A convicción profunda da actualidade da revolución, fai necesaria a organización política da clase obreira.

G. Lukács
 

viernes, 3 de abril de 2020

E NA UNIÓN EUROPEA, DE QUE DISCUTEN?


Roberto Laxe
O mundo, desde China até a EE UU, pasando pola "vella" Europa está a enfrontarse unha pandemia global, e a reunión do Consello Europeo terminou cos presidentes italiano e español, levantándose da mesa; o presidente portugués dicindo que as palabras do representante holandés son "repugnantes", e pospondo as decisións para outra xuntanza, dentro de 15 días.
15 dias! E mentres a xente segue enfermando en todas as nacións, a UE decide que as decisións do Consello de Europa aprázanse.

sábado, 28 de marzo de 2020

PORQUÉ OS BANCOS HAN DE ESTAR ABERTOS

Roberto Laxe
Non curan a ninguén, non distribúen alimentos, non arranxan a luz ou facilitan auga,... non son un servizo esencial para a supervivencia das persoas. E están todos abertos, facendo negocio. Poderoso cabaleiro é don diñeiro, dixo o poeta; e canta razon tiña.
Na sociedade capitalista se non tes diñeiro, non podes comprar os medicamentos e os recursos para curar, non podes ir ao mercado a por alimentos, non podes ter luz ou auga -se non as pagas, córtana-; é dicir, son o servizo máis esencial de todo o sistema, que descansa sobre el.

martes, 17 de marzo de 2020

POR QUE HAI ESTA SICOSE AO REDOR DA CRISE DO COVID-19?

Ignacio Pérez
Non é unha enfermidade especialmente espectacular, nin sórdida, nin abrumadoramente letal como outras que sufrísemos a humanidade na historia recente, como a SIDA ou o ébola. Por que levamos tantas semanas de bombardeo mediático con ela?
Hai tres fatores que parece que a fan distinta. En primeiro lugar, dáse no medio de rumores dunha nova crise e dun repunte xeneralizado do proceso de rapina capitalista, e concretamente, de precarización da clase traballadora e desmantelamento das coberturas sanitarias públicas baixo a escusa dos recortes, que en teoría foron necesarios para saír da crise de 2007 causada por banqueiros e especuladores financeiros.

sábado, 14 de marzo de 2020

ELECCIÓNS EN GALICIA NUN NOVO PANORAMA POLÍTICO CO QUE SE INTENTA ESTABILIZA-LO RÉXIME (II)

 Carlos Dafonte.

            Na Galicia non se elixe un presidente o día 5 de abril, se elixe un Parlamento que segundo os resultados que acaden as diferentes forzas políticas, e de non terse dado maioría absoluta, poden acontecer alianzas para elixir ó Presidente da Xunta; non hai presidencialismo en Galicia tampouco  no resto do Estado; nembargantes estes presidentes que elixen os parlamentos ou as Cortes, teñen máis capacidade que o de EEUU, que si é un país presidencialista e que non pode, por exemplo a pesares do seu poder, disolve-las Cámaras lexislativas e aquí si o poden facer; o que permite falar dunha anomalía da democracia burguesa pola que nos rexemos, pois a burguesía dende que tomou o poder, hai xa uns anos,  estableceu a separación e a independencia dos poderes, do executivo, do lexislativo e do xudicial; vendo o que acontece no estado español, non hai tal independencia.
          

viernes, 6 de marzo de 2020

A "COROA VIRUS", OS "CISNES NEGROS" E A CRISE ECONÓMICA QUE NON CESA

Roberto Laxe

Porque unha enfermidade cun índice de mortalidade que non pasa do 4%, ten a medio mundo en pánico, provocando caídas das bolsas, redución dunha décima no crecemento do PIB mundial, etc?
É obvio que o medo ao descoñecido é un compoñente moi importante da psique humana. A gripe, que ten un índice de mortalidade superior, é parte da rutina invernal e hai vacina coñecida mentres a coroa virus é unha novidade; non hai vacina coñecida, e aínda que non é moi perigosa, contáxiase como a gripe, rapidamente.
O imaxinario colectivo da sociedade está máis que predisposto para asustarse; está cheo de filmes posapocalipticos, de zombis e thrillers a cada cal máis retorto na capacidade de describir asasinatos. Atoparon que no “coroa vírus” e as fake fixéronse realidade estas premonicións atizadas polos conspiranoicos (cando dano fixo series como Expediente X): o colmo foi a utilización nas redes de fotos dos crimes nazis con miles de cadáveres nas rúas, para vendelas como a situación provocada pola enfermidade en cidades chinesas .

martes, 18 de febrero de 2020

ELECCIÓNS EN GALICIA NUN NOVO PANORAMA POLÍTICO CO QUE SE TENTA ESTABILIZA-LO RÉXIME



Carlos Dafonte.

            Xa estamos metidos nun novo proceso electoral, situación que nunca debe desagradar a un demócrata; votar, expresar unha opinión, ben facéndoo por unha das opcións políticas presentadas, ou en branco, ata nulo é importante; o que nos debe desagradar e habería de poñer remedio, se estivese en mans da maioría social, é que as promesas feitas en períodos pre electorais e campañas, despois non se cumpran sen que nada lles aconteza a quen engana o electorado; tamén que determinados partidos e organizacións saian con vantaxe na “carreira electoral” pola razón de recibir determinados apoios dos medios de comunicación que outras organización non reciben, os propietarios dos mesmos, case sempre o capital, está disposto a axudalos non só a nivel informativo, crear opinión favorable, senón a prestarlle os cartos necesarios para que poidan desenvolver os procesos electorais en condicións máis favorables.
            Se pode loitar contra esta inxusta situación? Moi difícil nunha democracia organizada polo capital, o servizo dos seus intereses e que ten como obxectivo, dentro duns canles que parezan de liberdade, que gañen nos procesos electorais quen lles da a seguridade de que todo vai seguir de acordo a determinadas liñas políticas, económicas e sociais, trazadas de antemán. Que garantan o beneficio, a explotación da forza de traballo e manter controlada a aquela opinión que se podan constituír nunha masa crítica importante para potenciar un cambio.

lunes, 3 de febrero de 2020

Leve subida do salario mínimo: un acordo para estabiliazar ao réxime

Roberto Laxe
O pacto entre goberno, patronal e cúpulas de CCOO e UXT para subir o SMI a 950€ ten un profundo significado político, máis aló que eses 950 estean moi lonxe dos 1.200 que desde hai anos esixe a esquerda (non o PSOE, que falando en propiedade non é esquerda): busca un bálsamo á profunda desigualdade social que a crise está a deixar.
Mirándose no espello de Chile e Francia, o capital español e as súas institucións directas (o goberno) e indirectas (as cúpulas sindicais) tentan retomar o camiño que nos ´70 deulles moi bo resultado, o consenso e o pacto, para desactivar as posibles consecuencias desa desigualdade. Por iso, todos os medios alardean da volta a esa forma de facer política; coma se CCOO e UXT o abandonasen nalgún momento.