A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 1 de febrero de 2011

27 DE XANEIRO, O NOVO COMEZA A NASCER


Roberto Laxe
A pesar do silencio “clamoroso” de todos os médios oficiais, dos xornais e as TVs, desenvolveuse a xornada do 27 de Xaneiro; o que comenzara como umha convocatória Folga Xeral em Euskadi, Galiza e despois Catalunya, convirtiuse nunha verdadeira Xornada de Loita Estatal contra o recorte das Pensións e o Pacto Social, desbordando os marcos nacionais dos mesmos convocantes.
Á convocatória da CIG, da Maioria Sindical Vasca, da CGT sumouse o SAT andaluz, convocando dúcias de mobilizacións em toda Andalucia, e a Plataforma “Pararles los Pies”, nun manifesto de apoio ás folgas de Euskadi, Galiza e Catalunya, convocou a unha Xornada de Loita, de Asembleas, Paros e Manifestacións en todo o estado.
Mais alo do resultado concreto das Folgas Xerais, masiva em Euskadi, mais limitada na Galiza e com problemas em Catalunya, o feito é que mentras as cúpulas de CCOO e UXT asinaban un novo pacto social co que pretenden a entrega dos direitos da clase traballadora, atada de pés e mans, aos grandes bancos e empresários, decenas de miles de traballadores e traballadoras de todo o estado saíron á rua para denunciar o que é o Pacto.
Foron miles os que xuntaronse em Vigo, na Bilbao, em A Coruña, em Donostia, em Madrid, em Barcelona, em Salamanca, em Andalucia, etc., etc... A traizón foi contestada na rua. E isto é o novidoso da situación.  O 27 pode ser o principio do fin do “sindicalismo” de pacto e negociación que so leva a aceptar os limites impostos polo capital e os seus gobernos, as conxelacións salariais aos funcionários ao longo de moitos anos, as perdas de poder adquisitivo, a perda de postos de traballo, de aceptación da precariedade como a norma na contratación. O metal de Vigo côa perda do control sindical sobre a contratacion, ao ser disolta a Bolsa de Traballo o ano pasado co acordo de CCOO e UXT sintetiza perfectamente a sua dexeneración.
As organizacións convocantes do 27 X teñen unha tarefa de titanes, xestionar o novo que esta a nascer, non levalo a camiños pechados, e darlle á clase obreira unha nova perspectiva de loita por unha saída obreira e popular á crise.
O 27 foi nos feitos umha Xornada de Loita Estatal. Non anulou as identidades nacionais nin organizativas; o invés, a coordinación na loita deu a cada umha un peso superior á súa realidade concreta, pois demonstrou que é parte dun todo mais amplo que os localismos; a loita na defensa da clase obreira tense que facer por riba das fronteiras nacionais: o todo é superior á suma da partes, é umha verdade filosófica que o 27 X demonstrou.
É a tarefa das correntes sindicais convocantes avanzar neste camiño, da Maioria Sindical Basca, a CIG e as organizacións sindicais galegas que apoiaron (a CUT, o COG, etc.), a CGT, o SAT andaluz, as organizacións que compoen a Plataforma “Pararles los Pies”; teñen que camiñar na procura de pontes de coordinación entre todos eles, que permitan a construcción dunha resposta obreira e popular unitaria á crise.
Mas as bases de CCOO e UXT, os Criticoos de CCOO teñen tamen a sua cota de responsabilidade, non podem seguir baixo a disciplina dunas cúpulas que, no momento mais duro da crise, asinan un Pacto Social que significa un retroceso nas condicións da clase traballadora. O illamento desas cúpulas, a ruptura organizada com elas, é o único xeito de combatir a decepción ou a desesperación que se pode instalar em amplos sectores dos traballadores e as traballadores.
O 27 de Xaneiro demonstrou que é posible respostar ás políticas dos gobernos sem ter em conta, ou contra da opinión das cúpulas de CCOO e UXT. Foi o primeiro paso cara a construcción dun sincialismo de clase e combativo, que recupere as tradicións democráticas e internacionalistas da clase traballadora.
Neste sentido, hoxe máis que nunca esta sobre a mesa a posibilidade dunha construcción dunha resposta europea á crise. Nos últimos meses asistimos á sucesión de folgas xerais, mobilizacións sostidas, manifestacións e loitas em toda Europa contra os planes da Unión Europea e os seus gobernos, que, comandados polo imperialismo aleman, procuran un forte retroceso da clase traballadora. Coordinar forzas, unir loitas, agrupar sobre a base destas loitas é un dos temas centrais na axenda de todas as correntes sindicais continentais que están por fora do “sindicalismo” de pacto social e traizón.
Umha precondición para avanzar, a politización da resposta obreira e popular
O 27 foi unha folga política, contra unha política sindical moi concreta, a das cúpulas de CCOO e UXT de asinar o pacto social e atar á clase traballadora ao carro da burguesia, e colocou como tarefa a ruptura con eles. Demonstrou que son prescindibles para organizar a resposta obreira e popular, e todo aquel que fique atado a eles esta no térreo das organizacións que xá non serven, nin para manter a paz social, é dicer, para o capital, nin  para a loita da clase traballadora.
É o que acontece côas organizacións políticas e sociais que non respostan a unha necesidade social, desaparecen (o órgão non fai a función, senon o revés). Este é o futuro de IU, que trás o pacto, declarou que “non ían enfrentarse a CCOO e UXT”. IU atase as cúpulas que estan a trair á clase obreira do Estado Español.
