Polo seu nome en inglés,
o Trasatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP) que eu
denominarei “Tratado de Libre Comercio UE-EEUU”, supoño segue a
negociarse entre a máis absoluta desinformación. Por parte da Unión
Europea, negocia un chamado “Grupo de Traballo de Alto Nivel para o
Emprego e o Crecemento” (HLWG), creado en 2011. Cando o
“Observatorio da Empresa Corporativa”, preguntoulle á Comisión
Europea quen formaba parte do mesmo, contestoulle despois dun tempo
que o grupo “non ten membros identificables” e que “non hai
ningún documento que conteña a listaxe dos autores dos informes”.
Tampouco houbo resposta cando se lle preguntou polos “expertos
externos” nin cando solicitaron listaxe das xuntanzas cos grupos
empresariais, que segundo parece, son os que están a marcar a
axenda.
A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.
G. Lukács
miércoles, 3 de diciembre de 2014
miércoles, 26 de noviembre de 2014
A REVOLUCIÓN COMO "APOSTA MELANCÓLICA"
Roberto Laxe
Nunha recente entrevista a M Lowy en Anticapitalistas.org, un dos teóricos máis importantes dunha das fraccións da IV Internacional, o Secretariado Unificado, fai unha afirmación moi preocupante por vir dunha persoa que se reivindica como trotskista: a revolución como "aposta melancólica", din, porque moitos dirixentes marxistas foran asasinados.
Que intelectuais provenientes do stalinismo caíalles o Muro de Berlín na cabeza e estean "melancólicos", enténdese: confiaban na Patria Socialista, a URSS; pero que os que veñen do trotskismo estean "melancólicos", xa é máis difícil de entender. A IV Internacional fundar en 1938, porque consideraba que na URSS había que facer a revolución política, acabar coa burocracia e avanzar ao socialismo. Pero xa o mesmo Trotski, na Revolución Traída, situaba perfectamente a disxuntiva de que ou a revolución política era dirixida por un partido de "tipo bolxevique" (dicía literalmente), ou o camiño desa revolución era a restauración do capitalismo. Desgraciadamente, na URSS, nin nos demais estados obreiros houbo un partido deste tipo, e o camiño foi o da restauración. Os trotskistas XA SABIAMOS QUE ESA VARIANTE SE PODERÍA DAR, e chamarse a engano porque sucedeu desa maneira non ten ningún sentido. O balance habería que facelo a partir do porqué non existiu un partido de "tipo bolxevique", e non cuestionalo todo, encerrándose nunha "melancolía" derrotista.
lunes, 17 de noviembre de 2014
ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE O ESTADO, O DOBRE PODER E A HEXEMONÍA (PARTE II)
Carlos Dafonte
OS ELEMENTOS
CONSTITUTIVOS DA HEXEMONÍA
Gramsci foi
abrindo perspectivas diversas, algunhas poden parecer contraditorias
ó longo da súa reflexión, difícil reflexión na cárcere, sobre
aspectos fundamentais do seu concepto de hexemonía e das
relacións entre estado e sociedade civil.
Reflexións
moi valiosas para axudarnos a comprender hoxe o xeito en que se
produce o dominio dunhas clases sobre outras e que Anderson estudiou no seu libro “As antinomias de Gamsci”, destacando as
contradicións que algunhas veces parecen existir no seu pensamento.
Por
exemplo, noutro pasaxe dos “Cadernos” formula o problema da
hexemonía non como unicamente unha cuestión de
consenso e centrada na sociedade civil, senón como unha suma de
consenso máis coerción compartida entre a sociedade civil e o
estado: O estado exerce a coerción e a sociedade civil o consenso.
Formulación que pode inducir a equívocos e non permite comprende-la
realidade.
Tamén, e posiblemente resultado da
análise sobre o que acontecía na súa patria, do poder exercido
polo totalitarismo fascista, da identificación estado- partido, da
existencia de bandas de paramilitares, que acosaban e destruían as
organizacións obreiras e partidarias, formula en determinado
momento, a identificación total entre sociedade civil e estado,
chegando case a negar a existencia da primeira, o que pode levar a
interpretacións de carácter ultraesquerdistas, como aquelas
que consideran que toda democracia burguesa é fascismo. Di Gramsci:
“ Por estado debe entenderse non só o aparello gobernamental,
senón tamén o aparello privado da hexemonía ou sociedade civil”
e sentencia “en realidade, sociedade civil e estado son unha e a
mesma cousa”. “A sociedade civil é tamén parte do estado, en
realidade é o estado mesmo”. Quen non distinga un réxime
democrático-burgués do fascismo, aínda que ambas las dúas son
formas da ditadura do capital, esta a caer nunha política sectaria
como a do “terceiro período”, onde identificábase, mediante a
teoría do social-fascismo, á socialdemocracia cos nazis e
fascistas, de onde xurdiu a negativa da fronte obreiro para combater
cos primeiros ós segundos. Na actualidade esta posición dificulta a
comprensión das especificidades da democracia nas sociedades do noso
entorno.
lunes, 10 de noviembre de 2014
CORRUPCIÓN, A ESENCIA DO RÉXIME?
