A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 26 de julio de 2024

O XUÍZ PEINADO E A INQUISICIÓN

Roberto Laxe

Mentres un xuíz conte co aval dos seus superiores para instruír unha causa incumprindo toda a xurisprudencia sobre o tema, estamos a falar de "guerra xudicial", cunha mentalidade da Inquisición, onde unha denuncia dun particular podía levarche ao cadalso.

Que boas faragullas faría este xuíz con Torquemada! Porque unha investigación xudicial "prospectiva" sobre a base de noticias de medios de comunicación non é máis que unha "investigación" inquisitorial. Menos mal que a estes niveis xa non se estila a tortura. Aclaro, a estes niveis, porque a outros a tortura segue moi vixente.

sábado, 20 de julio de 2024

A CRISE DO IMPERIALISMO UNIPOLAR E O AVANCE DE FORZAS DE ULTRADEREITA E FASCISTAS EN EUROPA.

Carlos Dafonte.


Caracterización da situación mundial na primavera- verán 2024

En primeiro lugar temos que facer referencia ao intento da OTAN no seu enfrontamento con Rusia sobre territorio ucraino, de alongar ao máximo o conflito coas repercusións que a todos os niveis ten esta circunstancia. Os otanistas crearon as condicións para o conflito, golpe de estado, guerra civil, posibilidade de que Ucraína entrara na OTAN, para que Rusia iniciara a “operación militar especial” e así crebar os lazos que naceran dos intercambios comerciais entre Rusia e a Unión Europea.

Pois hai un feito de fácil constatación, se as relacións con Rusia cada vez facíanse mellores, máis pacíficas, que razóns podían aducir os USA para manter as tropas de ocupación e as numerosas bases militares que manteñen en Europa?. 

Desaparecido o “enimigo do comunismo”, e coa restauración do capitalismo na Federación Rusa, todo o argumentario político-ideolóxico froito da dinámica de bloques, da “guerra fría”, veuse abaixo, por iso tiveron que reconstruir a idea de “Rusia como enimigo” e Putin como o “grande ditador” e levar á Fedración Rusa a unha situación que considerase que a súa existencia atopábase en perigo, e lográronno coa posibilidade da renuclearización e a inminente entrada de Ucraína na OTAN.

miércoles, 26 de junio de 2024

ALTRI, A INDUSTRIALIZACIÓN DE GALIZA E O NOSO "TECIDO PRODUTIVO".

Roberto Laxe

Existen moitos motivos para rexeitar a instalación de Altri en Palas de Rei, porque fai parte da división do traballo que o longo da historia impúxose ao pobo galego, a produción e exportación de materias primas, desde o vento ate o leite, pasando pola madeira, etc., e a emigración como única saída para a poboación.

Por iso resulta estéril rexeitalo no nome da “defensa do noso tecido produtivo”. Acaso este “tecido produtivo” non é resultado das políticas destes 40 anos (e mais)?

Acaso a non creación dumha Central Leiteira Galega publica, prohibida expresamente polo PP, non favorece a concentración da produción leiteira en orixe (gandeira) en cada vez menos mans?; acaso a inexistencia de políticas industriais non permitiu umha creba na industria naval de Ferrol e Vigo?; acaso non foi a derrogación do plan Eólico do Bipartito polo PP o que permitiu que hoxe os montes esten inzados de muíños de vento, mentres pechaban as fábricas que os producían (Vestas e Siemens Gamesa) e polas que non se convocaron á poboación a tantas accións na rúa como se fai agora?

jueves, 13 de junio de 2024

AS ELECCIÓNS EUROPEAS 2024

Carlos Dafonte.

 Un contexto moi desfavorable para o pobo traballador.

As eleccións para elixir o Parlamento Europeo, déronse nun contexto moi afectado pola geuerra entre Ucraína e Rusia con fortes implicacións na mesma de países que pertencen á UE, e que apoian con diñeiro, material militar e político ao primeiro; cun xenocidio que levan a cabo os sionistas en Palestina e en medio de toda unha serie de sancións de tipo económico a Rusia que volvéronse en contra da Unión Europea que a están a levar a un panorama recesivo. Panorama que so beneficia aos USA e impide que a UE poda ter unha importante relación co grupo de países que configuran os chamados BRICS.

Por outra banda a UE comeza a sentir na súa economía e nos seus servizos, o incremento do 2% do PIB no gasto militar que os USA esíxenos.

