A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

sábado, 2 de marzo de 2013

UN DEBATE ESTERIL E UNHA PROPOSTA QUE HAI QUE DEFINIR


Carlos Dafonte

O pasado debate sobre o “estado da nación”, volveu poñer en evidencia o que xa descubrimos desde que se comezou a celebrar á imaxe e semellanza dos que se celebran nos EEUU; que non serven para nada. Só para que os días posteriores, en numerosas faladoiros de radio e televisión, as empresas que fan enquisas e a case totalidade dos medios de información, teñan entretida á cidadanía facendo consideracións e grandes debates deturpados, sobre o que menos importancia ten de todo canto aconteceu na sé das Cortes; como sempre os medios manipuladores e creadores de opinión, destacan o que a eles lles interesa, neste caso como todos os anos: “quen gañou o debate”. Circunstancia que sempre se circunscríbe a unha competición entre os líderes dos dous grandes partidos, o que axuda a fortalecer o sistema bipartito, pedra angular do réxime da transición, do que a oligarquía que nos goberna é a grande beneficiada.

Trátase de falar do superfluo, escondendo e falando moi pouco das intervencións, desde un punto de vista crítico, que é o que máis interese ten para a maioría da sociedade que segue estes debates, se despois do mesmo e do labor dos medios, adquiren un maior coñecementos da situación económica, política e social na que se atopan inmersos, as causas das mesmas e as solucións que se barallaron para modificalas. Nada diso se deu, nin no debate, nin con posterioridade ó mesmo. O debate só serve para amosar un partido no goberno, facendo exercicio de autocomplacencia, utilizando as cifras como lle peta, sempre para predicir un cambio de ciclo que lle vai ser favorable e á oposición protocolizada, neste caso o PSOE, para facer crer que golpea con dureza, pero se dun boxeador se tratara, diríamos que golpea nos brazos do opoñente, un tongo, unha burla para a maioría da sociedade.
Á cidadanía serviulle de moi pouco este debate, o único para reafirma-la súa convicción de que os dous grandes partidos que levan gobernando a maioría dos anos desde a desaparición da ditadura franquista, non se atopan ó seu servizo, e si ó dos “mercados”, banqueiros, grandes empresas, institucións antidemocráticas da Unión Europea, etc., e que utilizan estes debates para facer moito ruído, que pode enganar a inxenuos, pero nas circunstancias actuais, como amosouse nas manifestacións do día 23 de febreiro, hoxe é bastante difícil engaiola-la poboación, con falsas promesas e o tan traído e levado “e ti máis”.
Quérense solucións concretas e neste senso hai que dicir que a esquerda nas Cortes, IU, partindo de que o discurso pronunciado polo seu voceiro principal foi bo, como crítica do existente, negou por primeira vez dun xeito explícito que a alternativa pase por un modelo como o andaluz no que participa, de “unión da esquerda” co PSOE, parece que atrás quedaron aquelas declaracións de Lara de “hai que conseguir que o PSOE xire á esquerda”, sen embargo non foi capaz de presentar, cando non debe ser moi difícil facelo nestes momentos, un programa ben definido que representase unha verdadeira alternativa no económico, no político e no social, é dicir, levar a loita de clases ó seo das Cortes e desvincularse na práctica do “todos son iguais”. En momentos ademais, non sei se foi certo, pero destacouse por parte de diferentes medios, posiblemente pola situación que vive unha parte importante da poboación, nos que medrou a atención da mesma a este debate.
IU, na miña opinión, deixou pasar unha boa oportunidade para situarse no centro dunha alternativa e tentar agrupa-lo seu redor á maioría do que se esta a mover contra as políticas económicas e o sistema político, dar cohesión ós diferentes movementos que nacen e se moven por problemas concretos, pero incapaces de dar unha alternativa global ó sistema capitalista. Necesítase que a cidadanía reciba a mensaxe de que existe outro modelo, onde esgotado o imposto pola U.E. que contou co consenso das diferentes dereitas, PP, PSOE, CIU, PNV, C.C, que levounos á burbulla inmobiliaria e o turismo, hoxe en “horas baixas”, pola crise mundial e a queda do consumo, outro modelo produtivo dicía, que abra novas expectativas de creación de postos de traballo desde unha política de austeridade, pero austeridade desde unha perspectiva de clase, que poña fin ó malgasto capitalista, baseado no consumismo e a depredación da natureza e que rache ca austeridade oligárquica, que golpea duramente á clase traballadora asalariada; o que tenta o poder económico, e as políticas do PP non son resultado da ignorancia, é derrota-los traballadores para inicia-la recuperación da taxa de ganancia, despois de eliminar ós competidores máis febles por parte dos máis fortes que son os que se beneficiarán da crise.
Desde hai tempo, pero estes días volveu a xurdi-la proposta, comezouse a falar de novo da apertura dun “proceso constituínte”, como saída a actual situación; formulacións abstracta, con posibilidade de interpretacións variadas, que de non concretarse máis, pode crear disenso entre quen se está a mobilizar; en primeiro lugar nos contidos dese proceso e en segundo, de como se debe leva-lo proceso adiante.
Abrir un proceso constituínte quere dicir que se está disposto ou a negocialo ou a impoñelo; non chega con amosa-la vontade de camiñar cara ó mesmo; en varios países de América Latina, a creación paciente dun dobre poder levou, por medio da acumulación de forzas a impor procesos deste tipo, que acabaron na elaboración, por parte dunha Asemblea Constituínte, dunha nova constitución máis favorable ás clases populares. Pero nos países de América latina, onde o proceso levouse a cabo, tentábase impor unha democracia burguesa, situación que no estado español xa temos. Vai ser ese o obxectivo a conseguir dos que reclaman ó proceso?
Cando ó réxime da transición atópase en serias dificultades para seguir acadando o consenso que logrou nestes anos, cunha monarquía en claro declive e avanzando cada vez máis a perspectiva republicana, cunha corrupción que non hai nada que indique que o que coñecemos son todos os casos, posiblemente só unha parte cativa da mesma, con seis millóns de parados, ca maioría das institucións do réxime desprestixiadas, entre elas os partidos políticos, avanzar cara a unha Asemblea Constituínte e abrir un proceso deste tipo pode parecer unha saída; pero non debemos deixarnos enganar polas aparencias, no caso de negociar, ca burguesía, engado, ou de impoñe-lo proceso como dixen máis arriba, para os dous casos, necesítanse organizacións dos asalariados revolucionarias fortes, que non estean dispostas a claudicar, e órganos de dobre poder, saídos da sociedade, cas mesmas características; unha proposta como esta, de abrir un proceso constituínte pode servir para desvia-la atención de cal é o obxectivo táctico fundamental hoxe, o agrupamento de activistas e o avance cara a unha organización revolucionaria capaz de constituírse en alternativa política e dar saída, entre outros obxectivos, á mobilización de masas, hoxe, sen perspectiva algunha de avance, todas cun carácter defensivo.
Polo tanto o fundamental é acumular poder e conformar un dobre poder. Todos os procesos de cambios estruturais, leváronse a bo termo, cando ese dobre poder se organizou, participaban as masas, tiñan as ideas claras do que querían e estaban dispostas a loitar para acadar os seus devezos. Pero con máis peso do espontaneísmo que da organización, cas “taifas” na que está mergullado o movemento popular, e moi difícil que a proposta vaia con forza adiante e só sería válido se sitúa na perspectiva estratéxica a superación do sistema actual.

En Galicia no mes de febreiro de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario