIS comezaban a modifica-las percepcións d@s votantes sobre a situación electoral real, a sentenza da "trama Gurtel" debía modifica-las conciencias e situar á opinión pública e ás organizacións políticas diante dunha nova realidade. Con independencia dos anos que a cada procesad@ lle caeu de condena, o que a sentenza establece e que o PP, xunto con unha serie de empresas, montou unha trama de financiación ilegal con "caixa b" incluída; se establece na parte expositoria da sentenza:
"Entre el Grupo CORREA y el Partido Popular se tejió, pues, una estructura de colaboración estable, consistente, por una parte, para la prestación de múltiples y continuos servicios relativos a viajes, organización de eventos, congresos, etc., dentro de la normal actividad de dicho partido político, ya se trataran de actos electorales o de otro tipo. Pero por otra, se creó en paralelo un auténtico y eficaz sistema de corrupción institucional a través de mecanismos de manipulación de la contratación pública central, autonómica y local a través de su estrecha y continua relación con influyentes militantes de dicho partido, aquí enjuiciados, que tenían posibilidades de influir en los procedimientos de toma de decisión en la contratación pública de determinados entes y organismos públicos que dirigían o controlaban directamente o a través de terceras personas ( Comunidades Autónomas y Municipios gobernados por el PP), lo que le permitió que, bien las empresas de CORREA u otras empresas terceras elegidas por él, con el acuerdo y colaboración de aquellos cargos públicos, gozaran de un arbitrario trato de favor y tuvieran un dominio de hecho sobre la contratación pública llevada a cabo por las entidades públicas parasitadas, todo lo que complementariamente se encubría con fórmulas de derecho de aparente legalidad, pero que eludían en lo esencial la normatividad vigente sobre contratación pública. Mediante el inflado de precios que se cobraban de las distintas administraciones públicas afectadas, la finalidad buscada era la obtención ilícita de importantes beneficios económicos a costa del erario público, o bien comisiones cuando la adjudicataria eran terceras empresas, que luego se repartían entre el Grupo Correa y las autoridades o cargos públicos electos o designados corruptos, que recibían cantidades de dinero en metálico, pero también mediante otro tipo de servicios o regalos prestados por diferentes empresas de esa trama, como eventos, viajes, fiestas, celebraciones, etc., de las que en algunos casos se beneficiaron también sus familiares."(...)

"También otras cantidades sirvieron para directamente pagar gastos electorales o similares del Partido Popular, o fueron a parar como donaciones finalistas a la llamada “Caja B” del partido, consistente en una estructura financiera y contable paralela a la oficial, existente al menos desde el año 1989, cuyas partidas se anotaban informalmente, en ocasiones en simples hojas manuscritas como las correspondientes al acusado BARCENAS, en las que se hacían constar ingresos y gastos del partido o en otros casos cantidades entregadas a personas miembros relevantes del partido, si bien estos últimos aspectos que se describen lo son únicamente para precisar el contexto en el que se imbrican los hechos objeto de este enjuiciamiento, pero quedando fuera de su ámbito de conocimiento"(...)
Fronte a todas estas cuestións e moitas outras dunha longa sentenza de 1500 páxinas, como é coñecer, non porque o diga un político ou un ou unha xornalista, senón por medio dun Tribunal, o xeito en que o partido do Goberno actuou ó longo de moitos anos lucrándose tanto a organización como algúns cargos do mesmo en beneficio propio e en detrimento da propia sociedade, que pagaba en última instancia as falcatruadas do PP, a reacción social ou foi moi cativa ou non existiu sobre todo se temos presentes as mobilizacións contra a guerra de Iraq ou o movemento "Nunca Máis"; e axiña, as forzas políticas que debían mobilizar na rúa, escolleron o camiño institucional, deixando ó espontaneismo da xente e as dificultades que comporta, a mobilización social; non hai organización con capacidade para facelo, que nestes momentos de emerxencia social se atope disposta a conxugar a mobilización social contra o acontecido neste país durante estes anos, cas iniciativas institucionais, como pode se-la Moción de Censura presentada polo PSOE, esquecendo que si nas institucións hoxe hai unha representación partidaria real, definida polo número de Deputados e Senadores, é pola razón de que un partido o PP, engañou a toda a sociedade e xugou ca ventaxe dunha situación que se concreta nunha frase repetida ata a saciedade, “ía dopado ás eleccións”, e desta circunstancia ilegal, algunha ventaxe electoral conseguiu.
O único que pode danar máis ó réxime que permitiu chegar a esta situación, é a mobilización social, que serve non só para amosa-la discrepancia co xeito como se actuou, neste caso as ilegalidades cometidas polo PP, tamén para aumenta-lo grao de conciencia da xente que se manifesta, que reforza o seu pensamento, a súa perspectiva de clase, que creba co individualismo de ser cada persoa un mundo pechado sobre sí, e o converte nun individuo máis dun proceso social, onde se recoñece con tod@s @s demais.
Pois ben ise camiño hoxe esta pechado e foi substituído por sentarnos diante da TV na nosa casa a facer números e todo tipo de cábalas, sobre si hai votos suficientes ou non para bota-lo PP do Goberno; a moción de censura nos leva á pasividade; se perden os que a apoian, a rumiar sós na casa a decepción, se gaña a confiar nos que nos teñen enganado moitas veces, para que no mellor dos casos convoque eleccións, “para que o pobo se exprese con liberdade”. Cos coñecementos que hoxe temos, vai ser así?. @s traballador@s se van expresar dun xeito libre ou a súa opinión vai ser influída polos poderes económicos e os grandes medios de todo tipo que teñen a súa disposición? Só a mobilización social pode contrarrestar a estes poderes.

En Galicia no mes de maio de 2018.

No hay comentarios:

Publicar un comentario