A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 27 de enero de 2019

GALICIA NECESITA UN CAMBIO URXENTE DE RUMBO. CONTA COS INSTRUMENTOS PARA LEVALO A CABO?



Carlos Dafonte.

            Hai uns anos, no pleno desenvolvemento da crise cíclica do capitalismo, aceptamos unha expresión que Beiras verbalizou, que indicaba unha situación da que os sectores da esquerda galega éramos conscientes dende antes do inicio da mesma: “Galicia atópase nunha situación de emerxencia económica -social” e como resultado desa diagnose, e conscientes importantes sectores d@s traballador@s galeg@s da necesidade de avanzar artellouse  unha alianza entre sectores da esquerda non nacionalista e nacionalistas de esquerda, que se formalizou na Alianza Galega de Esquerdas (AGE).
Ben pola razón de que se cavilara máis na hexemonía electoral que na social, o medo a determinadas críticas, ou outro tipo de razóns, AGE ficou como un grupo parlamentar e no deu o paso seguinte, constituírse nun movemento político, social e cultural organizado, e cando en Galicia se deron os pasos para facelo, En Marea, o éxito electoral tanto en Galicia como nas eleccións a Cortes foron importantes. Pero o pensamento pequeno burgués, moi hexemónico na nova organización, paralizou e rachou co que puido ser e non foi.
           

lunes, 7 de enero de 2019

QUE TEN QUE VER A VÉRTIXE, O BALEIRO DE ALTERNATIVA POLÍTICA DE ESQUERDAS E A EXTREMA DEREITA.


Roberto Laxe
Que ten á sociedade profundamente asustada?.
A manifestación dese medo social é que teñen un calado social importante os discursos, sobreactuados en moitas ocasións, da extrema dereita, marcando incluso a axenda política das organizacións da esquerda.
Desde o estalido da crise no 2007, e a consecuencia dela, os procesos sociais e económicos, as "placas tectônicas" da sociedade movéronse a unha velocidade de vertixe; emigracións masivas, países destruídos por guerras, destrución de conquistas sociais, etc. Mentres, os avances tecnolóxicos no campo da xenética e todas as súas derivacións tanto nos seres humanos como na natureza, da biotecnoloxía e a nanotecnologia, a industria do grafeno, ... abren unhas perspectivas sociais tremendamente esperanzadoras.

miércoles, 26 de diciembre de 2018

A POS-MODERNIDADE E VOX


 Roberto Laxe
Hai uns meses a Casa Branca -si, onde reside Donald Trump- encargou un informe sobre o cambio climático; os xornalistas, no cume do G20 aproveitaron para preguntarlle a súa opinión sobre o citado informe, e Trump contestou: “lin algunhas das súas follas... e non mo creo”.
Este catro palabras (“non mo creo”) resumen a lóxica introducida no razoamento da sociedade pola pos modernidade, da que o posmarxismo non é máis que unha dos seus partes,... a máis reaccionaria.
O informe que a mesma Casa Branca encarga afirma, polo que parece, que existe o cambio climático; que é un feito obxectivo, “créallo ou non Trump”. Pero para a sociedade, educada en crítica pos moderna e pos marxista á existencia dunha realidade obxectiva, o que vale; o “argumento” de peso, é a afirmación Trump, absolutamente subxectiva: “non mo creo”. O informe é opinable, o que vai a misa é o “non mo creo”.

martes, 18 de diciembre de 2018

OS CAHELECOS AMARELOS E OS GRAVES PROBLEMAS, NON SÓ ECONÓMICOS, DA U.E.


