A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

lunes, 31 de julio de 2017

TÓMANNOS POR ESTÚPIDOS?

Roberto Laxe
Que demos fai a Garda Civil tentando entrar na Generalitat e no Parlamento catalán, coa peregrina xustificación de que "buscaban información do 3%". Seica a GC entrou no Parlamento Español ou na Moncloa, buscando información da corrupción desa suposta banda criminal (os xuíces dixit) que é o PP?
Esa xustificación non é máis que outra manobra para asustar ante o 1 de outubro... Cospedal afirmando que "hai tanques", Zoido dicindo que "hai armas suficientes", agora a GC. Que non coa.

Que a burguesía cataláé corrupta, iso non o dubida ninguén, como o é a española (con casos de corrupción para aburrir), a galega (segundo narcotraficantes, a eles convíñalles " que gobernase o PP", e as fotos de Feijoo co narco Dourado son máis que evidentes)... Como tamén o é a francesa, que Macron xa viu como varios dos seus ministros tiveron que irse. E a italiana,.... E Trump?, con decenas de casos xudiciais contra el. Que burguesía non é corrupta...
Pero quen debe encarcerar e facer xustiza neste caso non son as institucións dun estado como o Español, que aínda non condenou o réxime máis corrupto da nosa história, o franquismo, e descansa sobre 120 mil desaparecidos / as, senón o propio pobo catalán.
É a clase traballadora catalá a que debe pedir contas aos seus políticos, aos seus Pujol e Artur Mas, a todos os que son cómplices da corrupción e as políticas de recortes; porque o fondo da cuestión non é a corrupción, senón as políticas que desde a UE e todos os gobernos aplicaron contra os traballadores e as traballadoras, empobreciéndolos dunha maneira sistemática. Non fagamos como o necio do refrán oriental, de mirar ao dedo (a corrupción) cando nos sinalan a lúa (as políticas de desmantelamento das conquistas laborais e sociais).
A Generalitat é responsable desas políticas e de ser parte da corrupción, e por iso deberá responder ante a clase traballadora e o pobo catalán.

En Galiza no mes de xullo 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario