A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 17 de septiembre de 2013

A REBELIÓN POPULAR SIRIA E O IMPERIALISMO


Carlos Dafonte

A posibilidade dun ataque dos imperialistas dos EEUU e os seus aliados contra o territorio sirio, que leva dous anos asolado por unha rebelión popular que se converteu en guerra civil, na que diferentes países aportan armas e efectivos humanos, foi o que lle deu nestes últimos días un maior protagonismo ós acontecementos que alí ocorren, xerando toda unha serie de controversias.
Imos facer algunhas consideracións sobre o tema tendo en conta que falar de Siria, é aínda máis complexo que de outros países da zona, pois desde a década dos 70 do século pasado, cando a familia Assad fíxose co poder mediante un golpe de estado, o país pechouse bastante á posibilidade de ter unha boa información.
Siria foi un territorio pertencente o antigo imperio otomano, do que formaba parte xunto co que hoxe é Iraq, Xordanía, Arabia, Palestina, etc, que a traveso do tratado de Syckes-Picot, entre franceses e británicos, en plena primeira guerra mundial, dividen os dominios de quen vai ser considerado derrotado a partires de 1918, facéndose cargo os primeiros da súa administración xunto co espazo que actualmente ocupa Líbano.
Acada a independencia en 1941, pero a soberanía nacional non a exercerá ata 1946 cando as tropas francesas saen definitivamente do país, que desde 1937 funcionaba como unha, en teoría, república parlamentar, situación que se ve interrompida a partires de 1949 cando se producen toda unha serie de golpes militares, tendentes a impedir a unión con Iraq.

