Carlos Dafonte.
Atopámonos ao inicio dunha nova fase política que permita superar o unilateralismo hexemónico dos USA, que conta co beneplácito da UE, e entrar nunha fase baseada no multilateralismo, que permita unha nova visión das relacións internacionais e, con seguridade, vai beneficiar á maioría da poboación. Unha primeira pregunta que podiámonos facer é, como vai a estar organizado o novo orde mundial?
A maioría dos medios de comunicación sobre todo europeos e norteamericanos, consideraron a xuntanza como un ataque a “occidente”, cando a realidade nada do que trataron tiña que ver con “occidente” directamente; trataron sobre cales son os obxectivos dos compoñentes da OCS, como organizarse, como traballar en conxunto, como atraer a novos países, etc.; e neste senso se tentas organizar o multilateralismo, está claro que rexeitas o orde mundial unipolar de hexemonía liberal que ata hai uns anos era o dominante, pois como afirma Glenn Diesen, “quedou claro que o sistema hexemónico non logrou axustarse as novas realidades e que os excesos de liberalismo non conseguiron xerar orde. Xurdiron novos centros de poder que loitan por restaurar a multipolaridade e rexeitan o universalismo liberal”.