Neste panorama, se hai algo a destacar dos resultados da xornada electoral do 9 de xuño, faríao de dúas cuestións, unha non moi boa, a suba e posible consolidadción da dereita máis extrema en numerosos paises da UE, que van ter maiores posibilidades de impor a súa axenda de recortes de dereitos sociais naqueles lugares onde se tiñan acadado, aborto, eutanasia, todo o relacionado cos colectivos LGTBI, os relacionados co mundo do traballo, etc ao tempo que van tentar impulsar políticas de carácter xenófobo e racistas. 

martes, 11 de junio de 2024

HAI 10 ANOS: JUAN CARLOS I, DIMISIÓN OU ABDICACIÓN?.

Eusebio López

Pode parecer unha cuestión formal diferenciar entre ambos os termos, pero en realidade ten un profundo contido político. O rei “abdica” en alguén, este caso no seu fillo, na sucesión do máximo órgano do estado, a xefatura que o converte en xeral en xefe do exército; nela aparentemente non intervén para nada a poboación.

Un primeiro ministro, un presidente da república, “dimite” e ábrese unha crise de goberno importante, que normalmente salda-se cunhas novas eleccións ou, como pouco, cunha nova decisión parlamentaria, onde, segundo os politólogos da burguesía, reside a soberanía popular. Para un marxista, a soberanía popular baixo unha democracia burguesa é unha entelequia que oculta os verdadeiros resortes do poder.

Á marxe deste carácter aparente da democracia burguesa, o certo é que a “abdicación” dun monarca só demostra unha cousa, é a cor do sangue (azul) e non o pobo, quen decide sobre o poder máis importante do réxime.

martes, 4 de junio de 2024

A GUERRA DOS SONÁMBULOS


Roberto Laxe

Nun recente libro sobre a I Guerra Mundial, descríbese dunha maneira moi visual o camiño que Europa deu desde o atentado de de Saraievo, até o estalido da guerra: os dirixentes das diferentes potencias actuaron como "sonámbulos"; dirixíanse a unha guerra sen que eles mesmos fosen moi conscientes do carácter que esa guerra ía adquirir, mundial interimperialistas.

No contraataque limitado de Iran contra Israel participaron activamente, ademais de Israel e Iran, Xordania, EEUU, Francia, Gran Bretaña na defensa do estado sionista; alen diso, están as operacións no mar Vermello que son parte da mesma guerra, onde hai fragatas de tres ou catro paises europeos protexendo aos mercantes. En Siria opera activamente Rusia con bases militares -ten un acordo con Israel de que non as toquen nos seus bombardeos recorrentes sobre territorio sirio-; ademais, está claro, de Libano e Hezbollá. Se sumamos todos os países implicados en operacións militares na guerra en Oriente Próximo dannos 11 estados. Pódese chamar como se queira, pero iso é unha guerra internacional, localizada xeograficamente, si; pero internacional, que é o que neste momento determina todas as decisións de todos os gobernos do mundo, porque ninguén fala do "elefante na habitación", que é China.

viernes, 24 de mayo de 2024

A OTAN TEN PERDIDA A GUERRA EN UCRAÍNA

Carlos Dafonte.

    A provocación a Rusia iniciada no ano 2014 co golpe anticonstitucional levado a cabo en Ucraína pola OTAN, deu resultado e a principios do ano 2022 Rusia iniciou a “operación militar especial” e as tropas entraron en territorio ucraíno.

Despois do golpe de estado, que segundo a señora Victoria Nuland, encargada dos asuntos de Ucraína no Departamento de Estado dos USA, costou 5.000 millóns de dólares e deixou para a lembranza histórica unha frase enigmática en principio en conversa co seu embaixador, “que se foda Europa”, aconteceron toda unha serie de feitos que é necesario coñecer para entender o grao de responsabilidade de cada un no conflito actual.

No 2014 e 2015 asináronse os acordos de Minks entre Rusia e Ucraína, despois das primeiras escaramuzas entre as dúas culturas presentes no país, a causa de que lles eliminaran determinados dereitos á minoría rusófila e responderon coa esixencia de maior autonomía e chegar ata a separación; acordos que foron papel mollado; no segundo coa presenza de Merkel e Macrón e non aceptado polos USA, que a primeira recoñeceu hai pouco, “só tratábase de gañar tempo”; para que? Para armar adecuadamente ao exército ucraíno.