Esta posición panarabista de Siria é consecuencia da teorización e construción do partido “al-Baath al -arabi”, por parte de tres profesores da Universidade de Damasco, o filósofo e historiador Michel Aflaq; o científico Salah al-Din al-Bitar e o tamén historiador, filósofo e lingüista Zaki al-Arsuzi. Primeiro foi un movemento que a partires de 1947, congreso fundacional, da paso ó Baath que elixe a Aflag como o seu presidente. Pódense distinguir varias cuestións importantes dentro do mesmo, en primeiro lugar, unha etapa de consolidación ata 1953; a segunda, de expansión fora de Siria, a partires de 1948, preferentemente en Iraq, Líbano e a Transxordania e a terceira, despois da queda da ditadura do xeral kurdo Sahishakli que ilegalizara ós numerosos partidos políticos sirios, cando se lanza a loita polo poder. O ano 53 é tamén cando se fusiona o Baath co Partido Socialista Árabe de Akran al-Hurani, moi forte na rexión de Hama e que lle aporta sectores da pequena e media burguesía; a partires da mesma, o Baath será considerado un partido nacionalista-árabe socialista, ó que tamén se integrarán grupos comunistas.
A partires de 1956 procurará enlazar ca revolución alxerina e xa a súa estrutura e dual, diferenciando unha “dirección nacional” para o mundo árabe e unhas direccións rexionais propias de cada país.
Tamén coñecemos que en 1958, mediante referendo, créase a efémera República Árabe Unida (RAU) froito da unión co Exipto nasserista, sendo ministro de asuntos exteriores un dos fundadores do Baath, Salah al-Din al-Bitar.
En 1963 toman o poder tanto en Siria como en Iraq, e pouco máis tarde divídense nas tendencias proiraquí e prosiria, debilitando o panarabismo.
Siria foi fundadora do grupo dos países “non alineados”, participou na conferencia de Bandung de 1955, na busca dunha “terceira vía” entre os dous bloques liderados pola URSS e os EEUU, e a súa idea de unidade árabe foi sempre un perigo para o imperialismo, que pode controlar mellor as fontes de enerxía que existen no Oriente Próximo e Medio, a traveso de pequenos países ditatoriais que fronte a unidade política e orgánica dun territorio posuidor de inmensos recursos enerxéticos.
Siria mantivo varios enfrontamentos militares co xendarme da zona imposto polo imperialismo, o estado sionista de Israel, que ocupou en 1967 os chamados “altos do Golán”, onde nacen determinados regatos que percorren o territorio israelí, polo que son considerados “estratéxicos” e non foron devolvidos a pesares das repetidas resolucións da ONU.
Siria mantén tamén unha forte presencia política, e ata hai poucos anos tamén militar, no Líbano algo que o imperialismo, que constantemente intervén política e militarmente onde lle convén, non acepta; ademais no seu territorio atópase unha base moi importante de Rusia, resultado da política do pai do actual presidente de achegamento á URSS.
Polo tanto Siria sempre foi un problema para o imperialismo estadounidense, e na lóxica do mesmo, crearlle problemas ó estado sirio sempre un beneficio; para elo utilizou sempre ós seus veciños, Israel, Xordania e Turquía, aliados moi firmes dos EEUU.
Pero a afirmación anterior non nos debe levar a pensar que a rebelión desatada hai dous anos en Siria, é resultado dunha conspiración allea os problemas que ten o país; hai moitos anos que o pulo imprimido polo Baath á política interior, que ata podíase considerar progresista en relación ó que acontecía na zona, decaeu; a queda da URSS, o 11 de setembro de 2001, ca voladura das “torres xemelgas” e a maior agresividade dos EEUU, que ó ser atacados no seu propio territorio considéranse lexitimados para iniciar un período de recolonización do planeta, mediante a chamada “guerra preventiva” contra o terrorismo, axudan a comprender as axudas que poidan recibir as diferentes faccións da rebelión popular, pero o determinante ó meu entender, a xénese da revolta atópase na situación de pobreza dunha parte da poboación, asalariados, pequenos campesiños, artesáns, máis dun 40% atópase nesa situación, polas medidas liberalizadoras de Assad, que rematou cos subsidios e privatizou numerosas empresas que producían beneficios e a falla de todo tipo de liberdades e conculcación sistemática dos dereitos elementais das persoas.
Atopámonos pois nun proceso agudo da loita de clases, cuxa única saída para un sector da sociedade, a explotada, é a rebelión como único xeito de cambiar a situación na que viven.
A torpeza do réxime, que só soubo responder ca represión ás demandas populares, fixo ineficaz a reforma constitucional e encona un problema no que tamén hai pode haber tintes sectarios interburgueses, a familia Assad pertence a unha minoría chiita, os alauitas, nun país de maioría sunní, con enclaves de ortodoxia grega, cristianismo e problemas étnicos como o dos kurdos do norte e os numerosos campamentos de refuxiados palestinos.
Atopámonos cunha rebelión popular, que ó longo destes dous anos de enfrontamento co réxime, foise asentando en dúas patas, o movemento popular e a resistencia armada. O primeiro estruturado a traveso dos Comités Locais de Coordinación, que xorden en pobos, barrios, cidades e que nas zonas liberadas inician procesos de autoxestión e o segundo formado por grupos de rebelde armados pero sen unha coordinación e mando militar único.
Ademais opera o autoproclamado Exército Sirio Libre, con sede en Turquía e armado por ela, formado por soldados desertores, pero cuxa eficacia non esta moi probada.
Por outra banda actúan os yihadistas, chegados a maioría do exterior, financiados maioritariamente por Arabia Saudí, que pose un enorme arsenal de armas químicas, e Qatar, que operan moitas veces ó marxe da rebelión, e se adican, ademais de enfrontarse ó exército regular, á limpeza sectaria e como ocorre no norte, cos grupos de Al-Nusra, a guerrear e combater ós kurdos, que tamén se teñen sublevado contra o réxime.
Hai dous organismos unitarios, pero que non teñen grande influencia no acontecer diario de Siria, o Consello Nacional Sirio apoiado por Qatar e Turquía e a Coalición Nacional, recoñecida por moitos países de Europa e occidente, onde participan os Irmáns Musulmáns, xunto con liberais e outras xentes de dereitas. Son organismos de sectores con mentalidade burguesa que queren eliminar a ditadura dos Assad para poñerse eles no seu lugar e garantirlle a Israel a estabilidade da fronteira, o “status quo”, cousa que xa fai o actual réxime.
Unha pregunta importante, aínda que de difícil contestación e a de “atopámonos diante dunha revolución?”. Cando os comunistas utilizamos esta verba facémolo para referirnos a un proceso de cambio de estruturas, que se enfronta ó capitalismo e se o derrota, inicie a construción do socialismo; cando non é deste carácter, desta natureza, poñémoslle apelidos, “democrática”, “burguesa”, etc. .Creo que en Siria hoxe non podemos falar de revolución, aínda que non dubido que algúns grupos ou comités locais teñan un carácter revolucionario, loiten polo socialismo; considero que do que se trata é dunha rebelión que pode avanzar cara a unha revolución democrática, que estableza toda unha serie de dereitos e liberdades, e se acada eses obxectivos, despois pódese abrir todo un abano de posibilidades, pero para que trunfe, necesítase coordinación e dirección unificada, cousa hoxe moi difícil de conseguir, tamén pola intervención dos países da contorna e dos EEUU e a UE fundamentalmente.
Non debemos esquecer o que dicía Lenin “sen teoría revolucionaria non haberá revolución”; o marxismo era e é, a teoría da revolución, lle pese a quen lle pese, e a pesares de que o neoliberalismo, no debate ideolóxico ten transmitido a importantes sectores populares, durante os últimos corenta anos, utilizando todo tipo de medios moi poderosos, que a teoría marxista é algo anacrónico, pasado de moda, que puido servir para analiza-lo capitalismo do seu tempo, e ser guía para a acción nos finais do século XIX e principios do XX. pero en pleno século XXI, é un instrumento inútil. Pero a pesares de todo canto o liberalismo ten dito, o marxismo segue a ser a única teoría revolucionaria, que o sistema capitalista é incapaz de integrar e só os que combatan a opresión armados co bagaxe teórico do mesmo, estarán en condicións de transformala sociedade.
As revoltas en Oriente Próximo e Medio, así como as do norte de África, son froito da propia crise do capitalismo que estamos a vivir, que ten un carácter moi violento no centro do sistema, nos EEUU. O “progresista” Obama, ten recortado máis de 40.000 millóns de dólares no programa de alimentos para os máis de 50 millóns de pobres, dos que 20 son nenos, mentres o presuposto militar consume o 20 % do presuposto federal, unha cantidade maior que a dos seguintes 13 países que máis gastan en armamento; na zona de Oriente da que falamos as constantes revoltas e as que se anuncian, pódenlle facer perder parte do control sobre unha zona estratéxica; ademais as accións dos diferentes elementos que compoñen o chamado “complexo industrial militar”, que da emprego a mais de dez millóns de traballadores, atopábanse en queda libre; polo tanto o anuncio da intervención militar, ademais de revitalizar en bolsa un sector, que é o que ocorreu, os EEUU, tentan seguir mantendo unha estrutura mundial “unipolar”, que a propia crise ben a dicir que se atopa en decadencia.
Pero teñen aprendido sobre todo de Iraq e Libia; no primeiro, a destrución do estado e as súas institucións, lles permitiu controlar o petróleo pero a cambio de reforzar a Irán, aliado dos chiitas iraquís no poder e Iraq segue a ser un lugar convulso no que se pode dar calquera saída; o fracaso na pacificación obrigoulles a retira-las tropas, substituídas por máis de 60.000 mercenarios de empresas privadas, os chamados “contratistas”. As baixas norteamericanos cóntanse por milleiros o que produciu unha repulsa na poboación; os beneficios da guerra foron para as grandes empresas, o sangue derramada, como sempre, pertencía ás clases populares.
En Libia utilizaron outro método, destruír a capacidade militar do réxime e darlle armas ós rebeldes ata a súa vitoria, pero o resultado non satisfixo os intereses do imperialismo, cas milicias yihadistas ocupando importantes territorios; o resultado final conseguido polas “democracias” imperialistas foi reforzar a quen din combater, actuaron como aliados de Al -Qaeda, o que repercutiu en Malí, e na zona controlada por Francia, o Sahel.
Polo tanto, en Siria e na súa contorna, se producirá unha nova táctica para destruír o que consideran inimigos: reforzar en primeiro lugar, os tres pes sobre os que se asenta a política dos norteamericanos na zona, Israel, o exército exipcio, o golpe ten bastante que ver con isto, e Arabia Saudita, e en segundo, non permitir que ningún dos contendentes de Siria venza; en palabras de Edward Luttwak investigador e analista do Center for Strategic and International Studies: “A Administración Obama debe resisti-la tentación de intervir con maior forza na guerra civil de Siria. Unha vitoria de calquera dos dous lados non debe ser desexada polos EEUU. Neste punto, un estancamento prolongado é o único resultado que non prexudicaría os intereses estadounidenses” (...) “Só hai un resultado que posiblemente poda favorece-los estados Unidos: un empate indefinido”.
A nivel internacional estalou unha controversia importante, a mesma que xurdiu ca invasión de Iraq e a agresión a Serbia. Os que nos opoñemos a intervención imperialista, apoiamos os réximes que este atacou? Nada máis lonxe da realidade, no meu caso, polo menos. Estou contra as intervencións imperialistas pola razón de que todas as levadas a cabo por países que o son, leváronas a cabo non para beneficiar a algunha das partes senón para beneficiarse el a traveso do trunfo dunha das partes en conflito; nos conflitos de clase, non fai falla que haxa conflito armado para que interveña, o caso de Chile e o cono sur de América Latina son exemplos reveladores, só actúa polos seus intereses, que coinciden sempre cos da clase explotadora. E para facer isto engana, mente, crea probas falsas e recorre a toda canta mentira se poda inventar co apoio dos medios de comunicación que controla, que son a grande maioría. Iso en primeiro lugar, en segundo, porque unha parte da poboación do planeta non aceptamos que un país ou países cuxas clases dirixentes a traveso da historia practicaron o xenocidio, explotaron e explotan a unha parte maioritaria do planeta, producindo incontables calamidades e miserias nas poboacións, impoñan as súas regras á comunidade internacional. Non teñen lexitimidade algunha para facelo.
No caso que nos ocupa, dou o meu apoio a que a actual rebelión se transforme nunha revolución, que loite pola transformación da sociedade actual nunha sociedade socialista. Iso nunca acontecerá se o imperialismo mete as súas garras no conflito.

En Galicia no mes de setembro de 2013

2 comentarios:

  1. Estimado Carlos: aprecio mucho tu aporte histórico al hacernos reflexionar el problema actual de Siria en la problemática común que tiene con otros países "recientemente constituidos": resultado de la cuestión colonial y del movimiento antiimperialista o de reafirmación soberana de la propuesta de Nasser de crear la coalición llamada la gran nación árabe, etc. Y, además, Siria forma parte del modelo de socialismo árabe (con todas las matizaciones que se puedan hacer a ello) que junto con Iraq y Libia logran modernizar sus sociedades con principios mucho más democráticos que ningún otro país del lugar y allende de la zona (caso nuestro).

    Hecho en falta un análisis de clase internacional incluyendo a Siria como parte del gran plan: Siria es una pieza más del tablero de ajedrez que tiene otras piezas mucho más poderosas o estratégicas para el imperialismo de Estados Unidos: cómo retrasar o dificultar la consolidación de China como potencia económica (acaparadora de recursos energéticos, y civilización no asimilable por occidente) y debilitar a Rusia como potencia militar, que no sea un obstáculo principal ahora, o después, para seguir desplegando la estrategia de las "rebeliones populares" en Oriente Próximo (lo que Clinton mujer y Obama llaman: la guerra no abierta o por medios más persuasivos).

