A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

domingo, 16 de julio de 2017

A CRISE DO PCPE

Roberto Laxe
A crise do estalinismo supón a desaparición da política estalinista?
Primeiro unha aclaración metodolóxica; cando no artigo faise referência ao estalinismo, non é para pór unha etiqueta moral que reduza o debate a “bos trotskistas vs malos estalinistas. Esta é a pior maneira de encarar un debate político, posto que ao situar-se no térreo da moral, convértese nunha  arma arreboladiza inquisitorial que automaticamente impide profundar nas raíces políticas dunha posición.
Ademáis, para evitar ter que repetir constantemente as súas características, con “estalinismo” téntase pór un nome a toda unha política e metodoloxía que hexemonizó o movemento obreiro durante moitas décadas. É coma se unha persoa levanta o puño, e constantemente dise, “levantou a man pechada. A “man pechadaé un puño, é unha convención para a economía da linguaxe; doutra maneira os textos serían extensísimos

martes, 4 de julio de 2017

SE ESTÁ A CONVERTE-LO SOCIAL-NEOKEYNESIANISMO NUNHA ALTERNATIVA Ó NEOLIBERALISMO DOMINANTE NA U.E.?

Carlos Dafonte
Toda unha serie de circunstancias que están a acontecer na UE, pode levar a pensar que o que chamamos xenericamente políticas socialdemócratas están a gañar peso nese espazo. Goberno do PS con apoio parlamentar da esquerda en Portugal e deseño doutra política ó marxe da dos recortes; avance importante do laborismo na Grande Bretaña liderado por Corbyn e perda da maioría absoluta dos conservadores o que vai mediatizar en certa medida as súas políticas e a negociación do “brexit”; reacción das bases do Psoe diante das eleccións primarias do partido e derrota do aparello do mesmo, das súas “vacas sagradas” partícipes da creación da actual UE oligárquica e neoliberal a ultranza e celebración do Congreso onde se pode dar un cambio de rumbo; ata a propia moción de censura ó goberno de Rajoy levada a cabo por Unidos Podemos, onde se puido escoitar, aínda que dun xeito moi incompleto, non se falou case nada da UE e o euro, nin de cal debe ser o novo marco laboral, nin de novas formas de xestión da sanidade e o ensino, propostas de política económica máis sociais que a proposta neoliberal do PP baseada nos recortes constantes contra @s traballador@s.
Todos estes elementos poden permitir pensar que nos atopamos no inicio, aínda moi afastado do presente, pero inicio ó fin e o cabo, dun cambio na correlación de forzas na UE que pode levar a poñer fin ás políticas neoliberais de recortes de todo tipo, de suba dos impostos regresivos, o ive por exemplo, a rescatar bancos e caixas e conceder amnistías fiscais para os máis poderosos. Se pode pensar que son xermolos de políticas socialdemócratas reconvertidas en neokeynesianas co grao de deturpación do primeiro dos conceptos.

lunes, 26 de junio de 2017

QUE HAI DETRÁS DAS DOAZÓNS DE MILLONARIOS/AS FILANTRÓPICAS?




 Xulia Mirón
En 1863 Eulate e Moredo exclamaba nun discurso leído na Universidade Central en Madrid, titulado Filantropía, Caridade, Beneficencia, o seguinte:
Filantropía, caridade! E aquí, Ilmo. Sr., dúas verbas de ben diversa significación: a filantropía, moeda falsa da caridade, auxiliar ao que padece, por inspiración natural, independentemente doutro sentimento; socorre ao pobre porque lle repugna, e é necesario afastalo para que non turbe os goces do filántropo”.

sábado, 17 de junio de 2017

TRAS O 1º DE MAIO: A REORGANIZACIÓN SINDICAL NA FASE "ASTEROIDE"




Xulia Mirón e Lorenzo Llinares

Este 1º de maio puxo de manifesto, primeiro, a tremenda dispersión que vive o sindicalismo no Estado Español, e na Galiza no concreto; non só o alternativo, mas tamén sindicatos que tampouco asinaron pactos sociais, como CIG e LAB... ; así como que, goste ou non, CCOO e UXT manteñen influenza en sectores da clase traballadora a pesar de seren parte problema e do réxime.
Esta dispersión manifestouse en que na Galiza houbera 25 manifestacións distintas, en diferentes localidades e cada umha co seu percorrido; obrigando aos traballadores e traballadoras, que en moitas ocasións nas súas loitas de empresa ou sector están xuntos, a ter que escoller baixo que bandeiras queren se manifestar o 1º de maio.

jueves, 8 de junio de 2017

COMO FOI EXECUTADA A COMPRA DO BANCO POPULAR?. UN PROFUNDO CHEIRO A QUEIMADO.

Roberto Laxe
O Santander adquiriu o 100% do capital social do Banco Popular tras unha poxa executada polo Fondo Único de Resolución (FUR) e o FROB. A compra levouse a cabo a través dunha poxa na que o Santander presentou a súa oferta e foi aceptada.
Miúda poxa máis amañada... Seica non houbo ninguén que ofrecese 5 euros polo Banco Popular.
Estes pénsanse que somos estúpidos. Esta operación de fortalecer o núcleo duro do capital castizo, casposo, centralista ata a medula, que é o Banco de Santander (se alguén vai a unha oficina deste banco verá que só teñen un xornal, A Razón), cheira a chamusquina.

sábado, 3 de junio de 2017

AS PRIMARIAS SOCIALISTAS PARTE DA SÚA CRISE E OS INTENTOS POR RECONSTRUÍ-LO PARTIDO


Carlos Dafonte.

Fagamos un recordatorio dalgunhas das cuestión que aconteceron non hai moito tempo. A crise económica mundial como parte da crise sistémica, e no estado español do réxime, un rei tivo que marcharse, destapou as vergoñas do tinglado montado a redor da Constitución de 1978, e creou as condicións para que na conciencia de moit@s habitantes do estado quedaran marcadas a fogo dúas consignas, repetidas por enriba das demais nos “días da acción”, cando nas prazas das cidades, pobos e vilas iniciouse un debate que aínda dura, pero agora xa controlado e edulcolorado polos medios de comunicación hexemónicos, dos que son propietarios as grandes empresas transnacionais; estas consignas eran “Parece democracia e non o é” e “Non nos representan”; as dúas en versións como a que escribo ou parecidas, pero en calquera caso traslucindo unha clara creba do consenso tanto social como institucional o que facía concibir que se estaba a abrir camiño un novo xeito de facer política.

martes, 23 de mayo de 2017

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE O FASCISMO E O NAZISMO



Carlos Dafonte

Ó artigo que escribín analizando as eleccións presidenciais en Francia, fíxoselle un comentario, ó que tentarei dar resposta, agradecendo a quen o formulou, porque entendo que sería moi importante que o blog servira para dialogar, intercambiar opinións, debater sobre temas como o do fascismo e o nazismo que saen moito nos medios de comunicación na actualidade, desde unha perspectiva manipuladora as veces, para trabucar e non tanto para defender á sociedade e sobre todo @s traballador@s que son @s que o sufrirían de necesita-lo capital dun réxime deste tipo para manter a súa hexemonía, e se atopen alerta para ser capaces de combater estas tendencias segundo vaian aparecendo na sociedade.