O novo que esta a nascer trás o 27 X no só é a construcción do sindicalismo de clase e combativo, senon o caracter político dese sindicalismo. Neste terreo há que ser categórico, sem esa precondición, a súa construcción non chegara o porto final. A loita sindical por si mesma, non vai mais alo da reproducción da politica de pacto e negociación, combatida o 27X.
Os obxectivos naturais da loita sindical é a de conseguir melloras para a clase traballadora, e un sindicalismo honesto - non o das cúpulas de CCOO e UXT- pode acadar isas melloras; mas nas condicións actuais, de profunda crise do capitalismo, côa necesidade que este tem de atacar todas as conquistas de clase obreira para recuperar a taxa de lucro, calquer mellora que se conquiste non esta garantida nin un dia.
O exemplo da Bolsa de Traballo do Metal de Pontevedra, conquistada no 2008 e destruída no 2010 é clarificador do que dura unha conquista social baixo o capitalismo, o tempo suficiente para que a burguesia atope aliados na burocracia, para impor a derrota aos traballadores e as traballadoras.
Ningun sector da burguesia vai resolver o que hoxe afecta á clase traballadora e o pobo, o desemprego, os baixos salários, as xornadas laborais de 12 e mais horas, o recorte dos direitos de clase obreira e os pobos, o saqueo da riqueza das nacións, etc.; todo elo esta o servizo da recuperación da taxa de lucro. A única garantia das conquistas no tempo é a mobilización e a loita pola transformación socialista da sociedade, e dicer, que fagan parte dun programa político e poren dunha organización politica.
Este é o sentido profundo da proposta “politizar a resposta obreira e popular”, a construcción dunha organización politica que consciente e abertamente loite pola resolución real das demandas sociais, da clase obreira e os sectores populares, que é o que significa loitar polo socialismo.
Da politización á organización
Se definimos a situacion baixo tres elementos, un, umha profunda crise econômica que esta a devorar o Estado do ben estar e as conquistas laborais, dous, uns gobernos (progresistas ou non) adicados á tarefa dese desmantelamento, tres, a consecuencia obvia de que ese desmantelamento comese a base social e os aparellos que se baseaban nese estado, tudo isto enfrentado a umha resposta social crescente en toda Europa, mas cunha profunda dispersion das forzas politicas e sindicais que se definen anticapitalistas, a proposta é de caixon: Asemblea/Rolda de todos aqueles que loitamos contra o capitalismo e polo socialismo.
É necesario, e dalgun xeito urxente, este reagrupamento para o debate, un, de como desenvolver a mobilización social, e no concreto os elementos que estan na Xornada do 27 de Xaneiro, dous, qué progama politico é o que pode permitir que estas mobilizacións deixen de ser defensivas, para pasar á ofensiva.
Para nós habería tres elementos que definirian ese programa
un, a crise é unha crise do sistema capitalista e polo tanto, a crise ten que pagala quen a criou, o capital, com medidas concretas como o reparto do traballo, nas nacionalizacions, contra as privatizacions, etc. etc.
dous, os gobernos e os reximes actuais da Union Europea, desde Bruxelas ate Compostela, son os xestores directos e responsabéis destas politicas, e polo tanto, é obxectivo central da loita o seu derrubamento.
tres, só a confianza na mobilizacion independente e democrática das masas traballadoras pode facernos avanzar neste camiño; as convocatorias de loita feitas polas cupulas que non sexan parte dun plan de asembleas previas e votadas nelas, comezan a ser un freo para o desenvolvimento dunha verdadeira mobilizacion que poda derrotar os gobernos.
Neste sentido, é imprescindible ter en conta que os enfrentamentos aos que vamos, suporan un importante recorte das libertades tanto individuais (expresion e reunion) como colectivas (folga, manifestacion), asi como dos pobos oprimidos (negacion do direito á autodeterminacion): o saqueo ao que esta sometida Galiza é un exemplo dos obxectivos da ofensiva recentralizadora do Estado Español.
Este ten que ser un obxectivo em curto prazo, a convocatoria a nivel galego dunha “asemblea”, “rolda” ou como se queira chamar de activistas individuais, forzas politicas, colectivos, asociacions, agrupamentos, etc., no que se debatan estas duas cuestions, como primeiro paso para resolver o nú Gordiano da situación: a superación da inexistencia dunha forza politica que teña un obxectivo claro e estratexico frente aos ataques da burguesia.
Os ritmos da loita de clases, como podese ver nos acontecementos no mundo árabe, non deixan marxe para o retraso nos primeiros pasos nesse camiño.
Galiza, a 1 de febreiro do 2011


1 comentario:

  1. Em Portugal passa-se o mesmo, depois da Greve Geral de 24 de Novembro as centrais sindicais CGTP/reformista e UGT-ligada ao governo e aos interesses capitalistas, não só desmobilizaram como congelaram a luta, permitindo assim ao governo aplicar as medidas de austeridade e os cortes de salários, como mesmo a não aplicação do acordo realizado há quatro anos sobre o Salário Minimo a estabelecer de 500 euros no principio de 2o11, contribuindo e facilitando com o desmobilizar da luta para a vitória do candidato mais à direita Cavaco Silva.
    Como conclui Roberto Laxe, também em Portugal também necessitamos de uma grande vassorada nos orgãos dirigentes nas centrais, por dirigentes sérios, combativos e revolucionários.

    Um abraço
    A Chispa! (achispavermelha.blogspot.com)

    ResponderEliminar