A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 28 de marzo de 2020

PORQUÉ OS BANCOS HAN DE ESTAR ABERTOS

Roberto Laxe
Non curan a ninguén, non distribúen alimentos, non arranxan a luz ou facilitan auga,... non son un servizo esencial para a supervivencia das persoas. E están todos abertos, facendo negocio. Poderoso cabaleiro é don diñeiro, dixo o poeta; e canta razon tiña.
Na sociedade capitalista se non tes diñeiro, non podes comprar os medicamentos e os recursos para curar, non podes ir ao mercado a por alimentos, non podes ter luz ou auga -se non as pagas, córtana-; é dicir, son o servizo máis esencial de todo o sistema, que descansa sobre el.

É dicir, os que viven da usura e o prestamo, que non dubidan en botar das súas casas á xente, os que obrigan aos pensionistas a ter unha conta, para cobrarlles uns gastos de mantemento da conta; os que prestan diñeiro ao estado, e despois obrigarlle lle a pagarlle os intereses, por encima dos gastos sociais, recortando neles -vaia, agora que din que hai que quedarencasa porque o sistema sanitario non soporta a epidemia-; en suma, os que especulan co produto do traballo de todos en forma de diñeiro, son o servizo fundamental para que podamos combater a coroa virus, que non pode pechar baixo ningun concepto.
A ver se o verdadeiro virus chámase diñeiro, e os seus posuidores, os banqueiros. A ver se para ter unha sanidade capaz de enfrontar unha epidemia, se para a ter vivenda digna, se para ter pensións dignas, se para que non nos rouben o produto do noso traballo, vai haber que expropiar á banca; e comezar a facer as cousas doutra maneira.
Sen intermediarios entre os que producen os bens como medicamentos, vivenda, alimentos, cultura, etc., e a poboación; sen os que encarecen todos estes produtos para apropiarse do noso traballo... Porque quen produce eses medicamentos, esa vivenda, eses alimentos ou esa cultura non son os donos dos bancos, nin dos empresarios que se endebedan con eles, e que pagan os intereres baixando os salarios e empeorando as condicións de traballo.
Os que producen todos eses produtos (valla a redundancia) son os traballadores e as traballadoras que poderían vivir perfectamente sen a existencia das sanguijuelas dos bancos e os empresarios. Seguro que organizaban a loita contra a coroa virus dunha maneira totalmente distinta a como se está facendo, mantendo abertas non só as fábricas -esta pechando pola vía da presion obreira-, senón o servizo fundamental para que o sistema capitalista funcione, a banca.
Seguro que non hacian dous Estados de Alarma, un para empresarios e a igrexa, mantendo fábricas, bancos e centros de culto abertos, pois non poden perder nin un día de traballo, e outro para a poboación traballadora, obrigada a ir traballar, ir ao paro, ou no mellor dos casos na súa casa confinados. Habería un só Estado de Alarma, garantindo todos os postos de traballo, e os ingresos no caso extremo da súa perda.
Porque hai vida despues dunha crise como esta; non é o fin do mundo... E despois hai que seguir coa rutina. Pero o estado de alarma, tal e como está concibido, só mira para o hoxe, posto que ninguén garante que dentro de dous meses volvas ao teu posto de traballo nas mesmas condicións que o deixaches, que a sanidade publica vaia a ter máis capacidade de respostas da que lle deixaron os recortadores do PPSOE; que os pensionistas vaian ter mellores pensións, etc.
É dicir, ninguén nos garante que tras a crise a vida sexa mellor; é máis, coñecéndoos polo pasado e vendo o que agora están a facer co Estado de Alarma, o futuro que reservan á clase traballadora e os pobres, senon o impedimos, é outro ben distinto.
En Galiza no mes de marzo de 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario