A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

martes, 25 de marzo de 2014

O IMPERIALISMO. REFLEXIÓNS E PERSPECTIVAS


Carlos Dafonte

Hai moitos anos, o 24 de febreiro de 1965, no Seminario Afroasiático celebrado en Alxeria, unha parte da esquerda mundial recibiu un “electrochoc” cando Ernesto Guevara leu o que foi considerado un dos máis célebres discursos por el pronunciado, onde con poucas veladuras acusaba ós considerados países socialistas de practicar un imperialismo encuberto, sobre os países subdesenvolvidos:
“(:::) el desarrollo de los países que empiezan ahora el camino de la liberación, debe costar a los países socialistas(...) No puede existir socialismo si en las conciencias no se opera un cambio que provoque una nueva actitud fraternal frente a la humanidad, tanto de índole individual, en la sociedad en la que se construye o está construyendo el socialismo, como de índole mundial en relación a todos los pueblos que sufren la opresión imperialista..
Creemos que con este espíritu debe afrontarse la responsabilidad de ayudar a los países dependientes y que no debe hablarse más de desarrolllar un comercio de beneficio mútuo basado en los precios que la ley del valor y las relaciones internacionales del intercambio desigual, producto de la ley del valor, oponen a los países atrasados.

lunes, 17 de marzo de 2014

AS CONTRADICIÓNS INTERIMPERIALISTAS E A LOITA DE CLASES

Roberto Laxe

O outro dia, en El Pais, publicaron un artigo que se titulaba, tras a crise de Ucraína, "O mundo sen lideranza". Hoxe, nun telefilme dos Simpson, facían unha caracterización da situación política mundial moi peculiar: un comentarista de TV estaba transmitindo un partido de Beisbol e o bateador lanza a pelota fora do campo, e o tipo din. "e fixo desaparecer a bola, como desaparece o noso papel (dos EE UU) no mundo". É unha esaxeración, mas é como perciben os ianquis a súa decadencia, "desaparecen" do mundo.
Esta claro que non "desaparecen", mas o que é claro é que o papel dos EE UU no mundo esta indo polo sumidoiro. Os países, cada vez mais van pola súa conta como demostra a recente votación na UNASUR ou na OEA contra as mobilizacións reaccionarias en Venezuela, deixando sós aos EE UU e a Panamá; cousa impensable non fai tanto tempo.

sábado, 8 de marzo de 2014

A CRISE AGUZA AS CONTRADICIÓNS INTERCAPITALISTAS E COS POBOS QUE LOITAN POLA SÚA LIBERACIÓN


Carlos Dafonte

Con independencia de que o coñecemento dos elementos fundamentais que xeran unha situación determinada a nivel internacional, nunca os teremos na súa totalidade, podemos afirmar que o aspecto a salientar hoxe é que o grupo imperialista encabezado polos EEUU, estase a “resituar”, cas súas propias contradicións internas, despois dos seus fracasos en Oriente Próximo e Medio, os acontecementos no norte de África, a perda de control, por parte dos EEUU, nalgúns dos países do que sempre considerou o seu “patio traseiro”, América Latina. e o acordo coñecido polo acrónimo de BRICS, formado por Brasil, Rusia, India, China e Suráfrica que o interpretan como un reto e un perigo para a estratexia imperialista por eles desenvolvida.

sábado, 1 de marzo de 2014

A LOMCE E A LOITA DE CLASES


Carlos Dafonte

O estado español é un caso asombroso; desde que morreu o ditador tivemos vixentes cinco leis de educación, outras dúas, elaboradas e aprobadas pola UCD no ano 1980 e polo PP na segunda etapa de Aznar, non entraron en vigor por ser recorrida a primeira diante do Tribunal Constitucional e necesitar fondas modificacións que a vitoria do PSOE deixou en suspenso, e a segunda derrogada polo PSOE cando gañou as eleccións no 2004. Outra máis a LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), se abate como unha ameaza sobre toda a mocidade e sobre a sociedade en xeral..
Fagamos un repaso de toda esta lexislación. En 1970, no tardofranquismo, etapa na que a represión era cotiá e moi violenta, sendo ministro Villar Palasí, apróbase a “Lei Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa”, que entre outros aspectos, aprobaba a ensinanza obrigatoria ata os 14 anos, establecendo a Ensinanza Xeral Básica de oito anos, finalizada esta o alumn@ podía escoller entre o Bacharelato (BUP) de tres anos ou a Formación Profesional (FP); unha vez finalizado o bacharelato, para accede-la Universidade realizábase o Curso de Orientación Universitaria (COU).

martes, 25 de febrero de 2014

SIRIA E O EFECTO BOLBORETA



Roberto Laxe

O ano pasado o “trio lalalá", Obama, Hollande e Cameron anunciaron a bombo prato que tras o masacre perpetrada polo réxime de Al Assad atacarían Siria, si ou si.... cun dobre obxectivo, desmontar a revolución e retomar o control dun aliado firme do expansionismo chinés-ruso. Ao final, a base militar rusa en Siria, os 12 barcos de guerra que Putin enviou a Siria e os sistemas antimísis que forneceu a Al Assad cumpriron o seu papel: dixéronlle a USA/ Franza/ GB que o paso seguinte era a guerra.

viernes, 21 de febrero de 2014

NOVO MODELO PRODUTIVO, DECRECEMENTO E SOCIALISMO.



Roberto Laxe
Mover ficha”, o programa que deu orixe á candidatura de Podemos, abriu varios debates na esquerda, desde o organizativo/lideranza, pola forma na que apresentou-se na sociedade, ao redor dunha figura mediática, até o programático/político pola maior ou menor ambigüidade nas súas alternativas, ou o teórico/de proxecto social coa proposta “por un novo modelo produtivo”, baseado nunha reconvención ecolóxica, a nacionalización e socialización das empresas enerxéticas e a soberanía alimentaria.
Todo o que se diga sobre o organizativo, o político ou o programático non só é importante, é decisivo posto que aí é onde morren as palabras. Que política, que programa e que organización se desenvolve para conseguir o que nos une a todos, a transformación da sociedade, é o que dá forma á loita por un proxecto social; e non nos confundamos, a forma política e organizativa é determinante para alcanzalo, porque é a maneira de expresar eses obxectivos sociais nun momento histórico concreto.

miércoles, 12 de febrero de 2014

O GRANDE ENGANO


Carlos Dafonte

Cada vez máis o PP, o seu goberno e unha importante cantidade de medios de comunicación, comezan a falar de que o estado español atópase no bo camiño para saír da crise. Un ministro que participou naquela, xa por min comentada, rolda de prensa do 26 de abril do ano pasado, Montoro, cando xunto ca vicepresidenta e o de Economía, por unha vez dixeron a verdade e debullaron un negro panorama para a economía e a sociedade nos anos 2014 e 2015, agora, por tratarse dunha consigna de cara as eleccións ó Parlamento Europeo, atrévese a dicir que “España vai ser quen tire da economía da UE e que xa se pon como exemplo en todo o mundo”. Se a frase non é así literalmente, o contido non cambia.
Algún partido da que se autotitula oposición, tamén admite que as cifras macroeconómicas comezan a ser boas; e neste “novo panorama” os datos que aporta a última Enquisa de Poboación Activa (EPA), volven a situa-la cuestión no seu xusto termo; un tertuliano que a analizaba un deste días pasados, dicía, e penso que con razón, que era comparable á dun país en guerra, pola sangría de poboación que ten marchado ó estranxeiro e a caída do número da que é activa en máis dun millón cen mil persoas.