A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 22 de agosto de 2025

A IRRELEVANCIA DA UNIÓN EUROPEA.

Carlos Dafonte

Irrelevancia, é a verba que mellor define hoxe a situación da Unión Europea nun planeta cheo de conflitos. A culpa desta situación non é dos traballadores e dunha cidadanía que en xeral non teñen, dada a magnitude da falla de democracia, instrumentos para modificar a actualidade que debe pasar por botar fora das institucións a quen durante estes anos fixeron posible chegar a esta situación, os membros do Consello e da Comisión.

Como se chegou a esta situación de non ter presenza diplomática en ningún  lugar?, sen posicións estratéxicas de cara aos cambios que se producen e que conleva o paso do unilateralismo, cos USA como hexemón,  ao multilateralismo actual, con China, Rusia, India e Brasil como os elementos máis importantes dentro dos BRICS; non me esquezo de Suráfrica e dos que engadíronse con posterioridade, pero non xogan o papel relevante que xogan os citados. O que hoxe é unha contradición constante  entre os USA apoiados por una UE decadente e Gran Bretaña, algúns deles forman o que se coñece como G-7, que pensan seguen a ser o centro do planeta, e os países emerxentes que agrúpanse nos BRICS e non están moi dispostos a seguir aguantando o “imperialismo de cañonera”  que tentan impor os USA e os seus aliados.

jueves, 7 de agosto de 2025

A UNIÓN EUROPEA RÉNDESE SEN LOITA ÁS PROPOSTAS ECONÓMICAS DE TRUMP

Carlos Dafonte.


Cando Trump hai pouco tempo afirmou que coas súas propostas arancelarias conseguiría “que todos os países farían cola para bicarlle o cu”, tiña algunha razón, pois agás os BRICS que opuxéronse as súas propostas e buscaron novos mercados para os seus produtos, outros si o fixeron, os últimos en facelo os representantes da UE, en cuxa delegación presidida pola da Comisión, Úrsula von der Leyen,  tamén formaban parte ata o que coñezo, o “socialista” portugués Antonio Costa presidente do “Consello Europeo”, a responsable das relacións internacionais, Kaja Kallas, a que ostenta como únicos atributos para o cargo, a sumisión a Von der Leyen e ser unha belicosa que con reiteración, quizais pola súa ineptitude,  fala da necesidade de ir a unha confrontación militar con Rusia, e o Comisario de Comercio Maros Sefcovic


lunes, 14 de julio de 2025

A GUERRA CONTINÚA. OS USA ATACARON IRÁN

Carlos Dafonte.


Pasado un tempo dos ataques de Israel e os USA a Irán, podemos ter hoxe unha mellor perspectiva para analizar o que aconteceu e como vai ser a continuación destes graves incidentes.

Cando afirmaba no anterior artigo que ninguén lle pode facer caso aos “occidentais”, non se pode confiar no que din, e baixo este termo agrupo aos que levan dende a queda da URSS impoñendo os seus criterios, pois menten e enganan constantemente, o ataque a Irán por parte dos USA ven a facer boa a miña afirmación. 

Donald Trump o día anterior ao ataque, afirmou que en dúas semanas tomaría a decisión, cando segundo o coronel norteamericano Douglas McGregor a decisión estaba tomada dende había tempo. O cinismo é algo consubstancial coa carencia de diplomacia entre os partidarios do mundo unipolar, rexido polo seu xefe os USA, e eles actuando como palmeiros, como vasalos, como sipaios do grande xefe, que impón normas que establece e cambia ao seu gusto, pero conculca dun xeito alevoso o Dereito Internacional e tamén o Dereito  polo que se rexe o propio país. Os USA atacan a un estado, Irán, que nada fixo para que este feito se producira, non houbo provocación algunha e sen discutirse nas cámaras onde atópanse os representantes do pobo norteamericano, aínda que máis acertado era dicir, das grandes empresas e os lobbys sionistas que financian as campañas dos “representantes” no Congreso e no Senado. 

miércoles, 2 de julio de 2025

CORRUPCIÓN E/ 0U GOLPE DE ESTADO.

Eusebio López

A clase obreira non pode ser espectador pasivo: están en xogo os seus dereitos

É certo que as imaxes da Garda Civil entrando en ministerios e sedes do PSOE son moi graves, por dous motivos, un, pola sensación de corrupción xeralizada que dan, dúas, porque é a Garda Civil, a institución que o 23F entrou no Parlamento a punta de pistola. Agora parece máis legal posto que no canto de armas de fogo levan “autos” e “requirimentos”. Pero, lembremos o que dixo o filosofo grego, “a política é a guerra con palabras”, e cando estas toman a aparencia de resolucións xudiciais ou bulos xornalísticos son case de “armas de destrución masiva”.

Por iso, resulta patético a miopia e o localismo enfermizo dos medios de comunicación progresistas, cando abren todos as súas noticiarios coas “escoitas” que personaxes como Koldo, Villarejo e demais teñen no seu poder, sen sinalar a previa, a consígna do ínclito Aznar o dos Azores, “o que poida facer, que faga”.

viernes, 27 de junio de 2025

ALGUMAS LIÇOES DOS RECENTES ACONTECEMENTOS: ORIENTE PRÓXIMO E O REARMAMENTO DA OTAN. SABER APROVEITAR AS FRAQUEZAS E CONTRADIÇÔES DO INIMIGO.

Ángeles Maestro [*]

Tigre de papel.

Apesar de termos à nossa disposição as ferramentas do materialismo dialético para compreender os processos sociais, grande parte das organizações e analistas que se dizem marxistas ou utilizam clichés preconcebidos – tentando impô-los repetidamente a uma realidade em mudança – ou se deixam guiar pela imediatez das notícias, sem avaliar os elementos subjacentes. O resultado não é apenas a falta de credibilidade que enfrentam quando a realidade não se ajusta às suas previsões. O mais grave é que tendem a considerar que o imperialismo é todo-poderoso, sem perceber e aproveitar os seus enfrentamentos e fraquezas, precisamente os que o convertem num «tigre de papel».


Dois exemplos recentes ilustram suficientemente estas posições.


O primeiro é a guerra entre o Irão e Israel e a intervenção dos EUA. A grande maioria dos «especialistas» dava como certo que o imperialismo agiria com todo o seu poder e que o lobby sionista imporia os seus interesses, desencadeando «a terceira guerra mundial». A realidade seguiu outros caminhos.


viernes, 20 de junio de 2025

ATAQUE DE ISRAEL A IRÁN CONCULCANDO O DEREITO INTERNACIONAL.

Carlos Dafonte.

O grupo de dirixentes da OTAN e da UE, sempre plantean, como alternativa a quen lles disputa a hexemonía, que eles queren un planeta con normas, unha especie de paraíso, fronte a quen plantea un mundo multipolar, cando a realidade é que durante todos os anos dende a queda da URSS, xa non digamos se ampliamos máis o período, á finalización da IIª Guerra Mundial, os golpes de estado, a imposición de ditaduras, as intervencións contra os dirixentes que querían zafarse do xugo colonial e recuperar a soberanía para beneficiar ao seu pobo, foron constantes, sanguentas e produciron un atraso moi importante na cantidade de estados nos que os colonialistas europeos pousaron as súas poutas.