Carlos Dafonte

Tamén son problemas políticos e de primeiro orde, os problemas que acucian á UE; senón tiñan bastante os burócratas de Bruxelas con resolve-lo labirinto do “brexit” e todo o que iso implica, aspectos segredos do mesmo e revolta na Cámara dos Comúns para coñecelos, que puxo a Teresa May no disparadeiro e a obriga a que non volva a presentarse, ou a inestabilidade que xera as dificultades electorais de Merkel en numerosos lander que lle obrigan a marcharse, ou unhas posibles próximas eleccións en Italia, onde a Liga sobarda nas enquisas ó “Movemento 5 Estrelas” e pode que faga o posible para que isa nova situación tome carta de natureza na Cámara italiana, ou porque non, unha novas eleccións no “reino borbónico”, onde os nacionalistas non van facer concesión algunha diante da ameaza dun Tribunal Supremo que está disposto a enterrar en vida na cárcere a numerosos líderes catalás.
Pois ben, o piar máis firme desta UE imperialista e antidemocrática ó servizo da oligarquía, xunto con Alemaña, Francia e a súa cabeza visible, o Presidente Macron, atópase en serias dificultades por un movemento en principio espontáneo, coñecido como os “chalecos amarelos”, que acontece xusto 50 anos máis tarde que o célebre e celebrado maio de 1968, que anunciou non só en Francia, que se terminara o período de “vacas gordas” iniciado após do final da II ª Guerra Mundial e iniciábase o das “vacas fracas”, do que parece a economía mundial, agás pequenos períodos de bonanza, incapaz de saír.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

O PRODUTO PANEUROPEO DE PENSIÓNS INDIVIDUAIS, O CAMIÑO DE PRIVATIZACIÓN DAS PENSIÓNS.


Roberto Laxe

Se alguén pensaba, así fose un minuto, que coa caída de Rajoy abríase unha porta a outra política, que llo vaia quitando da cabeza. O FMI, a UE e todos os poderes fácticos xa axitaron contra a ridícula subida de 900 euros do SMI; ameazan que esta subida faría cambalear todo o edificio do sistema. Xa lles vale!
Este goberno vai ser, e é parte do problema, non da solución; e para garantilo xa está a “comisaria política” en forma  de ministra de Economía; unha persoa que vén das entrañas da Comisión Europea. Ela é a garantía de que este goberno non se move nin un pelo dos limítes de austericidio e privatizacións que a Unión Europea vén impulsando desde a súa constitución, alá polo 92 e o Tratado de Maastricht.
Neste sentido, en xuño do 2017 a Comisión Europea enviou ao Parlamento Europeo unha proposta de regulamento chamado “Produto Paneuropeo de Pensións Individuais”(PEPP). Baixo este pomposo titulo, e a suposta defensa das pensións públicas, esconden un ataque en profundidade, e “paneuropeo”, contra os sistemas públicos de pensións.

lunes, 3 de diciembre de 2018

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE AS ELECCIÓNS ANDALUZAS 2018


Carlos Dafonte.

Saltou a sorpresa? Os resultados foron inesperados?. O Psoe con todo o que se foi descubrindo ó longo destes últimos anos, con respecto á corrupción e os xuízos que en Andalucía se están a celebrar, eu tiña a impresión que non debían saír indemne.
Tamén que algo se estaba a “cociñar” dende había un tempo, como resposta ó acontecido en Cataluña; foron alarmantes as importantes contramanifestacións en Barcelona nas que participaron dun xeito destacado, sen decatarse do que representaba a súa presenza e o seu apoio, persoas progresistas e de esquerdas mesturadas con C's, Pp e toda unha serie de grupos que perfectamente poden configurar Vox; o nacional-populismo español estaba a saca-la cabeza en moitos lugares cun certo tufo neofranquista, cada vez máis envalentonado na “defensa da unidade da patria”, contra o estado das autonomías, contra a Lei de Memoria Histórica ou contra as ”políticas de xénero”, etc.; o acto de Madrid celebrado por Vox, foi un paso máis e sinalaba dun xeito nidio, as posibilidades certas de que todo ise movemento se plasmara en candidaturas e conseguira entrar nas institución.

viernes, 30 de noviembre de 2018

O "SUPERDOMINGO" ELECTORAL.


Eusebio López

Para o 26 de maio estaban anunciadas eleccións municipais, autonómicas nas Comunidades non históricas e europeas... Pero vista a situación, o goberno comeza a lanzar "globosondas" dun "superdomingo". Até nin niso o "españolito" pode ser orixinal; a imitación dos "super martes" das eleccións iankis, aquí invéntanse o "super domingo"
Pero este mimetismo con USA acábase no "super". O que para os norte-americanos é unha rutina electoral que levan a cabo cada catro anos, aquí é resultado dunha crise do réxime dun calibre monumental.