A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 31 de agosto de 2025

AS CONVERSAS DE ALASKA. NO CAMIÑO DA PAZ EN EUROPA?

Carlos Dafonte.


O encontro entre Trump e Putin en Alaska onde recoñeceuse a provocación da OTAN que levou a Rusia a intervir en Ucraína coa chamada “operación especial”, realizada ao amparo do artigo 51 da Carta da ONU, o mesmo artigo que utilizou a OTAN para intervir en Serbia e independizar Kosovo, debe permitir chegar á paz en Europa. Sempre que os USA e o Reino Unido abandonen a postura dunha “paz hexemónica” e acepten unha baseada na “seguridade inclusiva e indivisible”, onde fiquen resoltas tamén, as necesidades da Federación Rusa.

Comentando a xuntanza de Alaska, un dos moitos que o fixeron cuxas opinións teñen peso a nivel internacional,  afirmou que o tema da “paz hexemónica” é un concepto acuñado polo Reino Unido que foi aceptado polos USA, e fixo un símil sobre esa nociva parella para o planeta dende hai ducias de anos, cunha que aparece nunha película, “Max Mad”, onde un ser enorme de grande forza e cativo cerebro, leva sobre o seu ombreiro a un pequeno e vello ser decrépito que é o que lle da ordes, sempre para destruír aos demais, o dúo Master-Blaster.


Os obxectivos estratéxicos do imperio británico.

En 1904 Halford Mackinder escribiu un artigo, “O Pivote Xeográfico da Historia”, onde estableceu a necesidade de controlar o corazón de Eurasia para controlar o planeta; era necesario evitar que aparecera un imperio terrestre que os británicos asimilaron con Rusia. Nese artigo que máis tarde reformulou como “A teoría do corazón continental” establecía que quen controle o leste de Europa controla o “corazón continental”, quen controle o “corazón continental” controla a “illa mundial”, o continente euroasiático, e si o controlas, controlas o planeta. Segundo Alex Krainer, durante moito tempo o Imperio Británico considerou a necesidade de que Alemaña fose o hexemón rexional e controlase a Europa central e do leste e fracasado este plano, xunto cos USA, puxeron en marcha o plano B, facer de Ucraína o hexemón rexional, que servira tamén para desgastar á Federación Rusa. Este plano tamén está a punto de fracasar.

Verdadeiramente o tándem USA-Reino Unido, queren unha paz duradeira ou unha que non sexa máis que un alto o fogo de duración un pouco maior?. Segundo o que coñécese da xuntanza de Alaska, Trump aceptou abandonar o tema do “alto o fogo” e avanzar cara a un acordo de paz, que significa discutir e solucionar as causas que levaron ao conflito, as causas que levaron á Federación Rusa a intervir, que non son outras que conseguir a súa seguridade, acabar coa limpeza étnica contra os ucraínos de cultura rusa, que a OTAN non siga avanzando sobre as súas fronteiras, a desnazificación e neutralidade de Ucraína. A pregunta non é retórica, se analizamos os acontecementos dende 1945 ata a actualidade, vemos que a “parella” sempre estivo argallando para que non houbera paz duradeira. Despois da derrota de Alemaña que non traduciuse nun tratado de paz, Wiston Churchill un dos maiores xenocidas da historia, consultou cos xenerais británicos a posibilidade dun ataque contra a URSS, a “operación impensable”, agresión na que participarían os exércitos británico, norteamericano e os restos da Wermacht e supoño que das SS. E no seu discurso en Fulton no ano 1946 declarou que a URSS era o maior inimigo de occidente, poucos anos despois apareceu a OTAN.

A proposta soviética de deixar Alemaña como país neutral foi rexeitada en 1945 polos países que ocupaban o que constituíuse como República Federal de Alemaña, e anunciaron a remilitarización da mesma; idéntica proposta foi rexeitada en 1952 e 1955 cando Austria acadou o estatuto de neutralidade. A Austria, a Finlandia e Suecia que foron neutrais, as dous últimos estados ata hai dous anos, non lles foi mal, Finlandia acadou o primeiro posto a nivel planetario en diferentes índices de benestar e non foron molestadas nin pola URSS, nin pola Federación Rusa o que puxo en evidencia que non necesítanse nin exércitos estranxeiros nin artigo 5 da carta da OTAN, para ser un país seguro e ...neutral.

Gorbachov disolveu a organización militar Pacto de Varsovia, permitiu a reunificación de Alemaña, propuxo a construción da “casa común europea dende Rotterdam a Vladivostok”  e tivo que escoitar a cínica e mentireira proposta da OTAN, que non se disolveu,  de non ampliarse cando estaban estudando o contrario. 

Así Brzezinski o polaco- estadounidense que chegou a Secretario de Estado nunha administración demócrata e asesor dende Kennedy da maioría de presidentes, publicou en 1997 un artigo, “Unha xeo estratexia para Eurasia”, onde establece a necesidade que Ucraína forme parte da OTAN no 2010, e a división da Federación Rusa en tres, unha europea, outra siberiana e a do oriente máis afastado, unidas nunha confederación moi feble. Idea que para os USA sigue a ter vixencia. No mesmo artigo planeaba “rodear a Rusia no mar Negro”, poñerlle cerco á frota rusa, con Ucraína, Romanía, Xeorxia e Bulgaria que acompañarían a Turquía no obxectivo.

Se pode apreciar perfectamente que a única paz que entenden os, chamémoslles “anglo-occidentais”, é unha “paz hexemónica”, unha paz imposta, baseada no medo ao matón que dita as normas e as cambia segundo os seus intereses. O matón e os seus vasalos, que a xuntanza para explicarlles a que acordos chegou en Alaska, volveu poñer en evidencia o tipo de relacións de submisión por parte dos europeos presentes, que non foron capaces nin de esixir que, aínda que fora para sacar só a foto, parecera ser unha xuntanza entre iguais e non pasar pola humillación, unha vez máis, de parecer un profesor e os seus alumnos.

Non entro no coñecido como Doutrina Wolfowitz,  subsecretario de defensa dos USA, do ano 1992, para non alargar en demasía esta reflexión, pero contén “perlas” extraordinarias sobre as intencións dos “anglos”.

Hoxe os USA-Reino Unido, conseguiron estragar as relacións Rusia- Alemaña que segundo parece, era o maior perigo para o control de Eurasia; pero non acadaron os obxectivos programados ao inclinar a rusos e chineses cara a un pacto que seguramente non pensaban fose posible.


En Galicia, no mes de agosto 2025


No hay comentarios:

Publicar un comentario