Roberto Laxe
Non hai día en que a
poboación non esperte cun novo caso de corrupción, aos xa “históricos”
Barcenas, Gurtel, EREs,... agora aparecen os cartóns “opacos” de Bankia, ou a
operación Punica... Isto polo que fai ao Estado Español, pero cada nación ou
rexión do estado ten os seus asuntos, como na Galicia a Pikachu, a Pokemon, e
ducias de alcaldes e concelleiros “pringados” en subornos, prevaricacións,
etc., etc.
A corrupción é parte
estrutural dun réxime, o do 78, que se basea no esquecemento e perdón dos que
ao longo de 40 anos de ditadura fixeron de “España” o seu casarío persoal; e
así seguen considerándoa. É consustancial, estrutural ao tipo de capitalismo
que se desenvolveu, o “capitalismo castizo” que nasce, cresce e desenvólvese
nas proximidades do aparello do estado, das concesións en infraestruturas ou
servizos privatizados, nas recualificacións do chan, nas subvencións para
cursos ou para a venda de automóbiles (plan Prive).
lunes, 3 de noviembre de 2014
ALGUNHAS REFLEXIÓNS SOBRE O ESTADO, A HEXEMONÍA E O DOBRE PODER (PARTE I)
Carlos Dafonte
Varias son
as cuestións, relacionadas co anterior, sobre as que debemos
reflexiona-los cidadáns dos países do centro do sistema
capitalista.
martes, 28 de octubre de 2014
PORQUE APOIAR O PROCESO SOBERANISTA CATALÁN "DESDE FORA"
Roberto Laxe
Existe unha tendencia inducida a considerar o
proceso soberanista catalán como unha cortina de fume para tapar os
problemas fundamentais da sociedade, e teñen parte de razón: se o
goberno central houbese deixado decidir, é dicir, con facer un
referendo como acaban de facer os escoceses quitarían moita tensión
ao proceso, situándoo na pregunta central: a soberanía dun pobo
axuda ou non a saír da crise. O réxime a través do goberno e os
seus partidos (PP, PSOE, UpyD), ao que agora súmanse sectores do
exercito, negan o máis simple dos dereitos democráticos. E aquí é
onde entra o porque “desde fóra” hai que apoiar o proceso
catalán.
martes, 21 de octubre de 2014
POLA CONCRECIÓN DUNHA ALTERNATIVA SOCIALISTA COMO ÚNICA SAÍDA DA CRISE, AXEITADA ÓS INTERESES DO POBO TRABALLADOR
(Convocatoria dun
Encontro Aberto a tod@s
cant@s
activistas queiran participar)
LIMIAR
O proxecto de
sociedade que chamamos socialismo, onde as maiorías sociais podan
vivir sen ser explotadas, organizando o traballo en base a principios
igualitarios e de capacidade, asumindo un reparto xusto da riqueza
que producen, impoñendo un sistema de participación e toma de
decisións que se atope ó servizo da maioría e penetre en todos os
eidos da actividade humana, respectando o medio ambiente e
establecendo con firmeza a igualdade entre o home e a muller, foi
sempre ó longo da historia, unha necesidade. Desde a aparición da
propiedade privada ata a actualidade.
Pero
hoxe en pleno século XXI, a construción da nova sociedade, é unha
cuestión de supervivencia, analicemos a situación desde o centro ou
desde a periferia do sistema capitalista; desde o centro do sistema
capitalista, porque non queremos retroceder a décadas pretéritas,
que nos fan lembrar como nos momentos de crise, o capitalismo
recorreu a guerras e agresións intercapitalistas e a creación do
fascismo, o nazismo e o franquismo nin que se carguen os custes da
saída da crise, sobre as costas da grande maioría da poboación das
zonas periféricas, pero tamén pola necesidade de preserva-lo
planeta da agresión que significa o actual sistema.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



