A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 20 de marzo de 2011

DEFENDAMOS Ó POBO LIBIO. DENUNCIEMOS A AGRESIÓN IMPERIALISTA.


Carlos Dafonte

O imperialismo, con toda a súa poderosa maquinaria militar, ataca de novo. Esta vez a utiliza contra o pobo libio; e afirmámolo, porque a súa intención, con esta nova intervención, non é satisface-la vontade popular de liberarse do autoritarismo de Kadhafi, que ademais espolia parte das riquezas que producen os traballador@s libios e os que chegan doutras partes do continente, se non para impoñerlle un goberno antipopular constituído por numerosos “kadhafistas” que abandonaron o barco do seu xefe hai poucos días.
Hoxe os argumentos do imperialismo e os seus acólitos, xa non nos collen por sorpresa; son parecidos ós que utilizaron para invadir Iraq, Afaganistán ou a ...illa de Grenada. Sempre os mesmos; van liberar un pobo dun xenocida e impoñe-la democracia, pero os feitos desdín estas afirmacións. As súas intervencións deixan sanguentos rastros de decenas ou centos de miles de mortos civís, destrución da economía, roubo das riquezas, forte división social, aniquilamento das vangardas intelectuais e asentamentos de réximes corruptos que nada teñen que ver con participación e control popular e limpeza electoral. Iraq e Afganistán son bos exemplos de todo o anterior.
O presidente Rodriguez, facendo gala da súa miserable integridade política, desdise de todo canto argumento utilizou cando outro liliputiense político, o presidente Aznar, meteunos na guerra de Iraq; acepta agora o papel de “bo sipaio” ó servizo duns intereses espurios que teñen como único obxectivo rouba-las riquezas do pobo libio. Faino por que máis que un presidente que represente os intereses dos habitantes dun estado, representa os intereses das grandes empresas e dos capitais transnacionais; esta disposto a que asumamos entre tod@s, os cuantiosos gastos que esta aventura militar vai representar para os orzamentos, en momentos de crise e cando se recortan salarios e servizos sociais, para unha grande parte da poboación.
Aínda que as dificultades sexan moitas, hai que dar unha resposta; a sociedade civil galega non pode mirar para outro lado diante desta brutal agresión do imperialismo. Aquel@s que quizais hoxe en Libia, se sintan liberados pola intervención imperialista, pronto van coñecer de primeira man, que representan os conceptos de democracia e liberdade cando os aplican na práctica estes xenocidas. Que @s libi@s lles pregunten ós habitantes de Tunisia, de Exipto, de Iemen, de Marrocos, de Arxelia, de Arabia Saudí, de Iraq.....
A liberación do pobo libio dos seus tiranos ten que ser obra do pobo libio.

En Galicia no mes de Marzo de 2011

domingo, 13 de marzo de 2011

LIBIA: O PETRÓLEO E O GAS FAN MÁIS COMPLEXA A SAÍDA


Carlos Dafonte

Despois do trunfo, aínda que sexa só aparente polo de agora, pois hai aínda moitas cuestións que dirimir, das revoltas en Tunisia e Exipto, o proceso insurreccional non chega a “bo porto” en Libia, curiosamente onde unha parte moi importante, segundo os medios de comunicación europeos, do exército fai causa común cos sublevados. Onde parecía máis fácil avanzar e derrubar a quen monopoliza o poder desde hai corenta e dous anos, a saída parece complexa e todo indica que se entrou nun enfrontamento civil de dubidoso resultado.

miércoles, 2 de marzo de 2011

MULLER E PENSIONAZO. PENSIÓNS: UN PASO MÁIS CARA Á PRIVATIZACIÓN E MENOS PARA A IGUALDADE

 Xulia Mirón

A firma do Pacto Social por parte dos dirixentes de CC.OO e UXT co goberno e a patronal ten un claro obxectivo: que sexa o conxunto da clase traballadora a que pague a débeda do Estado e que bancos e aseguradoras fáganse con miles de millóns de euros a través dos plans de pensións privados. Ademais, os asinantes do pacto aseguráronse de que o seu contido tamén se estenda á reforma laboral e á negociación colectiva. O Pacto supón un retroceso no conxunto dos dereitos da clase traballadora que tanto custou conquistar.

sábado, 26 de febrero de 2011

REVOLUCIÓN NO MUNDO ÁRABE


Roberto Laxe
Cando non ha mais dun mes o pobo de Tunisia derrumbaba a dictadura de Ben Ali e exixia a disolución do seu partido, todos os gobernos europeos comezaran a falar do dictador, ocultando que non facia moito tempo sentabase na mesma internacional que “demócratas” como Zapatero e o PSOE. O mesmo acontecía con Mubarack e o seu partido.

domingo, 20 de febrero de 2011

TUNISIA E EXIPTO AVANZADA DA LOITA POPULAR


Carlos Dafonte
A mobilización popular en Exipto, igual que sucedera en Tunisia, conseguiu que o ditador capitalista Mubarak, dimitira da xefatura do estado e abandonara O Cairo pero non o país. O movemento espontáneo das masas, conseguiu a maior das súas reivindicacións, que o tirano deixe de capitaliza-la vida política do país, pero, desapareceu a tiranía? Exipto deixou de ser unha ditadura?

domingo, 13 de febrero de 2011

PARAFRASEANDO A CLINTON CONTRA BUSH, "É A ECONOMÍA, ESTÚPIDO". É A LOITA DE CLASES, ESTÚPIDO



Roberto Laxe

Agora viran coas teorias da “conspiracion” sobre a caída de Mubarack, que se  o exercito, que se os Ianquis, que se Israel, .... coma sempre os interesados procuraran roubarlle ao pobo excipcio o que é obra súa, da sua loita, a derrota do dictador. A cuestion é demonstrar o mundo, e no concreto á poboacion española, durmida e derrotada desde os anos da Transicion, que a loita non serve para nada, que só podese confiar nas “conspiracions” dos poderosos, no voto aos que mandan. De feito, tentaron un acordo côa oposicion, o home dos ianquis El Baradei, os Irmans Musulmans, etc., un “pacto da Moncloa” que permitira impor as espectativas do imperialismo, unha “transicion pacifica e ordeada”.

viernes, 11 de febrero de 2011

REVOLTAS NO NORTE DE ÁFRICA E NO MUNDO ÁRABE


Carlos Dafonte

En algúns estados do norte de África e oriente próximo e medio, a dureza da crise e as súas secuelas de paro, que se ceiba sobre todo cos máis novos, o aumento da miseria, a falla de perspectivas vitais, a suba dos prezos dos produtos de primeira necesidade, unhas estruturas ditatoriais e o monopolio das riquezas do país por parte dunha minoría, están a producir desde hai cerca dun mes importantes movementos populares nesa ampla e estratéxica zona. En Tunez o ditador e a súa familia fuxiron do país; é vergoñento que o partido do ditador pertenza á Internacional Socialista; en Xordania o sátrapa-rei, cambiou axiña o goberno; no Iemen o presidente decida non presentarse ás próximas eleccións; en Exipto, un dos países con máis peso, a todos os niveis da zona, enormes mobilizacións populares non conseguiron facer dimitir ó presidente Mubarak.