A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 3 de abril de 2020

E NA UNIÓN EUROPEA, DE QUE DISCUTEN?


Roberto Laxe
O mundo, desde China até a EE UU, pasando pola "vella" Europa está a enfrontarse unha pandemia global, e a reunión do Consello Europeo terminou cos presidentes italiano e español, levantándose da mesa; o presidente portugués dicindo que as palabras do representante holandés son "repugnantes", e pospondo as decisións para outra xuntanza, dentro de 15 días.
15 dias! E mentres a xente segue enfermando en todas as nacións, a UE decide que as decisións do Consello de Europa aprázanse.

De que discutían, para que tivesen que pospor as decisións; de como coordinar os esforzos para enfrontar a pandemia? De como facer que os holandeses poidan acceder a respiradores que, parece, necesitan? De como os paises menos afectados axudan aos máis afectados, con camas e medios? De como se pon a poderosisima industria farmaceutica europea a traballar coordinadamente na vacina e en remedios? De como pon ao servizo de combater a pandemia á poderosisima industria da saúde europea, hospitais e demais? De como se financia un plan de emerxencia social?
É dicir, de adoptar medidas coordinadas para enfrenta-la, medidas que non poden esperar 15 dias; pois a xente enferma e morre. Ao coroa virus non lle podes dicir, para 15 días de infectar, que as Merkel, Sanchez, Conte, Macron e demais non se pon de acordo, para.... Non se sabe que.
Ou se? Porque o punto da discordia foron os chamados “euro bonos” propostos por Italia, España e Francia, agora rebautizados como “coroabonos”; é dicir, que a Unión Europa emitise uns bonos aos mercados para captar financiamento pola crise que está a provocar o coronavirus, é dicir, recadar dunha maneira coordinada fondos para a Unión Europea. Alemaña, Holanda -esta de unha maneira farto xenofoba- e Finlandia saíron co “nein" de quenda.
Para estas situacións, dixeron, está o Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE), que pode achegar a Italia e España até 400 mil millóns de euros; ademais abriron a man para que os estados rompan a sacrosanta disciplina orzamentaria que serviu para desmantelar os sistemas de saúde en toda Europa, o famoso 3% de deficit (que non era tal en realidade, senón que por uns mecanismos contables quedaba en 0,7%), podendo endebedarse para sufragar os custos da loita contra o coronaviurus.
Non discutían disto, a politica do “salvese quen poida” pechando fronteiras xa a están facendo. Discutían do que realmente lles preocupa as consecuencias que a chamada “crise do coroavirus” vai ter nas contas anuais dos bancos e empresas; e de como sufragar estas perdas, das que os bancos levaron a peor parte. Os datos son espectaculares como que o Banco de Sabadell deixouse un 56% do valor das súas accións e o Santander un 27%; nunha caida que a nivel mundial superou á que provocou o afundimento do Lehmann Brothers no 2008.
O choque vén xusto por ese motivo. Italia, España e Francia din que, como non é unha crise provocada por xestións irresponsables como foi a da débeda que acabou cos rescates e o desmantelamento dos servizos sociais, debe facerse dunha maneira coordinada, a través dos eurobonos/coroabonos. Alemaña, Holanda e Finlandia, pola contra, din que cada “pau aguante o seu vea”. E que se o tres primeiros teñen unha débeda publica de narices, que non fosen manirrotos.
Á poboación, angustiada pola pandemia, importa-lle un rabano se uns foron manirrotos e os outros son uns criminais calvinistas, o goberno holandés, que deixan morrer nas súas casas aos anciáns e non os contabilizan como “vitimas” do coroa virus.
O adiamento da decisión sobre os eurobonos polo Consello de Europa non é máis que a demostración do que é a Unión Europea, un acordo entre mercadores, aos que a saúde pública 
O motivo é exactamente o mesmo que o de agora, e o mesmo que defende Trump, “que a economía non caia”. Discuten virulentamente entre eles, posto que falan en nome dos “ibex35” de cada estado, das burguesias de cada estado, que queren situarse no mellor posto de saída para, tras a crise da pandemia, hegemonizar o mercado europeo, coñecido como UNIÓN EUROPEA. O que mellor salga desta crise estará en mellores condicións para facerse coa parte do mercado mundial que deixen as outras grandes potencias, en loita entre elas co mesmo obxectivo.
Con todo, a poboación traballadora ten outras necesidades e outros intereses, opostos polo vértice aos dos “ibex35” dos estados e os seus gobernos. A primeira preocupación é parar a pandemia, que deixe de haber contaxiados e mortos xa. E para iso na Unión Europea hai mecanismos tecnologicos e humanos suficientes; Europa ten a industria farmaceutica e de material sanitario máis poderosa do mundo, unha das industrias da sanidade privada máis importantes, ademais dos Sistemas Publicos propios de cada estado.
Disto deberían discutir nun Consello de Europa realmente ao servizo das necesidades sociais, de como nacionalizar esas industrias e polas a disposición de combater a pandemia.
A Unión Europea ten unha industria téxtil, quimica, alimentaria, informática (impresoras 3D) o suficientemente poderosa como para garantir recursos materiais (máscaras, respiradores, etc.) sen necesidade de acudir aos mercados -China, para ser precisos-, e pagalas a prezo de ouro. Coa nacionalización desta industria non sería preciso emitir os “eurobonos” da discordia.
Está claro, medidas deste tipo abrirían outra discordia, e non sería entre os gobernos; senón destes contra a poboación traballadora que seguindo o exemplo das folgas italianas destes días contra a incapacidade do seu goberno para tomar medidas reais e drásticas contra a pandemia, mobilizásese na rúa contra eles.
Isto supón outra Unión Europea, non a do Tratado de Maastricht, neoliberal e capitalista, que ten como columna vertebral a defensa pase o que pase dos intereses das grandes multinacionais e os bancos; senón unha Europa dos Traballadores / as e os pobos que discuta e acorde como resolver os problemas sociais e non enxugar as perdidas de capitalistas e banqueiros.
Primeiro, os que fan esperar por solucións son os que deixan que o mercado se converta nun pescozo de botella para conseguir recursos: como di o portavoz do goberno, “os mercados están saturados e temos que esperar”; a repartición de material será “graduado”. Non podemos esperar para facer cambios estruturais, pero se podemos esperar a que os mercados respondan?.
Segundo, é útopico? É máis útopico esperar que os que desmantelaron os servizos sociais publicos veñan agora a resolvelo; é a raposa gardando o galiñeiro. Como a poboación traballadora pode esperar algo dos que levan máis de 10 anos destruíndo o único que pode frear unha pandemia como esta, un forte servizo publico.
A sociedade está educada en esperar dos gobernantes medidas e agora que veñen “vacas fracas”, estes dinnos, a “solución está nas vosas mans”, “confinar-vos”, “quedar-vos en casa”, que senón vos envio á Gendarmerie, aos Carabineros, á Garda Civil; mentres eles chocan, non por como enfrontar a pandemia e a coordinación das medidas senón como solucionar os problemas dos que non teñen problemas, xéranos; os banqueiros e os capitalistas.
Si, é certo, “a solución está nas nosas mans”, pero non para confiar naqueles que son parte do problema, senón para loitar por medidas reais, efetivas e práticas para parar xa a pandemia. E se 
Isto non é útopico; é o camiño da loita por outro tipo de goberno, un goberno dos traballadores / as en cada estado, que non dubide en tomar as medidas necesarias, desde o confinamento até a nacionalización, e coordine co resto de Europa esas medidas.
En Galiza no mes de abril 2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario