A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

jueves, 1 de enero de 2015

SON OS BANQUEIROS E MULTINACIONAIS ESTÚPIDOS?

Roberto Laxe

Esa é unha pregunta que xorde cada vez que se fala de que non hai "crédito" para os sectores produtivos, para as familias, para o consumo.

A banca non dá crédito, por iso a economía esta paralizada; as familias non consomen.... e a economía esta paralizada. E culpan aos banqueiros diso, coma se os banqueiros fosen uns estúpidos que queren afundir a economía, pensando que eles non son "economía".


Non é cuestión de salvar aos banqueiros, que na procura do seu enriquecemento persoal, son capaces de afundir unha economía; pero a banca como empresa capitalista sabe ben que a súa riqueza sae do traballo humano, sábeo perfectamente, porque eles son accionistas ou acredores da maior parte das empresas produtivas, e saben que se estas non funcionan, os seus beneficios desaparecen.

Se os banqueiros non dan crédito, e dedican o seu diñeiro (e o recibido de todos a través dos rescates) á especulación, é porque a crise económica ha xurdido da caída dos beneficios nos sectores produtivos... Dito doutra maneira, se houbese un ou varios sectores produtivos que desen os beneficios aos investimentos que no seu momento deu a construción, o automóbil, a minería, ou o que fose... veriamos como volvía o crédito.

Teñen que recuperar esa taxa de beneficios que ao longo de anos lles deu diñeiro, e iso, a estas alturas do desenvolvemento do capitalismo, ten que vir dunha combinación entre destrución das condicións de traballo da clase obreira, da rebaixa dos seus salarios, a incorporación ao mercado capitalista sectores que hoxe ao ser estatais, escapan ás súas leis (a sanidade, a educación); pero isto non chega... precisan de novos sectores produtivos que teñan unha taxa de beneficios mais alta que a simple especulación.

Os vellos sectores produtivos, sexa o que sexa, están a chegar ao limite (a temida deflación) na taxa de beneficios; a súa capacidade produtiva é tan grande que o valor real da mercadoría aproxímase cero. Pero as súas estruturas empresariais seguen en pé, son as que dominan hoxe o panorama produtivo. Nos laboratorios hai moitas investigacións que poderían dar un salto, non obstante o ?vello? capitalismo, as vellas estruturas de poder, impídeno; como aconteceu nos anos 20 ou 30, que sentaron as bases tecnolóxicas para os anos 50 / 60 e posteriores. Os "adiantos" técnicos que permitiron ese despegamento (a TV, a informática, a aviación, os novos materiais, etc.) estaban descubertos antes da II Guerra. Con todo, o capitalismo precisou desa matanza xeneralizada que foi a II Guerra para sentar as bases sociais e económicas que permitisen ese desenvolvemento. O capitalismo, como din cínicamente Schumpeter, precisa da "destrución creativa" para desenvolverse; o drama é que estamos nun nivel tan alto de avances tecnolóxicos que ou se planifica democraticamente a economía ao servizo da poboación traballadora, ou o mundo asómase de novo á barbarie.

Os banqueiros e as multinacionais non son estúpidos, son, simplemente, capitalistas atados por unhas leis económicas que actúan queiran ou non. Por iso, centrar as críticas na chamada "oligarquía/caste" ou como se lle queira chamar, e contrapolo aos sectores produtivos, coma se estes non estivesen atados tamén ás leis do mercado e a explotación capitalista, é un engano á poboación. É unha volta ao carrillismo dos anos 70, cando na crise do franquismo, buscaba capitalistas "non oligárquicos" cos que pactar a Transición, e atopounos... O final deses pactos é de todos coñecido.

En Galiza a 1 de xaneiro de 2015

2 comentarios:

  1. Non estou de acordo no concepto que ti utilizas da tasa de beneficio decrecrente nas empresas privadas. A realidade empirica o desmente y a ley de rendementos decrecentes de David Ricardo da que parte ese concepto estaba pensada para situacións de medios de producción fijos estables no tempo(terreos agricolas en Inglaterra) que na practica non se dan, Ese beneficio nas empesas pode aumentar ben con innovacions tecnoloxicas tal como ti mismo comentas, ben con aumentos na escala productiva que den lugar a mayor eficiencia, etc..Incluso podese incrementar a tasa de benefico con meros aumentos de calidade non innovadores. Na miña opinión o capitalismo-empresas privadas non caera por ahi. Caera pola desiguldade intrensica e invetivalbe que crea.
    Si o estou en que Podemos non será a solución si tamen quere sólo buscar capitalistas 'bos'.
    Me interesa a teu analisis socialista da recesion y da crise (visto en este y en outros articulos) pero no vexo no blog un correo electronico donde poder debatir algunhas cuestions de economia politica si estuveses interesado.Por ejemplo a tu opinión sobre a mal chamada 'edad de oro del capitalismo' 1945-1975.Este seria o meu email:antoniootero222222@hotmail.es. Saludos cordiales. Antonio Otero.

    ResponderEliminar
  2. A tendencia decreciente da taxa de lucro é, nas palabras de Marx, a "principal lei da economía politica", porque sen ela non se entenden as crises capitalistas mais alo de explicacions sicoloxicas ou individuais.
    Non é unha lei absoluta, senon tendencial, frente á que se dan, tamen según Marx, forzas contrarrestantes que limitan a sua actuación, mas non a anulan; polo que é unha tendencia que se move en perspectivas historicas, non a curto prazo.
    Desgraciadamente nas ciencias sociais non existe un CERN, un acelerador de partículas, que permitiu demonstrar empiricamente a existencia do boson de Higgs. Ainda así ha economistas como M Husson, E Shaikh, ... que teñen estudado estadísticamente a existencia da Tendencia decreciente o longo dos anos.

    ResponderEliminar