    El tema interno: la necesidad de rebelión social (la cuestión interna) para salirse del neoliberalismo del gobierno sirio actual, es una cuestión que si ha llegado a tener relevancia en un inicio, no hay datos objetivos suficientes para evaluarlo, lo seguro es que en la situación actual eso no va a prosperar. Y con aliados como son los invasores (grupos criminales creados y soportados por occidente que han llevado a cabo la destrucción de Iraq y Libia) la pregunta que hay que hacerse es si va a quedar algo de Siria en pié después de su destrucción imperialista. Yo no apoyo esta guerra imperial del capitalismo y, por tanto, tampoco a las fuerzas internas que se apoyan en ella. Creo que es el momento de unirse todos los sirios como nación, solucionar internamente las cosas y hacer frente a la desaparición de Siria como nación. (La postura de Lenin sobre la guerra, creo que facilita alguna reflexión a considerar en este tema de Siria, aunque es obvio que la revolución de octubre no está dándose en territorio sirio, ni en otro lugar).

    El Otro País abre el nuevo número con el titular que aclara la situación: Obama a punto de crear la guerra mundial, y es que Siria es el pretexto para intentar solucionar la crisis del sistema total (el Papa nuevo, lo dice de otra manera: es la guerra la economía...)

    Un cordial saludo

    Magdalena

    ResponderEliminar
  2. Estimado Carlos: aprecio mucho tu aporte histórico al hacernos reflexionar el problema actual de Siria en la problemática común que tiene con otros países "recientemente constituidos": resultado de la cuestión colonial y del movimiento antiimperialista o de reafirmación soberana de la propuesta de Nasser de crear la coalición llamada la gran nación árabe, etc. Y, además, Siria forma parte del modelo de socialismo árabe (con todas las matizaciones que se puedan hacer a ello) que junto con Iraq y Libia logran modernizar sus sociedades con principios mucho más democráticos que ningún otro país del lugar y allende de la zona (caso nuestro).

    Hecho en falta un análisis de clase internacional incluyendo a Siria como parte del gran plan: Siria es una pieza más del tablero de ajedrez que tiene otras piezas mucho más poderosas o estratégicas para el imperialismo de Estados Unidos: cómo retrasar o dificultar la consolidación de China como potencia económica (acaparadora de recursos energéticos, y civilización no asimilable por occidente) y debilitar a Rusia como potencia militar, que no sea un obstáculo principal ahora, o después, para seguir desplegando la estrategia de las "rebeliones populares" en Oriente Próximo (lo que Clinton mujer y Obama llaman: la guerra no abierta o por medios más persuasivos).

    El tema interno: la necesidad de rebelión social (la cuestión interna) para salirse del neoliberalismo del gobierno sirio actual, es una cuestión que si ha llegado a tener relevancia en un inicio, no hay datos objetivos suficientes para evaluarlo, lo seguro es que en la situación actual eso no va a prosperar. Y con aliados como son los invasores (grupos criminales creados y soportados por occidente que han llevado a cabo la destrucción de Iraq y Libia) la pregunta que hay que hacerse es si va a quedar algo de Siria en pié después de su destrucción imperialista. Yo no apoyo esta guerra imperial del capitalismo y, por tanto, tampoco a las fuerzas internas que se apoyan en ella. Creo que es el momento de unirse todos los sirios como nación, solucionar internamente las cosas y hacer frente a la desaparición de Siria como nación. (La postura de Lenin sobre la guerra, creo que facilita alguna reflexión a considerar en este tema de Siria, aunque es obvio que la revolución de octubre no está dándose en territorio sirio, ni en otro lugar).

    El Otro País abre el nuevo número con el titular que aclara la situación: Obama a punto de crear la guerra mundial, y es que Siria es el pretexto para intentar solucionar la crisis del sistema total (el Papa nuevo, lo dice de otra manera: es la guerra la economía...)

    Un cordial saludo

    Magdalena

    ResponderEliminar